Ayuntamiento de Vigo

O goberno de Vigo inicia a próxima semana humanizacións en Aragón, Gerona e Gregorio Espino

Abel Caballero avanzou este xoves que o comezo dos traballos de reforma de Aragón (entre Padre Celso e a Travesía de Vigo) e das primeiras fases das rúas Gerona e Gregorio Espino terá lugar a próxima semana. O alcalde informou ademais da próxima instalación de máis elementos en parques infantís e biosaudables.

 

A FEMP eloxia o “bo facer e a boa xestión” do Concello de Vigo en materia de transparencia

O Índice de Transparencia 2014, elaborado pola organización Transparencia Internacional, situou ao Concello de Vigo como a cidade máis transparente de Galicia, con 95 puntos sobre 100. A Federación Española de Municipios e Provincias, segundo revelou hoxe xoves o alcalde, remitiu un escrito de felicitación no que agradece o “exemplo” vigués e o invita a sumarse á Rede de Entidades Locais pola Transparencia y Participación Cidadá.

 


Caballero compromete apoio municipal para ampliar o espazo de Aspanaex en Vigo

Tras unha reunión celebrada este xoves cos responsables de Aspanaex, o alcalde asegurou a colaboración do Concello no proxecto da entidade, que precisa con urxencia un novo piso co dobre de tamaño do actual para atender ás necesidades dos seus usuarios. Caballero recordou que o PXOM reserva ademais unha parcela en Castrelos para habilitar unha residencia permanente para Aspanaex.

 


Un representante dos afectados pola Hepatite C intervirá no Pleno municipal de febreiro

Caballero avanzou hoxe xoves que un voceiro dos enfermos de Hepatite C que precisan tratamento urxente terá voz no próximo Pleno de finais deste mes. Logo de manter un encontro con afectados, o rexedor reiterou todo o apoio do Concello á “súa xusta causa, que a causa da vida”.

 


A Casa das Artes acolle a mostra A máquina de escribir.Colección Sirvent ata o 5 de abril

Abel Caballero destacou hoxe a importancia das máquinas de escribir como tetemuñas da evolución da industria e o traballo. Así o indicou durante a inauguración da mostra A máquina de escribir. Colección Sirvent que se poderá visitar na Cada das Artes ata o próximo 5 de abril.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Xunta de Goberno Local

 


Inauguración exposición “Coiro… aínda que non o pareza” na EMAO Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo inaugura a exposición “Coiro… aínda que non o pareza” xoves día 12 de febreiro ás 19 horas no Espazo EMAO, sala de exposicións da Escola (rúa Pontevedra/Rosalía de Castro).A idea central da exposición relaciónase coa técnica da Cor e o Volume, tanto dende a perspectiva decorativa como construtiva.O fío conductor desta mostra é amosar a inorme capacidade do coiro como soporte material ideal para unha grande variedade de técnicas pictóricas.

 


Comeza o “ENTROIDO 2015”

O venres día 13 comeza a programación do ENTROIDO 2015 na Porta do Sol coa “Entronización do MECO” ás 20:00 h, o pregón a cargo de MARIO VAQUERIZO, ás 20:15 h, para finalmente dar paso á actuación do grupo NANCYS RUBIAS.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: