O INTERGRUPO PAZ E LIBERDADE PARA O POBO SAHARAUI DO PARLAMENTO DE GALICIA PARTICIPOU NA XIX CONFERENCIA CELEBRADA EN NAVARRA

A dito encontro acudiron representantes galegos dos 5 grupos parlamentarios existentes no Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 15. O Intergrupo Paz e Liberdade para o Pobo Saharaui do Parlamento de Galicia, integrado por Carmen Pardo –PPdeG-, Carmen Gallego –PSdeG-, Xavier Ron –AGE-, Monse Prado –BNG- e Consuelo Martínez –Grupo Mixo-, participaron esta fin de semana na XIX Conferencia do Intergrupos Parlamentarios, celebrada no Parlamento de Navarra.

A XIX Conferencia dos Intergrupos contou coa presenza de representantes de once cámaras autonómicas, entre as que se atopan, ademais da galega, o Parlamento de Navarra, o Parlamento Vasco, a Asemblea Rexional de Murcia, o Parlamento de Andalucía, o Parlamento de Canarias, o Parlamento de Cataluña, as Cortes de Aragón, a Asemblea de Madrid, o Parlamento de Cantabria e as Cortes de Castela A Mancha.

 

Durante a conferencia, sucedéronse intervencións como a do  Delegado del Frente Polisario en Navarra, D. Badadi Benamar, a da presidenta da  Asociación de Amigos y Amigas de

la RASD en Navarra, ou a  do Presidente da Federación Estatal de las Instituciones

Solidarias con el Sáhara. Tamén se presentou o  informe  da Asociación Internacional de Juristas por el Sáhara Occidental, polo seu secretario, D. Felipe Briones.  O activista saharaui Hassana Aaila explicou a sua situación persoal e solicitou o apoio da Conferencia para a solicitude de asilo.

 

Finalmente, tivo lugar a sesión de traballo que deu lugar à Declaración de Pamplona, aprobada ao remate da Conferencia e que reafirma a necesidade dun  futuro en liberdade do pobo saharaui.

1-21-2-15

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: