Concello de Vigo

A Corporación aproba unha amortización de crédito de 10,7 millóns que permitirá máis investimento social

O goberno local sacou adiante esta mañá unha amortización de débeda de 10,7 millóns de euros financiada con remantentes de tesourería. Esta decisión, que contou co apoio do PP, permitirá aforrar costes financeiros e “adicar máis fondos aos vigueses e aos seus problemas”, explicou a tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva.
A plataforma de afectados pola Hepatite C piden compromiso orzamentario por parte da Xunta

A plataforma galega de afectados pola Hepatite C reclamou un “compromiso orzamentario” por parte da Xunta para dotar de contido o plan estratéxico que ven de anunciar o Goberno central. Así o manifestaron as súas voceiras, Xulia Alonso e Julia Llopis nunha intervención no Pleno de Vigo.
O Pleno aproba unha modificación de crédito de 3,4 millóns para as obras de Balaídos

Todos os grupos apoiaron esta mañá unha modificación orzamentaria de 3,4 millóns para continuar coas obras de remodelación de Balaídos. A tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva, defendeu esta rehabilitación moi necesaria “nun dos buques insignia da cidade”.
O Concello insta á Xunta de Galicia a mellorar e acometer novas infraestruturas viarias en Vigo

O Pleno da Corporación celebrado este luns deu luz verde a dúas mocións impulsadas polo grupo socialista instando ao goberno autonómico a arranxar as estradas da súa competencia e a executar un plan de infraestruturas en Vigo comprometido hai seis anos.
O Pleno aproba por unanimidade reclamar á Xunta a creación dos consellos de saúde

Os grupos da Corporación deron luz verde a unha moción nacionalista que insta á Xunta a constituír os concellos de saúde para cumprir coa participación social e territorial da cidadanía. O texto do BNG lembra que as partidas adicadas á sanidade pública diminuiron nun 12% desde o ano 2009.
A Corporación solicita do goberno local a recuperación do programa “Noites Vivas”

O Pleno celebrado este luns debatiu sobre a recuperación por parte do Concello do programa “Noites Vivas”, creado no 2000 e cancelado no ano 2008, dirixido á xuventude. A maioría dos concelleiros propuxeron esta mañá a súa recuperación, mais actualizado ás necesidades actuais da mocidade viguesa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: