ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA “VISUALIZANDO INICIATIVA XOVE” DE FOMENTO DA PARTICIPACIÓN XUVENIL

  • Este proxecto, seleccionado a nivel nacional dentro da convocatoria do programa MOVIC, vai dirixido aos mozos e mozas que tiveran impulsado algún proxecto no marco de Iniciativa Xove
  • Desenvolverase no albergue xuvenil ArtSurfCamp de Carballo, entre o 13 e o 15 de marzo
  • Ademais, durante as actividades, gravarase unha reportaxe de docuficción para promocionar as actividades dos asistentes

 

Santiago, 26 de febreiro de 2015.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado vén de abrir o prazo de inscrición para participar no programa “Visualizando Iniciativa Xove”, que se desenvolve en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ). Os interesados poderán inscribirse ata o próximo 2 de marzo.

 

A iniciativa terá lugar no albergue xuvenil ArtSurfCamp de Carballo, entre o 13 e o 15 de marzo, e vai dirixido a aqueles mozos e mozas menores de 35 anos que tiveran impulsado algún proxecto no marco do programa de participación xuvenil “Iniciativa Xove” da Consellería de Traballo e Benestar. Ofértanse un máximo de 30 prazas.

 

Os participantes seleccionaranse en función da calidade dos proxectos realizados, procurando un equilibrio de temáticas, de cara á formación dos grupos de traballo e para fomentar a interactuación e a creación de sinerxias.

 

En paralelo ás actividades, gravarase unha reportaxe de docuficción na que se dará promoción ás iniciativas dos asistentes, co dobre obxectivo de fomentar e contaxiar o espírito emprendedor entre a xuventude e de ser un escaparate dos proxectos realizados, conseguindo un efecto multiplicador. O vídeo servirá tamén de demostración das aptitudes dos mozos e mozas participantes, poñéndoas en valor para facilitar a súa empregabilidade.

 

As xornadas contarán tamén cunha parte lúdica, na que as persoas participantes terán a opción de iniciarse no surf ou ben coñecer o espazo próximo ao albergue incluído na Rede Natura a través dunha visita guiada.

 

MOVIC

Esta iniciativa foi seleccionada pola Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) dentro da convocatoria do programa MOVIC 2015. O programa MOVIC, no que poden participar as distintas comunidades autónomas, ten entre os seus obxectivos promover o uso destes albergues e, á súa vez, fomentar a mobilidade xuvenil e os intercambios culturais entre a mocidade a través da aprendizaxe mutua, o fomento do espírito emprendedor, ou a formación en valores, entre outros beneficios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: