María Solar escribe un libro soprendente que mereceu o premio Lazarillo 2014

A EDITORIAL GALAXIA ANUNCIA A PUBLICACIÓN DO PREMIO LAZARILLO 2014, O MÁIS ANTIGO DOS PREMIOS LITERARIOS DE ESPAÑA E QUE PREMIA A MELLOR OBRA PRESENTADA NAS CATRO LINGUAS OFICIAIS. A GAÑADORA ESTE ANO FOI A ESCRITORA GALEGA MARÍA SOLAR COA OBRA ‘O MEU PESADELO FAVORITO’ QUE ESTES DÍAS PUBLICA A EDITORIAL GALAXIA

O meu pesadelo favorito (10 anos)_page1_image1 O meu pesadelo favorito (10 anos)_page1_image2Este libro que tes nas mans conta a curiosa e sorprendente historia dun neno con febre. E diredes: que ten iso de orixinal? Todos estivemos mil veces con febre. Pero o protagonista desta historia vai recibir (e iso seguro que nunca vos pasou) durante os días que pase na cama, a visita de curiosos personaxes moi estraños, cada un máis raro ca o outro. Con O meu pesadelo favorito, a escritora María Solar, que xa nos engaiolara con A verdadeira historia da mosca da tele, gañou o prestixioso Premio Lazarillo 2014 con esta historia de extraterrestres, queixos con buracos que non están baleiros e caixas de bicos inesquecibles, entre outros moitos personaxes que aparecen e reaparecen dentro dun pesadelo que quizais é, en realidade, un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo que non vas ser quen de deixar de ler dende a primeira páxina. Ou sexa, dende o primeiro soño. MMaría Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora do programa A revista fin de semana da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xornalismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos programas de todos os xéneros como o cultural Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo ou Os directos da Galega, entre outros. Ademais foi actriz de dobraxe. Como autora, céntrase no público infantil. Ten publicado entre outros O Fillo do Pintamonas (Tambre, 2010), Boa Sorte (Baía, 2008), O tempo do revés (Baía, 2008) e os libros divulgativos O libro do noso mar (Lea, 1999), Ecoloxía na aula (Lea, 1998). No ano 2014 alzouse co Premio Lazarillo polo seu libro O meu pesadelo favorito.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: