Sábado 21 – INAUGURACIÓN VECIÑAL da COLOCACIÓN do BARCO

inauguracionrotondaA ASEMBLEA ABERTA de COIA convoca o SÁBADO 21 de febreiro un ACTO de INAUGURACIÓN VECIÑAL da COLOCACIÓN do BARCO na ROTONDA ás 11:30 na propia ROTONDA.

Ao rematarmos faremos unha ROLDA DE PRENSA ofrecendo a nosa versión sobre o acontecido nestas últimas semanas de resistencia veciñal. Será ás 12:00 tamén na ROTONDA.

Finalmente, o Alcalde de Vigo chantou o “Bernardo Alfageme” na rotonda de Coia.

E o barco non viu só, viu acompañado por máis dun centenar de axentes de policía, local e nacional, exercendo a forza contra a veciñanza que estamos a loitar contra o despilfarro e a miseria das políticas sociais deste Concello. Esta é a maneira que ten o noso alcalde de escoitar e responder ás demandas da cidadanía, que reclama o seu dereito a vivir con dignidade: exercer a represión, dunha maneira autoritaria e violenta.

Dende a Asemblea Aberta de Coia, levamos máis de dous meses dicindo que o barco é só un símbolo, un símbolo do cansazo da xente, que ve como, mentres se lle denegan as axudas para pagar a luz, a comida, ou o alugueiro, se tiran milleiros de euros nunha obra absurda. A xente dixo basta. Basta de miseria, de fame, de precariedade, de despilfarro e malversación.

A imaxe do Alfageme na rotonda, é a imaxe dunha loita común, dende abaixo, que foi quen de reavivar dinámicas de denuncia e resistencia comunitaria e que recuperou tecido social do barrio, e da cidade, nun fronte unido.

Por iso, dende a Asemblea Aberta de Coia convidamos a participar na INAUGURACIÓN VECIÑAL da COLOCACIÓN do BARCO. Será o SÁBADO 21 DE FEBREIRO ás 11:30 na ROTONDA de COIA. Nela substituiremos a común botella de champaña para botar contra o barco, por outras coas que nos mofaremos da actitude totalitaria, machista e fascista deste Alcalde.

Con este acto queremos celebrar a colocación do barco, non como os actos de propaganda que gostan os políticos, senón como símbolo da loita veciñal dos dereitos sociais. Unha resistencia pacífica e desobediente coa que vimos denunciando unhas políticas sociais feitas de costas ás necesidades das persoas. Os orzamentos insuficientes, a falla de persoal no departamento de Benestar Social, o colapso, o peche de programas básicos como Sereos, as demoras en axudas sociais básicas… son a realidade que sufrimos unha maioría de persoas cada día máis empobrecida. Porén na loita da rotonda estamos a tecer redes, a fortalecer dinámicas de apoio e de coidado, a cubrir por nós mesmas necesidades básicas; en definitiva a crear comunidade que desde abaixo defende o dereito a unha vida digna para todas.


Logo de rematar o acto, ás
12.00 h. faremos unha ROLDA DE PRENSA, na que responderemos ás declaracións do Alcalde, que volve a descualificar, con infundadas acusacións de violencia, e menosprezar aos centos de veciñas que a noite do mércores amosaron valentía e compromiso na loita polos dereitos de todas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: