A XUNTA DE GALICIA INVISTE MÁIS DE 430.000 EUROS NA CONSTRUCIÓN DE DOUS APARCAMENTOS DISUASORIOS NO CONCELLO DE MOAÑA, SITUADOS EN DOMAIO E BROULLÓN

 Coa construción de dous aparcadoiros disuasorios en Moaña, lográronse 105 prazas de estacionamento, 3 para persoas con mobilidade reducida; en puntos clave para o fomento da intermodalidade entre o vehículo privado e un modo de transporte colectivoclip_image002
 Estas infraestruturas pretenden fomentar o transporte público e as viaxes compartidas nas contornas metropolitanas, co obxectivo de avanzar cara unha mobilidade sustentable, e ir da man dos obxectivos marcados na estratexia de Europa 2020

Moaña (Pontevedra), 12 de febreiro de 2015.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, subliñou na súa visita a Moaña hoxe que o Goberno galego achegou máis de 430.000 euros para dous aparcamentos disuasorios neste Concello, recibindo a instalación de Domaio 150.000 euros e o de Broullón, 280.000. Menéndez, que supervisou hoxe a posta en servizo da instalación de Domaio estivo acompañado pola delegada Territorial de Xunta en Vigo, María José Bravo Bosh; e o alcalde desta localidade pontevedresa, José Fervenza.

O responsable da AXI asegurou que “as dúas infraestruturas que, desde hoxe están en funcionamento, no Concello de Moaña, suporán un importante beneficio para o municipio, mellorando a calidade de vida de máis de 30.000 habitantes, que poderán acceder a estes espazos de xeito gratuíto”.

Nesta infraestrutura, que empeza a funcionar hoxe, investíronse 150.000 euros e cumpríronse os prazos establecidos para o seu remate desde o comezo das obras. O aparcamento sitúase nun resto da estrada PO-551 (Marín-Rande), a 200 metros do enlace do corredor á altura de Rande.

Máis espazos
Neste momento, a Xunta de Galicia xa ten en funcionamento o aparcadoiro disuasorio de Broullón, que se puxo en funcionamento no mes de decembro e que contou cun investimento de 280.000 –parte dos mesmos foi orzamento de Fondos Europeos- e que está situado no enlace do Corredor do Morrazo coa estrada PO-313 (Marín-Moaña), o que permite concentrar condutores destas dúas localidades que se dirixan cara a Vigo.

Así, coa construción de dous aparcadoiros disuasorios en Moaña, en terreos da Xunta de Galicia, lográronse 105 prazas de estacionamento, 3 para persoas con mobilidade reducida; en puntos clave para o fomento da intermodalidade entre o vehículo privado e un modo de transporte colectivo.
APARCADOIRO DISUASORIO TOTAL PRAZAS PRAZAS PARA P.M.R. INVESTIMENTO ORZAMENTO 2015
Broullón 73 2 0,28 M€ 46.732,40 €
Domaio 32 1 0,15 M€ 25.359,73 €
TOTAL 105 3 0,43 M€
72.092,13 €

Os aparcadoiros disuasorios pretenden fomentar o transporte público e as viaxes compartidas nas contornas metropolitanas, co obxectivo de avanzar cara unha mobilidade sustentable, e ir da man dos obxectivos marcados na estratexia de Europa 2020.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: