A XUNTA DESTINOU 37.500 EUROS AO CONCELLO DE BAIONA PARA A MELLORA E CONSERVACIÓN DA CUBERTA DO MERCADO DE SABARÍS

_MG_6600 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, percorreu esta mañá as instalacións acompañada polo alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, para comprobar o resultado dos traballos feitos.
 A axuda outorgada a Baiona forma parte do programa de axudas para apoiar aos concellos galegos na potenciación dos mercados de abastos e impulsar a competitividade do comercio de proximidade.
 A Consellería de Economía e Industria mantén aberta ata o 23 de febreiro a nova convocatoria de axudas para este ano, dotada con case 3 millóns de euros.
 Nos primeiros 40 días do ano, a Consellería xa activou distintos programas de apoio ao sector comercial cun orzamento de 7,6 millóns de euros.

Baiona, 18 de febreiro de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá un percorrido pola praza de abastos de Sabarís, en Baiona, para coñecer as instalacións e comprobar o resultado da reforma e mellora feita polo goberno local grazas á axuda que recibiu da Consellería de Economía e Industria. Na visita, a delegada estivo acompañada polo alcalde da localidade, Jesús Vázquez Almuiña, e varios membros da Corporación municipal.

Ao abeiro do programa de axudas aos concellos galegos para a mellora competitiva do comercio de proximidade convocadas pola Consellería, o Concello de Baiona foi un dos beneficiarios deste tipo de subvencións recibindo así un total de 37.500 euros para a mellora e conservación da cuberta do mercado de Sabarís.

Segundo explicou a delegada da Xunta, a praza de abastos de Sabarís “localízase nun centro neurálxico da parroquia formando parte do espazo público máis significativo e representativo do barrio e que por mor dos temporais ocorridos no inverno pasado viuse danada nalgunha das súas partes”. Por isto, as obras de mellora da praza consistiron en:

– reparación das correas de madeira e rastreles;
– mellora do sistema construtivo, incluíndo panel sandwich de 30 mm de espesor, mellorando a estanquidade e impermeabilización da cuberta ademais de mellorar as condicións de illamento térmico do local;
– reparación das filtracións e problemas de humidade na cuberta anexa (zona de postos/tendas), así como limpeza de canalóns e baixantes de pluviais;
– pintado dos tramos da fachada deteriorados

O custo da obra ascendeu a un total de 50.000 euros, do cal o 75% -o máximo subvencionable- corre a cargo da Xunta de Galicia e o 25% restante ao goberno local.

A representante da Administración autonómica en Vigo e a súa área recordou que o Concello de Baiona xa recibira en anteriores convocatorias o respaldo da Consellería de Economía e Industria para potenciar e impulsar a competitividade do mercado de proximidade con importantes apoios destinados á mellora e potenciación da praza de abastos de Baiona, motor comercial e económico da vila, onde se investiron máis de 720.000 euros nas melloras realizadas no propio mercado e tamén na súa contorna.

Bravo Bosch sinalou que este tipo de axudas son unha importante iniciativa posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria coa finalidade de impulsar a potenciación dos mercados e prazas de abastos, sempre co obxectivo de promover a súa excelencia e posicionalos como líderes na venda de produto fresco e perecedoiro.

Nova convocatoria
Por último, lembrou que a Consellería de Economía e Industria mantén aberta a día de hoxe a nova convocatoria de axudas para este ano, dotada con preto de 3 millóns de euros e cofinanciada con Fondos Feder, co obxecto de acadar a mellora competitiva do comercio de proximidade ao tempo que se acada a revitalización da actividade comercial das vilas e cidades galegas.

O prazo para que os concellos interesados se acollan a esta orde de axudas e poidan presentar os seus proxectos remata o vindeiro día 23 de febreiro.

Este programa de axudas aos concellos galegos enmárcase na estratexia específica da Xunta de Galicia de impulso ao comercio como elemento vertebrador das vilas e cidades galegas e sector de relevancia para a reactivación económica.

Neste sentido, a Consellería de Economía e Industria leva xa activados nos primeiros 40 días do ano programas de apoio ao sector comercial por 7,6 millóns de euros. Ademais do programa de apoio aos concellos galegos para o impulso dos mercados, puxéronse xa en marcha o programa de renovación do tecido comercial, dotado con 2,6 millóns de euros, así como a convocatoria de axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, cun orzamento de 2,2 millóns.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: