Niños Mutantes abre a programación cultural da UVigo que inclúe teatro, cine e música en espazos experimentais

  • clip_image004Este cuadrimestre Nicolás Pastoriza, 2us e Apenino tocarán en directo na sala Anecoica da E.E. de Telecomunicación
  • Triángulo de Amor Bizarro e Caxade protagonizan o Sonora
  • A programación estrea por primeira vez un ciclo de cine e lingua no Cambón

Vigo, 27 de febreiro de 2015.- Niños Mutantes abre a programación cultural da Universidade de Vigo que, neste cuadrimestre, estará moi centrada na música, mesmo con sesións nunha cámara anecoica (espazo sen eco), pero tamén cunha forte presenza do teatro coa Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) e, por primeira vez, un ciclo de cine. A actuación dos veteranos da música independente Niños Mutantes, prevista para o 5 de marzo, é unha cita esperada logo de que a banda de Granada cancelase a seu concerto no Festival PortAmérica. Por fin presentarán no sur de Galicia o seu último traballo, El Futuro (Ernie Producciones, 2014), no que desembarcan, sen suscitalo, nos sons dos 80, pero sen deixar de mirar cara ao power pop. Habituais nas citas musicais máis importantes de España, desde que en 1999 pisaran o escenario principal do Festival de Benicassim, Niños Mutantes son unha das bandas máis consolidadas do panorama indie español.

No apartado musical, destaca o Sinsal Anecoica, unha experiencia sonora na que diferentes grupos tocarán nunha sala sen eco nin rebotes de son. Farano Nicolás Pastoriza, o 27 de abril, 2us, o 24 de abril, e Apenino, o 29 de maio. Haberá dous pases cada día, ás 12.00h. e as 13.00h., e o público que forme parte desta experiencia terá a oportunidade de escoitar a estes grupos primeiro nesta sala especial e, de seguido, nunha nave contigua para comprobar a diferenza entre o son direccional e o son cheo de reverberacións. Sinsal Anecoica é un proxecto que nace coa colaboración entre o Festival Sinsal, o Museo MARCO de Vigo, o laboratorio de acústica organizado por AtlanTIC na E.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Extensión Universitaria da UVigo e o Concello de Vigo.

Sonora15

Tamén neste cuadrimestre terá lugar una nova edición do Ciclo Sonora. O grupo principal será Triángulo de Amor Bizarro, ao que lle precederá Caxade, banda de indie folk cun arrecendo a música minimalista e sons bucólicos da vella Europa, segundo a descrición que a propia banda fai da súa música. Os galegos Triángulo de

 

 

 

 

 

Amor Bizarro tocarán temas do seu último traballo, Victoria Mística (Mushroom Pillow, 3013). Aclamados pola crítica e co recoñecemento dos premios acadados (premio artista español, álbum do ano, álbum de rock e directo dos Premios da Música Independente 2011), a banda presentará un disco “visceral, esixente e honesto” que despois de moitas dificultades conseguiu ver a luz. De xira por España, Chile e México co seu último disco, Triángulo de Amor Bizarro alcanza o número 1 no reconto das listas do mellor álbum do ano en España publicado por Jitparade.

No apartado de teatro, a programación centra a súa oferta na Miteu. Seis postas en escena compoñen o cartel deste ano que volve a repetir dobre sede: o teatro de Cidade Universitaria do Campus de Vigo e o Auditorio do Concello de Vigo. Haberá dúas obras que se representarán en marzo e, o resto, entre o 22 e o 30 de abril. Ademais, este ano, a Miteu inclúe tamén un documental, O que hai que facer para non ir ao mar.Unha viaxe a través do teatro galego, que se emitirá no auditorio da Casa Galega da Cultura.

Como novidade, a programación estrea un ciclo de cine e lingua, no que colabora o Centro de Linguas da Universidade de Vigo, con películas en versión orixinal. Nesta ocasión as longametraxes son en inglés con subtítulos en castelán, agás Las aventuras del príncipe Achmed, de Lotte Reiniger (1926), primeira película de animación que, ao ser muda, encargarase de musicar en directo Casperveck trío. A proxeccións serán no edificio Cambón (casco vello) do 4 de marzo ata o 6 de maio, ás 20.00 horas.

Xa por último, queda por definir a data do Concerto Ensaiamos: Colleita 2015, unha proposta que xa vén sendo habitual na programación da UVigo, e que da a oportunidade aos grupos que forman parte do programa Ensaiamos (servizo de apoio a grupos musicais) de ter a súa primeira expericiencia frontre ao público.

A programación cultural da Universidade de Vigo, aberta tamén a cidadanía, é con entrada libre -ata completar aforamento-, agás os concertos da sala Anecoica polo limitado do seu aforo. Así, os que queiran participar desta nova experiencia deberán reservar a súa plaza no servizo de Extensión Universitaria da Uvigo ata o día anterior a cada concerto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: