Archivo | febrero 20, 2015

A FAVEC DÁLLE 48 HORAS AO ALCALDE PARA QUE POR ESCRITO SE COMPROMETA Á INTERVENCIÓN DA FEDERACIÓN NO PLENO DO MES DE MARZO

FAVEC-A xunta de voceiros decidiu saltarse o acordo, que establecía as intervencións
do pleno por orde de rexistro, para permitir intervir os afectados pola Hepatite C.

– “Por orde de rexistro tocaríalle á Federación intervir pero somos conscientes
de que é un tema sanitario e urxente, e por iso aceptamos, pero queremos
garantías de que en marzo se nos dará voz a nós”, esixe a presidenta María
Pérez.

– “Imos remitir un escrito a todos os grupos da Corporación Municipal para que
se comprometan a dar voz á federación no mes de marzo. Este Goberno
municipal ten moitas posibilidades de ter que arrepentirse de feitos doentes
contra a veciñanza, proba diso e da falta de diálogo e consensos son os
acontecementos de onte pola noite no traslado do barco Bernardo Alfageme”.
Vigo, 19 de febreiro de 2015. – A Federación Veciñal Eduardo Chao (FAVEC) esixe
ao alcalde un escrito no que se comprometa a que será o próximo colectivo en intervir
no vindeiro pleno correspondente ao mes de marzo.

“Hoxe reuniuse a xunta de voceiros. O PP preguntou por que non se deixaba intervir á
Federación Veciñal e a resposta foi que o colectivo de afectados pola Hepatite C era
unha prioridade. Compartímolo, pero o noso colectivo non pode seguir en silencio.
Queremos garantías, por escrito, de que a Federación será o próximo colectivo que
interveña no mes de marzo. Lévannos silenciando moito tempo e esta situación é
insostible. Existe un acordo entre os grupos municipais de deixar intervir por orde de
rexistro aos colectivos, entendemos que isto é un caso excepcional. Imos pedir as
firmas dos tres grupos políticos para que se comprometan por escrito a darnos voz no
próximo pleno de marzo”.

“A Federación Veciñal non quere máis enganos e que se volva dicir que o noso non é
unha prioridade. Se estivesen preocupados pola FAVEC permitirían as dúas
intervencións, pero non lles interesa que os veciños falen. Á marxe da miña cuestión
persoal, son a presidenta dunha entidade que necesita do diálogo con todas as
administracións. O Concello non só se asañou persoalmente cos membros desta
federación senón que está a intentar exterminar o movemento veciñal. Que non se
esqueza o alcalde que somos a representación de numerosas entidades veciñais, que
traballamos por e para os veciños e que nos debe escoitar e respectar”.

A FAVEC considera que xa non se pode atrasar máis a súa intervención e pide aos
tres grupos que apoien, baixo firma, a súa intervención no pleno de marzo.
“Estamos a recibir moitos apoios de persoas que nalgún momento participaron no
movemento veciñal. Se non queren deixarnos falar mobilizarémonos, unirémonos, e
terannos que escoitar polas malas, xa que polas formas regulamentarias parece que
non entenden”.

BERNARDO ALFAGEME

“Este Goberno municipal ten moitas posibilidades de ter que arrepentirse de feitos
doentes contra a veciñanza, proba diso e da falta de diálogo e consensos son os
acontecementos de onte pola noite no traslado do barco Bernardo Alfageme”.

BRAVO BOSCH ENTREGA OS DIPLOMAS DE 100 ALUMNOS E ALUMNAS DE 7 CURSOS FORMATIVOS DO II PLAN GALEGO DE INCLUSIÓN SOCIAL

 A delegada territorial da Xunta en Vigo presidiu esta tarde o acto de clausura dos cursos formativos impartidos no ano 2014 polo Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares.
 Repoboación forestal, peón forestal, axudante de cociña, camareiro de restaurante, bioconstrución, agricultor ecolóxico e aplicacións informáticas foron as especialidades nas que se formaron os alumnos e alumnas.
 Realizaron un total de 1.650 horas teóricas e 150 prácticas onde recibiron unha formación orientada a mellorar a súa cualificación socioprofesional.
 Os cursos, cunha subvención de 96.000 euros, foron concedidos ao abeiro do II Plan Galego de Inclusión Social da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 19 de febreiro de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presidiu esta tarde no Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares a entrega dos diplomas dos 7 cursos formativos impartidos polos responsables do colectivo vigués nos últimos meses do pasado ano ao abeiro do II Plan Galego de Inclusión Social que leva a cabo a Consellería de Traballo e Benestar.

Bravo Bosch recoñeceu o traballo e a participación activa nestes programas do centro Cultural de Valadares que, coma dixo, contribúen a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social. De feito, algúns deles non puideron asistir hoxe a recoller o seu certificado por atoparse xa no mercado laboral.

Remataron os cursos un total de 100 alumnos e alumnas en 7 especialidades formativas. Concretamente, en repoboación forestal, peón forestal, axudante de cociña, camareiro de restaurante, bioconstrución, agricultor ecolóxico e aplicación informáticas foron as especialidades nas que estes mozos e mozas se formaron o ano pasado.

Durante un total de 1.650 horas teóricas e 150 prácticas recibiron unha formación orientada a mellorar a súa cualificación socioprofesional ademais de servirlles para adquirir e desenvolver habilidades sociais e hábitos prelaborais que lles facilitan o exercicio dunha profesión.

A delegada resaltou así a aposta do Goberno galego polas políticas de inclusión social e por programas deste tipo, que son posibles a través das subvencións destinadas a entidades de iniciativa social co fin de que realicen actividades que contribúan ao fomento da inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en risco de exclusión social. De feito, o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares recibiu un total de 96.000 euros para a realización destes 7 cursos formativos.

A Xunta de Galicia, a través das subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social, destinou no ano 2014 a cantidade de 3,7 millóns de euros a entidades de iniciativa social que traballan a favor dos colectivos máis desfavorecidos, o que supón un incremento do 14 por cento con respecto ao exercicio anterior.

Na provincia de Pontevedra foron 38 as entidades de inclusión social que se beneficiaron destas axudas no 2014, un 18% máis que no ano anterior. En concreto, 19 entidades deste tipo que recibiron subvención ao igual que o Centro Cultural de Valadares, teñen a súa sede no Concello de Vigo.

UNHA XORNADA TÉCNICA SOBRE XANTAR NA CASA REÚNE MAÑÁ EN SANTIAGO A MÁIS DE 70 PROFESIONAIS DOS SERVIZOS SOCIAIS

 Incluirá a presentación da ferramenta “Xantar en rede”, que permite acceso en tempo real a incidencias nos domicilios
 Unha mesa redonda plantexará a visión deste programa dende o punto de vista dos servizos sociais municipais, dos domicilios e dos profesionais da saúde

Santiago, 19 de febreiro de 2015.- O programa de comida a domicilio Xantar na Casa centra mañá unha xornada técnica na que participarán máis de 70 profesionais dos servizos sociais, tanto municipais como autonómicos.

A xornada, que se celebrará no Hotel Eurostars San Lázaro, foi organizada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e está dirixida a técnicos de servizos sociais dos concellos nos que se presta este servizo, doutros concellos que están interesados no mesmo e profesionais dese sector no ámbito autonómico.

O encontro arrancará ás 9,45 horas cunha mesa redonda na que se exporá a visión deste programa dende os servizos sociais municipais, coa participación dunha traballadora social do Concello de Arzúa, Noela Nebril; dende os domicilios, a través dun familiar dun usuario e de dúas traballadoras do reparto nos fogares, e dende a saúde, coa presencia do médico especialista en medicina interna da Unidade de Pluripatoloxía de Idade Avanzada (UPIA) da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela Fernando Ferrón Vidán.

Ferramenta “Xantar en rede”
Unha segunda mesa redonda que comezará ás 12,00 horas servirá para dar a coñecer unha nova plataforma de comunicación e seguemento do programa Xantar na Casa que permite obter información en tempo real dos usuarios e do programa.

A instalación dun punto de control no domicilio do usuario e un terminal que utiliza o repartidor permiten saber se durante o servizo este atopa algunha incidencia, que sería transmitida inmediatamente para ser valorada e, no seu caso, atendida. As incidencias están tipificadas en categorías como vivenda, saúde, entregas, alimentación, etc.

Deste xeito, tanto os técnicos do programa Xantar na Casa como os traballadores sociais do respectivo concello teñen acceso en tempo real a informacións como as entregas realizadas no concello, entregas non realizadas por incidencias, ou incidencias de saúde, vivenda ou entorno, entre outras.

A implantación desta nova ferramenta comezou coa instalación de puntos de control nos domicilios dos usuarios de cinco concellos: Arzúa, Ferrol, Begonte, O Carballiño e Vilagarcía de Arousa.

O peche da xornada técnica correrá a cargo dunha profesora titular da Universidade Complutense de Madrid, Pilar Munuera, quen a partir das 13,30 horas falará sobre “A mediación no fogar das persoas usuarias”.

O Teatro Afundación de Vigo presenta a vindeira semana a comedia O crédito

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta en Vigo a obra O crédito, que forma parte da tempada de abono de teatro da entidade. O Teatro Afundación de Vigo, Policarpo Sanz, 13, acollerá as representacións os vindeiros xoves 26 de febreiro e venres 27 de febreiro, ás 20.30 h. As entradas están dispoñibles na web de Servinova, www.servinova.com, e na billeteira telefónica, 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono para todas aquelas persoas que o adquiriron, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozas e mozos que supoñen unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

 

O CONSELLO DA XUNTA APROBA A POSTA EN MARCHA DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO

 Nas vindeiras semanas o Goberno galego asinará este documento cos rexedores municipais de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaiorclip_image002
 Os veciños da comarca, incluídos os de Vigo, beneficiaranse de descontos de ata o 50% nos seus desprazamentos interurbanos, con aforros de arredor dos 600 euros anuais
 A Xunta de Galicia achegará máis do 80% do importe total necesario, un total de 9,2 millóns de euros, e os concellos da área o 20% restante, 1,86 millóns
 O departamento galego tamén asume o 100% dos transbordos, a bonificación por recorrencia e os descontos para as familias numerosas

Santiago, 19 de febreiro de 2015.- O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o convenio de colaboración que permitirá a posta en marcha do Plan de transporte metropolitano da área de Vigo, que incorpora inicialmente doce concellos da área. Con este novo paso, o Goberno galego e os rexedores municipais dos concellos de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior poderán asinar nas vindeiras semanas este documento no que se recollen as obrigas e deberes de cada administración.

Unha das peculiaridades do plan de transporte metropolitano da área de Vigo é a inclusión dos distintos modos de transporte da área como o bus e o barco, fomentando a intermodalidade.

A Xunta de Galicia fixo un importante esforzo nos orzamentos de 2015, que incrementan a partida para os plans de transporte metropolitano nun 42,5% e só na área de Vigo achegaranse 9,2 millóns de euros no período 2015-2019 e os concellos, 1,86 millóns, o que supón un investimento total de máis de 11 millóns de euros no transporte público de Vigo.

A posta en marcha desta modalidade de transporte público supón importantes aforros económicos para os usuarios, duns 600 euros ao ano. Ao igual que nas áreas en que xa está en marcha esta iniciativa (A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo), a Xunta contribúe co 80% da bonificación no traxecto principal e os concellos co 20% restante. Ademais, a Administración galega contribúe coa bonificación dun 100% dos transbordos e cos descontos adicionais aos usuarios habituais, é dicir, por recorrencia, e ás familias numerosas, con descontos de entre un 20% a un 50% .

Grazas a esta iniciativa todos os veciños da área metropolitana, incluídos os da cidade de Vigo, verán mellorada a súa mobilidade, ao ter subvencionadas as tarifas de transporte metropolitano con descontos de ata o 50% nos seus desprazamentos e con aforros de arredor dos 600 euros anuais.

A modo de exemplo, un veciño de Baiona que vaia a Vigo pasará de pagar 2,31€ a pagar 1,30€ coa tarxeta metropolitana. Se acumula máis de 40 viaxes no mes, benefíciase dun desconto adicional do 15% por recorrencia, co que aforraría uns 500 euros ao ano. Se é membro de familia numerosa especial, o aforro sería de case 800 euros ao ano.

Grazas ao sistema de billete único, por exemplo, un veciño de Moaña que regrese á súa casa desde Vigo, pagará o billete bonificado do barco e, unha vez na súa localidade, poderá coller sen custo adicional o autobús ata o seu domicilio. Tarefas inmediatas
Os pasos seguintes que se deberán dar para a implantación efectiva do plan son as probas piloto para garantir o correcto funcionamento da tarxeta TMG, polo que se abrirá un período de varias semanas en que se desenvolverán as probas piloto, co fin de comprobar o correcto funcionamento das máquinas canceladoras e do do sistema de facturación. Será un período para analizar posibles anomalías e corrixiranse, co fin de garantir un funcionamento pleno e sen erros no momento en que entre en vigor o plan.

Para que as tarxetas poidan operar nos servizos desta área, de acordo coas condicións que se recollen no convenio, é preciso realizar unha adaptación tecnolóxica das maquinas canceladoras-expendedoras instaladas nos autobuses, interurbanos e nos barcos.

Trátase dun proceso tecnoloxicamente avanzado no que interveñen diversas entidades:

– A Dirección Xeral de Mobilidade, xerando os mestres que deben cargarse nas máquinas canceladoras, garantindo así a correcta avaliación do custo da viaxe ás persoas usuarias.

– A entidade bancaria, que achega os módulos SAM que garanten a inviolabilidade das operacións de pagamento, así como as tarxetas que se empregarán nas probas piloto.

– As empresas operadoras de transporte, que colaboran na remisión da información, na coordinación do proceso de adaptación das máquinas canceladoras e no desenvolvemento das probas piloto.

– As empresas que desenvolven a tecnoloxía para as canceladoras, que están a realizar a adaptación das devanditas máquinas homologadas para que poidan operar na área de Vigo coas tarxetas incorporadas ao sistema.

 

O DIRECTOR DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA CONSIDERA A REFORMA FISCAL UN INSTRUMENTO PARA IMPULSAR O CRECEMENTO E REFORZAR A COMPETIVIDADE

• Ulpiano Villanueva explicou que é unha medida “xusta e equitativa” que beneficia sobre todo ás rendas máis baixasulpiano_villanueva_005
• Tamén recordou que a reforma contempla “unha rebaixa substancial de tributación”, e que Galicia anticipouse en 2014 cunha rebaixa do IRPF
• O director da ATRIGA participou hoxe nunhas xornadas organizadas polo Colexio de Economistas na Coruña

A Coruña, 19 de febreiro de 2015.- O director da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), Ulpiano Villanueva, explicou hoxe que a reforma fiscal aprobada polo Goberno é un instrumento para impulsar o crecemento económico e reforzar a competitividade das empresas. Así o sinalou hoxe na inauguración das ‘III Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade’ do Colexio de Economistas da Coruña.

Na súa intervención, Ulpiano Villanueva indicou que a reforma fiscal non só supón unha rebaixa de impostos, senón que servirá para intensificar “o desenvolvemento social e económico do noso país”, e sinalou que permitirá pór máis cartos en mans dos cidadáns. Tamén fomentará que as empresas poidan levar a cabo investimentos, medrar e, polo tanto, crear emprego, “que é o maior reto que temos entre mans”.

O director da ATRIGA sinalou que se trata dunha reforma “xusta e equitativa”, que beneficia especialmente ás rendas medianas e baixas e que permite o mantemento dos niveis de recadación e, polo tanto, garante a prestación dos servizos básicos. E subliñou que a reforma trata de atacar a fraude fiscal, logo de lemrbar que a ATRIGA fixo aflorar 150 millóns de euros de importes non declarados no seu primeiro ano de funcionamento, en 2013.

Ao falar do Imposto de Sociedades e do IRPF, Villanueva sinalou que coa reforma prodúcese “unha rebaixa substancial da tributación”, que pode chegar a unha media do 12,5% para este ano e para o que vén. A porcentaxe pode chegar ata o 31% para contribuíntes con rendas inferiores a 18.000 euros. Ademais, desde o pasado mes de xaneiro, uns 20 millóns de contribuíntes xa se benefician dunha rebaixa nas retencións.

Neste senso, afirmou que en Galicia “anticipámonos en 2014”, rebaixando en medio punto a tributación para bases liquidables inferiores a 17.707,20 euros e incrementando para 2015 ata 1.200 e 2.400 euros as deducións por nacemento de fillos, e ata 600 euros as deducións por coidado de fillos por aluguer de vivenda cando o contribuínte teña dos ou máis fillos.

Por último, defendeu a autonomía fiscal das autonomías evitando ao mesmo tempo as distorsións no mercado interior. Para iso, avogou por harmonizar as figuras tributarias para que a lexítima competencia fiscal entre autonomías “non provoque inseguridade xurídica”.

Concello do Porriño

EL GRUPO DE TEATRO FONTEVELLA SE SUBE AL ESCENARIO PARA CELEBRAR SU 20 ANIVERSARIO

Mañana a las 19:30 horas volverán a pisar las tablas del Centro Cultural Municipal para estrenar  una obra especialmente creada para la ocasión  “20 aniversario”,  escrita y dirigida por Chelo Pampillón y con Atrezo Teatro a cargo de la escenografía.

LOS ALUMNOS DE ACEESCA PARTIPARON ESTA MAÑANA EN UN TALLER DE COCINA SIN GLUTENCocinaSinGluten2

Los alumnos de la especialidad de Limpieza de Inmuebles y Empleo Doméstico del Obradoiro de Empleo “Porremprego II” fueron los encargados de desarrollar esta actividad, contando con el asesoramiento de Mercedes Rodríguez, de la Asociación de Celíacos de Galicia, y con la colaboración de los alumnos de la especialidad de Animación Sociocultural

El próximo miércoles 25 de febrero, a las 12:00 horas, las instalaciones de cocina del Obradoiro de Empleo “Porremprego II” acogerán una ponencia sobre la Enfermedad celíaca y Cómo vivir sin gluten, a cargo de María Teresa García y Mercedes Rodríguez, de la Asociación de Celíacos de Galicia.

 

 

Descubrimientos PHE crece

Convocatoria abierta hasta el 6 de marzounnamed

DESCUBRIMIENTOS PHOTOESPAÑA CRECE: MÁS FOTÓGRAFOS, MÁS VISIONADORES Y UN COMPLETO PROGRAMA DE ACTIVIDADES EN LA ESCUELA PIC.A

Descubrimientos PHE, el programa de visionado de porfolios de PHotoEspaña, cumple 18 años

Para celebrarlo, Descubrimientos crece, ampliando su convocatoria y aumentando la nómina de expertos participantes, y se reinventa, añadiendo al visionado de porfolios un completo programa de actividades, encuentros profesionales y talleres

La Semana Descubrimientos PHE se desarrollará con el apoyo del Ayuntamiento de Alcobendas del 1 al 5 de junio de 2015 en la nueva sede de PIC.A, Escuela Internacional Alcobendas PHotoEspaña

Toda la información sobre la Semana Descubrimientos PHE aquí

www.phe.es