A XUNTA ANIMA AOS CIDADÁNS A COÑECER O PATRIMONIO NATURAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS A TRAVÉS DE ACTIVIDADES COMO O ESPAZO “AS ARTES NO PARQUE NACIONAL”

 A directora xeral de Conservación da Natureza destacou que esta mostra une “arte e patrimonio natural, conceptos que van da man, pero que non son tan doados de mostrar a través dunha representación tan prolífica como esta”

Santiago, 19 de febreiro de 2015.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, presentou as obras e fixo entrega dos diplomas a todos os participantes no Encontro de Pintores “Lenzos da Natureza” , dentro do espazo As artes no Parque Nacional, situado no Centro Cambón de Interpretación do Parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Tellado destacou que esta mostra une “arte e patrimonio natural, conceptos que van da man, pero que non son tan doados de mostrar a través dunha representación tan prolífica como esta”.

Verónica Tellado agradeceu aos 35 pintores e aos participantes no Concurso de Fotografía Dixital “Unha ollada ás túas Illas” e salientou a enorme participación con 135 persoas implicadas neste proceso creativo, nas modalidades de fauna, flora, paisaxe, etnografía e patrimonio e medio mariño e no Concurso de Relatos celebrado para conmemorar o “Día Mundial dos Animais”, no que houbo 34 relatos curtos e microrrelatos.

Durante o acto levouse a cabo a lectura dos relatos premiados en cada categoría, por parte dos gañadores.

A responsable de Conservación da Natureza na Consellería de Medio Ambiente resaltou “a importancia de desenvolver actividades que favorecen o coñecemento e a divulgación do patrimonio natural e da importancia da súa conservación, animando aos cidadáns a participar nas próximas convocatorias”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: