MEDIO AMBIENTE LICITA OBRAS DE CONTINUIDADE DO CARRIL-BICI DE BAIONA POR 215.000 EUROS

  • O director da Axencia Galega de Infraestruturas fixo este anuncio esta mañá durante unha reunión co alcalde de Baiona
  • O prazo de execución desta actuación é de tres meses, polo que as obras poderán estar rematadas este mesmo verán
  • Esta actuación beneficiará directamente a máis de 25.000 veciños de Baiona, Oia e A Guarda

 

Baiona (Pontevedra), 2 de marzo de 2015.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, anunciou esta mañá que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita hoxe as obras para a prolongación do carril bici entre os puntos quilométricos 16+700 e 17+700 na estrada PO-552, neste municipio. Así llo trasladou ao alcalde de Baiona, Jesús Almuíña, co que mantivo unha reunión de traballo, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

 

Tal e como explicou o director da AXI, o trazado do carril-bici dun quilómetro de lonxitude discorre entre o punto quilométrico 16+700 (acceso ao Parador) e o 17+700, e dará continuidade ao carril bici xa rematado entre Baiona e A Guarda que finaliza a aproximadamente 350 metros da entrada ao núcleo de Baiona.

 

O carril bici terá un ancho de 2 metros, distinguíndose os seguintes subtreitos:

  • Desde pk 16+700 (Parador) ao 17+030 (Glorieta), discorre polo treito central da actual Alameda, anexo aos árbores existentes
  • Desde o pk 17+030 (glorieta) ao pk 17+620, deséñase polo lado do mar para o que se despraza o eixo da estrada 2 metros, sendo preciso acondicionar os actuais calzada e beirarrúas, onde existen. Ademais, executaranse novas beirarrúas onde actualmente non existen.

 

O importe de licitación é de case 215.000 euros e conta con fondos Feder e beneficiará a unha poboación de máis de 25.000 veciños dos concellos de Baiona, Oia e A Guarda. O prazo de execución dos traballos é de 3 meses, polo que estarán rematas neste verán.

 

As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o 28 de marzo para presentar as súas ofertas a esta actuación do Goberno galego.

 

O director da Axencia Galega de Infraestruturas sinalou que a actuación licitada hoxe está en consonancia co desenvolvemento de diversos programas cos que se pretende favorecer a sostibilidade ambiental, reducindo a utilización dos vehículos privados, tanto mediante o fomento do transporte colectivo ou público coma coa execución de infraestruturas que favorezan a utilización de formas alternativas de transporte, menos contaminantes. Estes obxectivos concrétanse en actuacións tan relevantes na Área Metropolitana de Vigo como a implantación do plan de transporte metropolitano, a construción dos aparcamentos disuasorios de Moaña ou a implantación de itinerarios ciclistas como o que hoxe se licita, de modo que a mobilidade en Galicia será  máis segura, sostible e asequible para todos os cidadáns.

Na seguinte imaxe pode observarse por onde discorre o carril- bici:clip_image002

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: