Nota de prensa dos representantes da CIG nos comités de Dalphi.

Os representantes sindicais da CIG en Dalphimetal España, s.a. /TRW Vigo Porriño realizan este xoves 26 unha concentración no centro de Porriño no Polígono Industrial a Granxa parcela 21 para protestar polo despedimento de 5 compañeiros de traballo onde a dirección do centro argumenta con despidos obxectivos. Dende a representación dos membros da CIG nos dous Comités, manifestan que no anterior acordo de Convenio Colectivo 2011-2014 tiveron que asumir unha redución de plantilla en Vigo non só en fabricación senón no centro de I+D onde na actualidade traballan unhas 384 traballadores/as, esta redución foi provocada como solución a viabilidade dos centros de fabricación e servizos o cal foi acadado coa saída de máis de 120 persoas onde a dirección de Dalphimetal propuxo alternativas como foron recolocacións, prexubilacións e baixas non traumáticas nas que o traballador/a chegaba a un acordo económico coa empresa pero sempre coa última decisión do traballador/ra; na recta final do convenio a empresa adoptou unha actitude de deslocalización de persoal aos centros de Portugal cambíandolles o contrato de traballo a portugués, realizou cambios de centros de traballo para evitar e eludir a garantía que tiñamos os traballadores/as no centro de Vigo de que a empresa non fixera máis despedimentos dentro do marco acordado na negociación Colectiva. No mes de Decembro tivemos que negociar un ERE de suspensión temporal para o 2015 de 95 días para a planta de fabricación de Vigo, onde paralelamente a dirección foi máis alá tratando de despedir a 4 compañeiros que facían as funcións en control de accesos, polo que a CIG dentro da negociación do ERE, puxo enriba da mesa o non despedimento de persoal en todo Dalphimetal e a garantía en buscar unha solución a estes 4 compañeiros; finalmante só se acadou solucionar coa recolocación destes 4 compañeiros. Meses anteriores, no centro de porriño, 9 traballadores eran despedidos amparándose nas causas obxectivas por melloras no proceso de fabricación e que na actualidade estase demostrando que non existen tales melloras onde a calidade e produtividade mermaron. Iniciado o ano e as portas da negociación dun novo convenio, vense de novo a despedir outros 5 compañeiros no Centro de Porriño por causas obxectivas sen darlles posibilidade de recolocación nen as compensacións dignas ante tal situación. Tamén están ameazados outros Dptos como o de Mantenemento Xeral o que demostra unha vez máis o desmantelamento premeditado da nosa actividade independentemente dos departamentos que existen na actualidade en todo Dalphimetal. Os postos de traballo internos ofertados na empresa non son para Vigo ou Porriño senon que todo recae en Portugal. Os comités de Vigo e Porriño por maioría simple fan caso omiso a esta situación e están permitíndo que a empresa teñá carta branca para seguir deslocalizando e desmantelando Dalphimetal España/TRW, e poñendo a negociación do Convenio onde quere a Dirección. Por todo o anteriormente exposto, os representantes da CIG, entendemos que hai motivos suficientes para non sentarse a negociar o Convenio Colectivo mentras se están despedindo a compañeiros/as de traballo sen máis; somos conscientes de que se non plantamos cara a esta situación, entraremos na dinámica do “aquí todo vale”. Se nós mesmos non velamos polo noso traballo como fan outros compañeiros/as do sector da automoción integrados tamén en Multinacionais, non nos quedará nada. A esta complicidade de deslocalización do sector da Automoción está o CEAGA que mira para outro lado ao que Dalphimetal está adherido; a isto tamén temos que engadir as subvencións de diñeiro público que o Goberno Central e Xunta seguen a darlle a estas Muultinacionais para de paso seguir despedindo. Vigo 25 de febreiro de 2015 Representantes sindicais da CIG Vigo/Porriño

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: