Chegan as primeiras inscricións para o II Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’

Canción autor cartel 2 copiaComprácenos anunciarvos que comezan a chegar as primeiras inscricións para o II Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. O prazo está aberto ata o vindeiro día 29 de marzo e admítense todos os estilos musiciais.A organización do Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’ informa da recepción dos primeiros temas a concurso. O director artístico do proxecto, Xoán Curiel, valora positivamente esta «acollida inmediata», pois hai só dúas semanas que iniciou un prazo de inscrición que continuará aberto ata o vindeiro 29 de marzo.

Poderanse inscribir nesta segunda edición do certame todas as persoas que o desexen, incluso as que participaron o ano pasado. Os únicos requisitos son que non teñan ningún material sonoro editado e que as cancións que presenten a concurso sexan inéditas e en galego.

Un EP —xunto co deseño do mesmo—, concertos e promoción destes, así como un ano de cota de socio/a de Músicos ao Vivo son algún dos premios que poderá recibir a persoa gañadora desta segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. Tamén haberá novidades nos accésits da gala final, entre outras.

O Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’ está organizado polo municipio teense e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Gadisa.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: