INICIADAS HOXE AS OBRAS DO ACCESO AO NOVO HOSPITAL PÚBLICO DE VIGO, POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS

  • Xa están realizadas as tarefas preparatorias e o replanteo das obras, co que se inician os traballos desta actuación adxudicada á empresa Construcións Taboada e Ramos, SL
  • Con esta actuación ampliarase a capacidade e aumentarase a fluidez do tráfico da Avenida Clara Campoamor, vial que canaliza os tráficos do novo Hospital de Vigo
  • A Xunta adianta o inicio das obras un semana, xa que as previsións eran comezar no mes de marzoclip_image002

 

Santiago, 23 de febreiro de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia hoxe as obras de acceso ao novo hospital público de Vigo, tamén coñecida como a mellora da Avenida Clara Campoamor en Vigo.

 

As obras deste vial que canaliza os tráficos desta nova infraestrutura sanitaria na Cidade olívica, foron adxudicadas á empresa Taboada e Ramos por máis de 1,5 millóns de euros (1.527.020,00 €)., a principios deste mes. Durante estas semanas leváronse a cabo as tarefas preparatorias e de replanteo dos traballos, o que permitiu adiantar o inicio desta actuación, xa que a previsión inicial da Consellería era comezar as obras en marzo.

 

O obxectivo da actuación é dotar ao novo hospital de accesos axeitados (tanto ata a zona na que se ubicarán as urxencias coma cara entrada principal), desde a glorieta do segundo cinto de Vigo e desde a Avenida Clara Campoamor,

 

Para elo, ampliarase a capacidade da estrada existente ensanchando a súa plataforma, o que permitirá albergar dous novos carrís para o acceso directo ao hospital desde a VG-20, e un semienlace para a zona das urxencias deste centro hospitalario; executarase ademais unha nova glorieta para facilitar o acceso á entrada principal do hospital, e unha senda peonil para conectar esta glorieta norte coa zona próxima ás urxencias do centro

 

A actuación comeza na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), prevíndose a execución dunha nova saída exclusiva para acceso ao hospital. Esta saída contará con dous carrís, un para acceso exclusivo de urxencias  e o outro que continua como vía de servizo ata á entrada principal do Hospital. O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital.

 

Así, a sección tipo da avenida neste treito engadirá aos actuais dous carrís por sentido outros dous carrís de acceso ao hospital. Nesta zona permítese, ademais, a saída dos vehículos desde a zona de urxencias do hospital cara a avenida.

 

Para complementar a actuación, construirase unha nova glorieta, que permitirá todos os cambios de sentido, na intersección entre a avenida Clara Campoamor e o acceso á entrada principal do centro hospitalario. Contará con dous carrís de 4 metros de ancho, beiravía interior de 1,5 metros e exterior de 0,5 metros.

 

Finalmente, executarase unha senda peonil para conectar esta nova glorieta coa que dará acceso ás urxencias do hospital. A poboación beneficiada é de máis de 430.000 veciños dos concellos que pertencen á área sanitaria de Vigo.

 

Nas imaxes pode observarse a traza do tramo do vial que se mellora coas obras.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: