A XUNTA LICITA POR MÁIS DE 828.000 EUROS A AMPLIACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO NA PARROQUIA DE CAMOS NO CONCELLO DE NIGRÁN

O prazo de presentación de ofertas remata o 6 de abril

  • O obxectivo da actuación é ampliar a rede existente mediante unha nova canalización ao longo da estrada PO-332, o que permitirá conectar as redes secundarias
  • Recóllese tamén a conexión da rede co polígono industrial
  • As obras permitirán que a rede de abastecemento teña capacidade para atender a case 7.500 habitantes equivalentes

Santiago, 27 de febreiro de 2015.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación da obra de ampliación da rede de abastecemento na parroquia de Camos, no concello pontevedrés de Nigrán, que levará a cabo Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Esta actuación suporá un investimento de máis de 828.000 euros e ten un prazo de execución de seis meses.

No caso do concello de Nigrán, nas parroquias de Camos, Parada e outros núcleos carecen de rede abastecemento, con traídas particulares e áreas con abastecemento a partir de mananciais. O proxecto que financiará Augas de Galicia pretende ampliar a rede existente mediante unha nova canalización ao longo da estrada PO-332, o que permitirá conectar as redes secundarias. As obras licitadas hoxe permitirán, ademais, conectar o polígono industrial coa rede de saneamento.

 

Para realizar a mellora da rede de abastecemento en Camos instalarase unha condución de impulsión, conectada á rede xeral da estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Nigrán, mediante unha arqueta de formigón, que chegará ata o dito núcleo. A lonxitude total será de algo máis de 3 quilómetros e irá colocada na marxe da estrada xa mencionada. Sinalar que a gabia será entubada para evitar afeccións á estrada, cunha sobreescavación de 0,200 metros a ambos os lados e cun recubrimento dun metro, ademais doutros elementos necesarios para rematar a actuación.

 

Cabe destacar que se prevén sete futuras conexións secundarias, que quedarán instaladas cun tubo e os seus respectivos pozos. A poboación beneficiada será de case 7.500 habitantes-equivalentes no ano horizonte de 2036.

 

Pola súa parte, o Concello presentou a solicitude de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas e o informe de Intervención en que se recolle a súa situación técnico-financeira e onde se xustifica a necesidade que a obra sexa financiada polo Executivo autonómico.

 

A colaboración técnico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia con entidades locais en materia de obras hidráulico-sanitarias correspóndelle á Administración hidráulica de Galicia (Lei 9/2010, de augas de Galicia) e regulábase polo Decreto 84/1997, do 10 de abril, derrogado actualmente polo Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas, e no que se establece a regulación urxente do procedemento de colaboración.

 

Con este tipo de obras, o Goberno galego apoia os concellos que teñen un orzamento insuficiente para financiar as actuacións necesarias para garantir o abastecemento.

 

Ata o momento, debido á escasa capacidade financeira dos concellos galegos e ao importante orzamento deste tipo de obras, a Administración hidráulica de Galicia financiou ao 100% a meirande parte delas, excluíndo unicamente as executadas nos grandes núcleos urbanos, ás cales se facía fronte mediante convenios entre os concellos destes núcleos e a Administración hidráulica de Galicia.

 

As empresas interesadas dispoñen ata o 6 de abril para presentar as súas ofertas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: