Concello de Vigo


O Concello promove con 3 días de concertos e audiovisuais a candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade

Caballero presentou este mércores “O Canto das Illas”, un espectáculo musical e audiovisual no Auditorio Mar de Vigo os días 20, 21 e 22 de febreiro, en apoio á candidatura das Cíes como Patrimonio da Humanidade. Con pezas compostas especialmente para o evento, artistas como Iván Ferreiro, Sondeseu e a Coral Casablanca, entre outros, porán a música, mentres que o audiovisual correrá a cargo de Colette Dedyn (que fará arte con area) e do videomapping que será proxectado por todo o auditorio.

 


O alcalde supedita a recuperación económica da cidade á reactivación do comercio local

Representantes de todas as asociacións de comercio da cidade coincidiron esta mañá ao felicitar ao Concello pola campaña de Nadal. Durante a celebración da Mesa do Comercio Local, o alcalde avanzou que, seguindo ese exemplo, o goberno local darálle un novo impulso ao Entroido e á Renconquista para seguir a fomentar a reactivación económica da cidade.

 


Caballero fixo entrega dos 24 premios do Concurso de Pintura Vigolandia 2014

Máis de 2.500 nenos e nenas de Primaria, entre 6 e 12 anos, pertencentes a 23 colexios da cidade participaron no Concurso de Pintura Vigolandia 2014, certame no que este ano se recoñeceu a imaxinación e o talento de 24 pequenos artistas. O alcalde entregou os premios aos galardoados durante un acto no que louvou a capacidade artística de todos os participantes e, en especial, dos premiados.

 


O Concello cooperará coa Fundación Menela nos actos do 9 de marzo, Día Mundial do Autismo

Abel Caballero amosou a súa vontade de cooperar cos actos que a Fundación Menela organizará o próximo día 9 de marzo, con motivo do Día Mundial do Autismo. Logo de manter un encontro cos responsables da entidade, o rexedor cualificou de exemplar e moi estimulante a labor que realizan con as persoas que paceden esta enfermidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: