MAÑÁ ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CURSO 2015-2016 NAS ESCOLAS INFANTÍS A GALIÑA AZUL

  • gallina_284814A rede autonómica ofertará un total de 9.294 prazas, 532 máis (6%) que o curso anterior
  • A oferta total de prazas públicas na comunidade acada por vez primeira a ratio do 33 por cento recomendada pola Unión Europea
  • As instancias poderán presentarse ata o día 23 de marzo e o curso comezará o 4 de setembro

 

Santiago, 23 de febreiro de 2015.- Dende mañá martes pódense presentar as solicitudes de praza para o curso 2015-2016 en 157 escolas infantís da Rede Galiña Azul. A resolución cos prazos e requisitos, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), pódese consultar tamén na páxina web www.escolasinfantisdegalicia.es ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena.

 

A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, informaron hoxe en rolda de prensa sobre o devandito proceso de matrícula.

 

A oferta da rede autonómica do próximo curso pasará das 149 escolas actuais a 159 escolas no comezo do curso. Os dez novos centros son oito escolas de nova creación ubicadas nos concellos de Boiro, Cambre, Malpica, Melide, Muros, Oroso, Porto do Son e Salvaterra de Miño e outros dous, as escolas de Meira e de Narón-Xuvia, que veñen funcionando agora como escolas municipais e en setembro pasan a formar parte da rede da Xunta. A rede A Galiña Azul acada así as 9.294 prazas, unha oferta que supón un incremento do 71 por cento respecto ás 5.430 prazas coas que contaba en abril de 2009.

 

Na súa intervención, o xerente do Consorcio lembrou ademais que no próximo curso escolar haberá 500 novas prazas públicas de 0-3 anos financiadas con fondos da Administración autonómica a través do sistema de concerto con centros privados.

 

A oferta de prazas públicas sostidas con fondos autonómicos complétase coas escolas municipais, as escolas dependentes de entidades de iniciativa social e doutras entidades e máis de 1.000 prazas de cheque infantil, acadando un total de preto de 20.500 prazas sostidas con fondos públicos á disposición das familias galegas.

 

Con esta oferta, segundo salientou Roberto Rodríguez, acádase por primeira vez a cobertura recomendada pola Unión Europea para o tramo de idade 0-3, que supón contar cunha oferta de 33 prazas para cada 100 nenos e nenas en idade de acceder a unha escola infantil.

 

Presentación de solicitudes

A convocatoria de matrícula para o vindeiro curso publicada hoxe inclúe un total de 157 escolas A Galiña Azul. A rede autonómica conta con dous centros máis ubicados –ata facer o  total de 159- nos edificios administrativos da Xunta en Vigo e Pontevedra que contan cun proceso de matrícula independente.

 

O prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso extenderase ata o 23 de marzo, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 5 de maio e as listas definitivas, o día 29 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 1 ata o 10 de xuño, ambos os dous incluídos. O curso comezará o 4 de setembro.

 

Algunhas novidades no procedemento

Pola súa banda, a directora xeral de Familia e Inclusión deu conta dalgunhas novidades no procedemento de matrícula. Entre outras, destacou que se equiparará a situación laboral das familias monoparentais coas das familias nas que o neno ou nena convive cun só proxenitor. Neste caso, adxudícase a puntuación que corresponda como dous.

 

Outra novidade é que se terán en conta as variacións económicas na renda da unidade familiar ata o momento de presentación de solicitudes. Ata agora era necesario, precisou, manter estas variacións durante un período de catro meses para ser valoradas. Grazas a esta modificación, as familias que vexan diminuídos os seus ingresos nun 20%, verán incrementada a súa puntuación para o acceso a unha praza e diminuída a cota mensual  a aboar.

 

Por outra banda, González lembrou que se mantén a situación prevista na orde do ano pasado de que as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación se admitirán ata a data anterior á publicación da relación provisional de admitidos/as (5 de maio) co fin de concretar e unificar prazos en toda Galicia. Ao igual que o ano pasado, a documentación para optar a cheque infantil presentarase coa solicitudes de praza nas escolas, co obxectivo de axilizar a tramitación do mesmo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: