Archive | marzo 3, 2015

Concello de Vigo

 

O Concello ultima a segunda fase da humanización da rúa Coutadas, cun investimento de 250.000 euros

O goberno local prosegue coa reforma da rúa Coutadas, en Teis, despois de ter concluído o tramo entre Sanjurjo Badía e a rotonda, un vial “moi significativo” tanto pola poboación que alí reside como polo “tránsito” dada a proximidade de centros educativos e deportivos. O alcalde, Abel Caballero, subliñou a atención do Concello a Teis e ao rural de Vigo.

 


O Concello coopera nunha campaña para facilitar a recollida de vidrio nos locais de hostalaría

Unha campaña de reciclaxe tratará de facilitar aos hostaleiros o traslado do vidrio ao contenedor especial. De momento, xa son 86 os locais que contarán cun cubo máis pequeno e manexable -está provisto de rodas- que lles permitirá baleirar o contido de xeito semiautomatizado.

 


A pedagoga Antía Cal recibe o III premio de Igualdade Ernestina Otero

Os próximos venres 6 e sábado 7 de febreiro, o Concello porá en marcha os actos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Na edición deste ano, a pedagoga Antía Cal será premiada co III premio de Igualdad Ernestina Otero.

 

LA INTERRUNNING-CONCELLO DO PORRIÑO HOMOLOGA SU CIRCUITO

Interrunning Piñeiro - Concello do Porriño - 2014Jueces de la Federación Gallega y de la Real Federación Española  de Atletismo procedieron el pasado domingo a realizar los trabajos de medición para la homologación de los 5 km de circuito urbano

 

La inscripción para participar en la novena edición de la Interrunning 2015 – Concello do Porriño continúa abierta hasta el próximo martes 10 de marzo a las 23:59 horas, pudiendo formalizarse a través de la página www.championchipnorte.com o de manera presencial en las tiendas de Interesport Piñeiro en Porriño, Vigo o Pontevedra

La Xunta regala más de 40 millones de euros, solo a la Voz de Galicia en subvenciones a DEDO troceando cantidades para saltarse la Ley.

pladesemapesgaPladesemapesga presenta denuncia en el Juzgado de Guardia de A Coruña contra Medio Rural e do Mar por trocear convenios con el fin de saltarse la Ley de contratos públicos y evitar la fiscalización del Tribunal de Cuentas. La Voz de Galicia, la eterna afortunada en los convenios troceados a medio de cuatrimestres y partidas de 149.000 euros con dos días de diferencia en presunto fraude de Ley al objeto de impedir y evitar la fiscalización del mismo Tribunal de Cuentas entre otros… BOE.es – Documento BOE-A-2013-13156 que dice… [+] »

O número de desempregados/as baixou en Galiza unicamente en 1453 persoas no mes de febreiro

cigOs datos amosan que só un 9,6% dos contratos subscritos neste período foron indefinidos

Vigo/03-03-2015

Os datos do paro rexistrado amosan que o número de desempregados/as baixou en Galiza en febreiro en unicamente 1453 persoas, o que supón un descenso do 0,56% con respecto ao mes anterior. Dende a CIG denuncian que só un 9,6% dos contratos subscritos neste período foron baixo algunha modalidade de contratación indefinida e alertan dunha cada vez maior precariedade no emprego.

O mes de febreiro acostuma ser un mes desigual con respecto á evolución do desemprego, polo que ben pode rematar tanto con incrementos como con descensos; no noso país este comportamento foi positivo durante dous anos consecutivos, o que sitúa o número de parados/as inscritos nas oficinas do SEPE en 257.549 desempregados/as, 1453 menos que en xaneiro.

No que respecta á media estatal, o descenso foi do 0,3%; ao mesmo tempo, en practicamente todas as comunidades se produciron baixadas no paro rexistrado.

Ao igual que na media do Estado, o descendo de desempregados/as produciuse en todos os sectores económicos, sendo a construción, cun 2,29% menos de parados/as, no que se rexistrou a maior caída; a continuación sitúase a industria cun 1,50%; en terceiro lugar o sector servizos, onde o número de parados/as apenas variou, xa que o descenso foi só dun 0,1%.

A nivel provincial, o paro descendeu en todas as provincias galegas salvo na de Ourense, onde se incrementou un 0,4%. Na provincia de Pontevedra tan só se produciu un descenso do 0,09%, equivalente a 94 persoas.

Asemade, o número de contratos rexistrados no mes acadou a cifra de 53.692, dos que tan só un 9,6% foi inscrito baixo algunha modalidade de contratación indefinida; isto vén a demostrar a nula influencia das axudas á contratación indefinida, manténdose un nivel de precariedade no noso mercado laboral “impresentable”.

No que atinxe á afiliación á Seguridade Social a cifra incrementouse un 0.5% con respecto ao mes anterior, acadando os 917.800 afiliados/as de media en febreiro; con respecto ao ano anterior a subida foi do 1,6%.

A pesar da evolución destes indicadores durante o mes de febreiro, dende a CIG salientan que estamos a falar duns datos meramente conxunturais. Ao mesmo tempo, o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, denuncia que os postos de traballo que se están a crear son cada vez máis precarios, tal e como amosan os datos da propia Axencia Tributaria: a maior parte do emprego que se creou no último ano corresponde a traballadores/as cuxos ingresos non acadaron os 1900 euros brutos anuais.

Diante disto, a central nacionalista vén de iniciar unha campaña nacional para reclamar emprego e salarios dignos que se desenvolverá ao longo deste ano e que incluirá reivindicacións concretas en cada unha das comarcas do país atendendo aos distintos sectores produtivos.

A XUNTA DE GALICIA INVESTIRÁ PRETO DE 16.000 EUROS NA REFORMA DA CUBERTA DO PATIO DO CEIP LAREDO DE CHAPELA, EN REDONDELA

  • _MG_0802A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informou esta mañá nunha visita ao centro educativo que as obras acaban de ser adxudicadas e comezarán nas vindeiras semanas.
  • Nos últimos anos, Educación realizou distintas reformas na infraestrutura educativa que superan os 50.000 euros de investimento.

 

Redondela, 03 de marzo de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o CEIP Laredo de Chapela, en Redondela, para informar da recente adxudicación das obras de reforma da cuberta do patio e dos vestiaris que, cun investimento que chega case aos 16.000 euros, vai a executar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Acompañada polo alcalde de Redondela, Javier Bas, o director do centro educativo, Abraham Domínguez, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez Ares, Bravo Bosch percorreu as instalacións do colexio e coñeceu pormenorizadamente a actuación que se vai a levar a cabo de forma inmediata. “Comezarán nas vindeiras semanas”, confirmou a delegada.

 

As obras, que contan cun prazo de execución de 45 días, foron adxudicadas a finais do mes de febreiro á empresa Cubiertas P.Galicia, S.L.U e consistirán na reforma da cuberta de patio e vestiarios. O orzamento é de 15.676,75 euros (IVE incluído) e os traballos xustifícanse porque, segundo explican os técnicos de Educación, “co paso do tempo e os cambios habidos na climatoloxía existían moitas filtracións de auga na cuberta do patio e nos vestiarios que facían perigoso o uso do mesmo pola comunidade educativa”. Deste xeito, coa nova cuberta conseguirase máis illamento, máis seguridade e tamén se alixeira o peso da estrutura.

 

O CEIP Laredo de Chapela conta con 146 alumnos e alumnas e, nos últimos anos, a Consellería de Educación investiu máis de 50.000 euros en distintas melloras da infraestrutura educativa tales coma reformas na fontanería, na instalación eléctrica, entre outras.

 

A delegada aproveitou a ocasión para coñecer tamén a biblioteca escolar do centro posto que, dende o ano 2013, está acollida ao Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE), polo que recibiu 5.550 euros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por este concepto. Ademais, o CEIP Laredo conta tamén con contratos-programa nas liñas de reforzo, orientación e apoio; reforzo da competencia matemática; reforzo da competencia lingüística; mellora da convivencia nos centros e da prevención do abandono temperán e do absentismo escolar; e mellora da calidade na xestión dos centros.

 

Por último, durante este curso o centro acolleuse tamén ás axudas para distribuír froita fresca entre os alumnos e alumnas en virtude das subvencións concedidas polo Fondo Galego de Garantía Agraria para a súa distribución ao alumnado durante o presente curso académico. Ao longo do ano o centro establece 3 semanas de fomento do uso da froita fresca para sensibilizar aos rapaces no consumo dos devanditos alimentos así como probar diferentes formas de consumo non cotiás dende un entorno educativo.

 

En definitiva, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univesitaria amosa así o seu compromiso coa comunidade educativa e, en concreto, coas melloras das infraestruturas educativas do Concello de Redondela onde, nos últimos anos, leváronse a cabo reformas que superaron 1 millón de euros en varios centros de Primaria e Secundaria

Ara Malikian en Afundación de Vigo e Pontevedra

O violinista libanés Ara Malikian celebra os seus quince anos sobre os escenarios españois cun concerto no que repasa os espectáculos cos que percorreu o país durante este período. O Teatro Afundación de Vigo, Policarpo Sanz, 13, e o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, Augusto González Besada, 2, acollerán dous concertos o vindeiro venres 13 de marzo ás 21.00 h e o domingo, 15 de marzo ás 19.30 h, respectivamente. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. 

O CONSELLEIRO DE FACENDA ANUNCIA QUE A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA XUNTA TERÁ POR PRIMEIRA VEZ PRAZAS RESERVADAS PARA A DISCAPACIDADE INTELECTUAL

  • Valeriano Martínez presidiu en Santiago o Consello Asesor para a integración da discapacidade na Función Pública galega
  • Explicou que na OEP de 2015 vaise establecer unha quenda separada na realización dos procesos selectivos
  • Subliñou a obriga que teñen as administracións de asegurar a efectiva inserción laboral dos distintos tipos de discapacidade
  • Destacou o incremento da reserva da cota nas ofertas de emprego público a unha porcentaxe non inferior ao 7%

 

Santiago, 3 de marzo de 2015.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, anunciou hoxe que a Oferta de Emprego Público (OEP) da Xunta de Galicia para 2015 incluirá por primeira vez un espazo específico para a discapacidade intelectual, polo que haberá prazas reservadas para as persoas con este tipo de discapacidade.

 

O titular de Facenda, que presidiu hoxe en Santiago o Consello Asesor para a integración da discapacidade na Función Pública galega, explicou que na OEP 2015 vaise establecer unha quenda separada na realización dos correspondentes procesos selectivos.

 

Durante a súa intervención, Valeriano Martínez subliñou que neste ámbito é necesario complementar as cotas de reserva para persoas con discapacidade con outras medidas que permitan a asegurar a efectiva inserción laboral dos distintos tipos de discapacidade.

 

Así, o conselleiro salientou que a súa inserción laboral constitúe unha vía fundamental para alcanzar unha plena integración social, polo que é necesario adoptar as medidas necesarias para incrementar o emprego destas persoas, aumentar as súas posibilidades de traballo e impedir calquera forma de discriminación.

 

Valeriano Martínez explicou que todas as administracións teñen a obriga de ser suxeitos activos na inserción laboral deste colectivo, que conta cada vez cunha mellor formación. E lembrou, entre outras medidas, o incremento da reserva da cota nas ofertas de emprego público a unha porcentaxe non inferior ao 7%; ou o feito de que dende o ano 2011 nos programas das probas selectivas para o acceso ao emprego público se incorporan materias específicas relativas ás persoas con discapacidade.

 

A finalidade do Consello Asesor é a de estudar e promover as iniciativas que se desenvolven para acadar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade na Administración Pública galega. Deste órgano forman parte representantes da Administración, das organizacións sindicais e de colectivos da discapacidade.

Valença Tui Eurocidade do Desporto em 2015

eurocidativA Eurocidade Valença Tui avança, em Março, com um ambicioso calendário de 19 eventos desportivos, com a previsão de envolvimento de 7000 participantes portugueses e espanhóis. Uma aposta concertada das duas cidades e das suas associações desportivas na consolidação do projeto da Eurocidade.

O calendário de eventos desportivos da Eurocidade, para 2015, é o reflexo da dinâmica desportiva crescente, com a consolidação de eventos representativos das principais modalidades praticadas neste território.

Do calendário desportivo, para 2015, destacam-se:

1. IVº Circuito de 17 trilhos saudáveis Eurocidade 2015

2. IVª Eurocidade Btt

3. Iº Torneio Eurocidade de Basquetebol

4. Big Ride Eurocidade

5. IIº Rali Eurocidade

6. IIª Eurocidade Cup

7. IVª Eurocidade 10

8. Iº Torneio de Judo Eurocidade

9. IIº Campeonato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

10. IVº Troféu de Andebol Eurocidade

11. Iº Festival de Parapente da Eurocidade

12. Vª Travessia a Nado Eurocidade

13. IVº Torneio de Futebol 7 Eurocidade

14. IIº Torneio Eurocidade de Hóquei em Patins

15. IIº Campeonato de Ténis Eurocidade

16. Liga Futsal Saudável Eurocidade 2015/2016

17. IIº Torneio de Baile Desportivo Eurocidade

18. IVº Troféu Eurocidade de Natação

19. Iº Festival Aéreo Eurocidade

O programa desportivo da Eurocidade conta com o apoio da Xunta de Galicia, através do Plan Galicia Saudable e da União Europeia através do programa de fundos europeus POCTEP.

Para Jorge Salgueiro Mendes “O desporto é, hoje, uma das grandes referências da Eurocidade, potenciadora das dinâmicas associativas e fator de atratividade do território”.

 

Dentro de las actividades del Concello de Ames para conmemorar el Día de la Mujer, Redrum Teatro presenta el espectáculo familiar Roedores en la Casa de Cultura de O Milladoiro

El espectáculo está nominado en los Premios de Teatro María Casares en las categorías de Mejor Espectáculo Infantil y Mejor Actriz Protagonista

Este viernes, la Casa de Cultura de O Milladoiro, acogerá, a partir de las 18:30 h, la representación del espectáculo Roedores, de la compañía de teatro Redrum. Esa misma mañana, niños de diversos colegios del Concello asistirán a una representación del espectáculo.

Producida con el apoyo de AGADIC, Roedores es una comedia familiar que trata el tema de las desigualdades de género, de clase social, de oportunidades, y de derechos, mediante los personajes de Peludiño y Munda, un hámster doméstico y una rata de cloaca. Está protagonizada por los jóvenes actores Guillermo Carbajo y Laura Míguez con la colaboración especial de Carlos Álvarez-Ossorio. El primero es conocido por el gran público por haber sido ‘el niño’ de la serie Pratos Combinados. Laura Míguez es una de las actrices integrantes de la compañía IlMaquinario Teatro.

La dirección va a cargo de Alex Sampayo, director también conocido por su trabajo en el sector audiovisual, en el que dirigió series como El Internado o Padre Casares. En este momento viene de presentar en varios festivales de todo el mundo su ópera prima Schimbare, una película protagonizada por Candela Peña y Luis Zahera.

Roedores es una comedia para público familiar a partir de los 5 años escrita por Borja F. Caamaño y Alex Sampayo estrenada el pasado domingo 23 de noviembre en Santiago de Compostela con gran éxito de público e crítica.

Este espectáculo va más allá de las tablas, ya que lleva pareja la edición de un cuento con ilustraciones de Rodrigo Chao y que narra la historia previa de los personajes protagonistas.

Se trata de la quinta producción de la compañía compostelana Redrum Teatro, una compañía fundada en 2009 que ya llevó a los escenarios la obra de suspense A Pensión, protagonizada por Rosa Álvarez; el espectáculo infantil Moito Conto  y las comedias Curriculum Vitae, con Mónica García y Guillermo Carbajo, y  Amor Flexible, protagonizada por Mela Casal, Guillermo Carbajo y Tamara Canosa.

http://www.redrumteatro.wix.com/roedores

Once, de John Carney, abre o ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo, no edificio Cambón

Vigo, 3 de marzo de 2015.- Once, de John Carney, abre o ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria. Gañadora do Oscar á mellor canción en 2007 e premio do público en Sundance, Once trata dun cantante e compositor que interpreta as súas cancións polas rúas de Dublín. O seu talento non pasa desapercibido por unha inmigrante checa que vende flores.

A longametraxe poderase ver en versión orixinal cos subtítulos en castelán. Presentará a película e moderará o coloquio posterior, Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da UVigo.

once

O ciclo conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo e coa colaboración do Centro de Visitantes Cambón. Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia.

 

CICLO CINE E LINGUA

Once (John Carney, 2006)

V.O. con subtítulos en castelán

Data:  4 de marzo

Hora:  20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.