VERÓNICA TELLADO DESTACA O TRABALLO INVESTIGADOR PARA CONTRIBUÍR Á PROTECCIÓN DO PATRIMONIO NATURAL

directora xeral de Conservación da Natureza inaugurou hoxe as ‘III Xornadas de difusión de investigación e seguimento no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia’

 Salienta a importancia dos traballos que se están a realizar actualmente, como o seguimento de parámetros oceanográficos e físico-químicos do medio mariño medidos desde a costa, seguimento da rede de estacións meteorolóxicas, seguimento da flora e da fauna invasora

  • Argumenta que xornadas como a celebrada hoxe permiten difundir a importancia de mellorar o coñecemento do medio natural e o enorme interese dos parques nacionais como focos de coñecemento e experiencias extrapolables a outras zonas

 

Santiago, 25 de febreiro de 2015.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, inaugurou esta mañá as III Xornadas de difusión de investigación e seguimento no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, onde destacou a importancia dos traballos de investigación para contribuír á protección e conservación do patrimonio natural. A modo de exemplo citou os programas de seguimento no Parque nacional dos seus valores que ten por obxecto monitorizar un amplo número de variables ambientais de cara a coñecer a tendencia do seu estado de conservación e servir de apoio á toma de decisións.

 

Esta actividade divulgativa está destinada a profesionais do medio ambiente, investigadores, estudantes e todas as persoas interesadas, co fin de poñer en valor os traballos que se están a facer na actualidade, como o seguimento de parámetros oceanográficos e físico-químicos do medio mariño medidos desde a costa, seguimento da rede de estacións meteorolóxicas, seguimento da flora e da fauna invasora, rexistradores de ultrasons para o seguimento de morcegos, censos de aves mariñas nidificantes e invernantes, anillamento de aves migratorias, seguimento de especies de flora ameazada, cálculos de visitantes e seguimento da actividade extractiva pesqueira e marisqueira, entre outros.

 

Destacou a importancia da celebración deste tipo de xornadas centradas na investigación e na necesidade de difundir as conclusións dos estudos realizados da man dos propios investigadores co obxecto de mellorar o coñecemento do medio natural e o enorme interese dos parques nacionais como focos de coñecemento e experiencias extrapolables a outras zonas. Ademais, búscase establecer unha dinámica de transmisión do coñecemento.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: