Archive | marzo 4, 2015

GALICIA RECIBIRÁ 2,4 MILLÓNS DE EUROS DE FONDOS ADICIONAIS PARA PROXECTOS SOCIAIS DE APOIO Á FAMILIA E INFANCIA EN SITUACIÓNS DE ESPECIAL VULNERABILIDADE

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Madrid no Consello territorial de servizos sociais e do sistema para a autonomía e atención á imagedependencia
  • Este incremento, que converte a Galicia na quinta comunidade autónoma que máis orzamento recibe, débese a que os novos criterios de reparto inclúen a poboación e a dispersión, tal e como tiña demandado a Xunta o pasado ano
  • Este orzamento destinarase á atención a necesidades básicas de familias que se atopen en situacións de risco de pobreza, á conciliación familiar e laboral, e á intervención e apoio familiar
  • En materia de dependencia, Mato destacou que Galicia foi unha das nove comunidades autónomas que en 2014 incrementou a súa atención neta
  • Mato anunciou que a Xunta incrementará nestes próximos días as horas de axuda no fogar a disposición dos concellos, o que permitirá dar de alta no sistema preto de 2.000 novos beneficiarios, grazas a un esforzo orzamentario adicional de seis millóns máis
  • Na xuntanza tamén se abordou a Lei de Voluntariado do Estado, a do Terceiro Sector de Acción Social, ou a creación dunha Comisión interautonómica de infancia e familia

 

Madrid, 4 de marzo de 2015.- Galicia recibirá este ano un total de 2,4 millóns de euros  adicionais a través do fondo para proxectos sociais de apoio á familia e infancia en situación de especial vulnerabilidade. Esta cifra supón tres veces máis do que percibiu polo mesmo concepto o ano pasado, o primeiro exercicio no que se estableceu por parte do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais un fondo específico para os fogares con menores en situación de risco de pobreza.

 

Tras a reunión do Consello territorial de servizos sociais e do sistema para a autonomía e atención á dependencia, a titular de Benestar, Beatriz Mato, salientou que este incremento  débese nunha parte a que os novos criterios de reparto inclúen, ademais dos indicadores de pobreza, a poboación e a dispersión poboacional, entre outros factores, tal e como tiña demandado esta comunidade autónoma. Con estas cifras, Galicia convértese na quinta comunidade autónoma que máis orzamento recibe, e tamén na quinta na que máis se incrementou a contía.

 

En 2014, o primeiro ano no que as comunidades autónomas contaron con estes fondos,  a Xunta recibiu 725.000 euros, cos que se puxeron en marcha accións para case 1.300 menores e proporcionáronse preto de 700 Axudas de inclusión social (AIS), destinadas especialmente para persoas en situación de especial vulnerabilidade con menores a cargo.

 

Pola súa banda, os 2,4 millóns consignados para este exercicio dedicaranse fundamentalmente a: atención de necesidades básicas de familias con menores a cargo a través das Axudas de Inclusión Social; proxectos de apoio á conciliación familiar e laboral; e servizos de intervención e apoio familiar.

 

Tamén no eido da inclusión, durante o Consello territorial, abordouse o novo programa do Fondo de Axuda Europea ás persoas máis desfavorecidas (FEAD), que se vai poñer en marcha en colaboración coas entidades do terceiro sector. Neste punto, as comunidades autónomas participarán co Ministerio na coordinación dos axentes sociais do seu territorio para o que se  creará un grupo de traballo que determine os parámetros de reparto deste fondo.

 

Na xuntanza tamén se propuxo a creación dunha Comisión interautonómica de Infancia e Familia, que se constituirá como un grupo de traballo permanente co obxectivo de coordinar e harmonizar as políticas de infancia e familia a nivel nacional.

 

Seis millóns adicionais para servizo de axuda no fogar

Outro dos temas que se abordaron na reunión foi a evolución anual dos datos de dependencia, que segundo considerou Mato, “volven demostrar o gran esforzo que está realizando Galicia para ofrecer unha atención de máxima calidade”.

 

Así, Galicia foi durante 2014 unha das nove comunidades autónomas que incrementou a súa atención neta. Actualmente, a comunidade conta con preto de 40.000 beneficiarios, dos que case o 80% están atendidos a través dun servizo. Grazas a esta cifra, Galicia é a segunda comunidade autónoma cunha maior porcentaxe de servizos.

 

“Pero iso non é suficiente, por iso mantemos o esforzo este ano, no que prevemos aumentar en preto de 2.000 as prestacións de servizo de axuda no fogar, para os que se contará con seis millóns adicionais das arcas autonómicas, acadando así un orzamento total de 46,2 para este recurso de proximidade que, ademais, de moi demandado permitirá con este aumento preto de 700 novas contratacións de persoal sociosanitario”, apuntou.

 

Terceiro sector e voluntariado

No Consello Territorial abordáronse outros temas relevantes, como o anteproxecto da Lei do terceiro sector de acción social. Esta norma ten como obxectivo establecer un marco xurídico común para todas as entidades do eido.

 

O Estado ten admitido catro das alegacións presentadas por Galicia a este texto. Unha delas ten un carácter “especialmente relevante”, salientou Mato, porque ten como obxectivo garantir a salvagarda das competencias autonómicas en materia de servizos sociais.

 

Por último, a conselleira precisou que o anteproxecto da Lei de Voluntariado estatal “segue en esencia o camiño da Lei de Acción Voluntaria de Galicia, aprobada por unanimidade en 2011”. Considerou que ambos textos son “coherentes e complementarios entre si, destinados a actualizar e modernizar o marco normativo da acción voluntaria, e fomentar o seu desenvolvemento e crecemento”.

 

Mato valorou que unha das “grandes vantaxes” da Lei autonómica é que recolle a certificación das accións voluntarias, para incorporalas ao currículo e mellorar a empregabilidade. A Lei Estatal, pola súa banda, deriva esta certificación a un desenvolvemento regulamentario posterior, polo que a Xunta instou ao Goberno central a realizar este desenvolvemento no menor prazo posible, “porque conleva unha gran vantaxe para os voluntarios”.

 

CONCELLO DE VIGO-INVITACIÓN INAUGURACIÓN MOSTRARTE MARZO 2015

O alcalde de Vigo Abel Caballero Álvarez comprácese en convidar a vostede á inauguración da exposición “Subordinadas Realidades” dos artistas Antonio Porto e Marco Santos que, dentro do ciclo “Mostrarte”, terá lugar na Alcaldía do Concello de Vigo o mércores 11 de marzo ás 11.30 h.20150227160441838_0004 20150227202424617_0001

MEDIO AMBIENTE LICITA POR CASE 840.000 EUROS AS OBRAS DA NOVA FASE DA TRAVESÍA DE SABARÍS NO CONCELLO DE BAIONA

Este proxecto, enmarcado dentro do Plan Hurbe, é froito dun convenio asinado entre Xunta e Concello de Baiona

  • Estes traballos melloran o estado actual da rúa Areas, dende a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira
  • O proxecto emendará as deficiencias detectadas nas redes de saneamento, pluviais e fecais desta zona, creando tamén un espazo de calidade para os veciños
  • O proxecto prevé unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano

Santiago, 4 de marzo de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita hoxe no Diario Oficial de Galicia as obras de humanización da nova fase da Travesía interior de Sabarís, no Concello de Baiona, por un importe total de 839.768,62 euros.

Coa licitación de hoxe dáse cumprimento ao compromiso anunciado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, nunha visita ao Concello e mantense a previsión de iniciar as obras nesta mesma primavera, para que estean rematadas dentro do ano 2015.

Esta nova fase desta actuación, que está enmarcada dentro do Plan Hurbe, consistirá na adecuación da rúa Areas, dende a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira.

O ámbito desta actuación mellorará uns 400 metros, o que a fará máis accesible para os peóns e, ademais, mantén as prazas de aparcamento, co que se consigue comodidade tamén para os vehículos. A necesidade de intervención nesa zona vén dada porque existen varias deficiencias nas redes de saneamento, pluviais e fecais. O proxecto emendará un problema ambiental e de salubridade publica, á vez que se propón a creación dun espazo de calidade para os veciños de Sabarís.

 

O proxecto prevé unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano. Tamén se procederá a unha reordenación do tráfico rodado e peonil a un só nivel, coa eliminación de barreiras arquitectónicas, creando unha banda de circulación nun só sentido e outra banda funcional, que aloxará todo o paquete de equipamentos urbanos que se consideran precisos. O resto da sección de rúa estrutúrase como unha plataforma peonil na que se incorporan novos elementos de mobiliario urbano, bancos, arboredo, iluminación e xardinaría.

 

Cómpre recordar que a actuación licitada hoxe por un investimento de case 840.000 euros, se engaden aos 1,26 millóns de euros que xa se investiron na fase I e que permitiron a humanización de máis de 500 metros.

 

As empresas interesadas en participar neste contrato de obra pública, dispoñen ata principios de abril para presentar as súas ofertas polas canles habituais.

 

Senda ciclista

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, anunciaba o pasado luns a licitación das obras para a prolongación do carril bici entre os puntos quilométricos 16+700 e 17+700 na estrada PO-552, no Concello de Baiona.

 

O trazado do carril-bici dun quilómetro de lonxitude discorre entre o punto quilométrico 16+700 (acceso ao Parador) e o 17+700, e dará continuidade ao carril bici xa rematado entre Baiona e A Guarda que finaliza a aproximadamente 350 metros da entrada ao núcleo de Baiona.

 

O importe de licitación é de case 215.000 euros e conta con fondos Feder e beneficiará a unha poboación de máis de 25.000 veciños dos concellos de Baiona, Oia e A Guarda. O prazo de execución dos traballos é de 3 meses, polo que estarán rematas neste verán.

 

Os veteranos indies Niños Mutantes inclúen á UVigo na súa xira El Futuro

Vigo, 4 de marzo de 2015.- Niños Mutantes achégase por primeira vez á programación cultural da Universidade de Vigo para presentar o seu novo traballo, El Futuro (Ernie Producciones, 2014). Este novo disco trátase dunha nova mutación na súa carreira, despois de deixar atrás o desencanto de Náufragos(Ernie Produciones, 2011). Con El Futuro Niños Mutantes desembarca, sen plantexalo, nos sons dos 80, pero sen deixar de mirar cara ao power pop. A actuación de Vigo, mañá no teatro de Cidade Universitaria a partir das 18.30 horas, é unha cita esperada logo de que a banda de Granada cancelase a seu concerto no Festival PortAmérica.

 

Data:     5 de marzo

Hora:    18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:   Teatro da Cidade UniversitariaNIÑOS MUTANTES 2 NIÑOS MUTANTES

PRESENTACIÓN II CERTAME DE RELATOS VIGO HISTÓRICO

A editorial Elvira e a Federación de Comercio “Vigo Histórico” ofrecerán o xoves 5 de marzo (13.00 horas) unha rolda de prensa para informar sobre a convocatoria do II Certame de relatos curtos “Vigo Histórico”. Na rolda de prensa –á que confirmou a súa asistencia o alcalde de Vigo, Abel Caballeroestarán presentes tamén o editor da Editorial Elvira, Xabier Romero; representantes da asociación de comerciantes, do Banco Madrid (patrocinador privado do concurso), e de varios integrantes do xurado. Día: 5 de marzo Hora: 13:00 horas. Lugar: Antiguo edificio do Concello de Vigo (Praza Princesa).

Symphonic of ABBA, un percorrido polos grandes éxitos do grupo sueco, no Teatro Afundación

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro sábado 14 de marzo ás 21.00 h Symphonic of Abba, un espectáculo que reúne 50 artistas sobre o escenario no que se fai un percorrido polos grandes éxitos do grupo sueco. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

PP Noticias

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR INSTANDO Á XUNTA A POTENCIAR A IGUALDADE DA MULLER NO SECTOR DA PESCA

 Balseiro lamenta que socialistas e nacionalistas non apoiaran unha iniciativa que demanda ao Goberno para que, en colaboración constante cos colectivos profesionais de mulleres do mar, deseñen agora as distintas accións a impulsar

  • O acordo demanda que se preste especial atención a integración feminina no sector estrativo e no eido da administración e dirección de empresas pesqueiras
  • Os populares sinalan que o novo Fondo Marítimo e da Pesca, en vigor para os vindeiros sete anos, pode servir para financiar as accións a executar.
  • O PPDEG ASEGURA QUE O PSOE “NON ESTÁ EN DISPOSICIÓN DE DAR LECCIÓNS SOBRE COMO MELLORAR O REPARTO DAS POSIBILIDADES DE PESCA DA XARDA”

     O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, sinala que a Xunta traballa para mellorar as posibilidades de pesca para o conxunto da flota galega, incluído o cerco, que veu aumentada a súa cota un 52% desde 2009 nas principais especies obxectivo (xurelo, xarda e anchoa)

    • Lembra que co PSOE no Goberno aplicáronse os criterios históricos sen correccións de tripulantes e que o Goberno socialista foi o máximo responsable das sancións por sobrepesca que ano a ano, ata 2023, recortan a cota dispoñible de xarda.
    • O PPDEG DEMANDARÁ NO PLENO A APLICACIÓN DA REDUCIÓN NO IMPOSTO DE SUCESIÓN POR TRANSMISIÓN MORTIS CAUSA DAS VIVENDAS HABITUAIS QUE AS PERSOAS MAIORES DEIXAN PARA SER ATENDIDAS

       Tamén solicitará ao Goberno galego actuacións en relación co acoso, abuso sexual e discriminación da muller no deporte

      • O Pleno inclúe o debate para a admisión do proxecto de Lei de Emprego Público e da iniciativa lexislativa popular para a mellora da calidade do ensino en Galicia, ademais da comparecencia do novo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
      • O portavoz popular saudou a visita de ministros a Galicia, porque “supoño que a oposición non está falando de evitar que veñan membros do Goberno de España a explicar a súa xestión, cando son favorables para Galicia e por iso foron criticadas e reprochadas por algún partido nacionalista tamén representado no Congreso”.

valoración sentenza Xurxo – Asemblea Aberta Coia

Con data 02/03/2015 foinos notificada a sentenza ditada polo Xulgado do Penal nº 2 de Vigo que resolve o procedemento penal aberto a Xurxo, compañeiro da Asemblea Aberta de Coia, pola suposta agresión a un axente da Policía Local de Vigo.

Dende a Asemblea queremos facer pública a nosa decepción e rexeitamento perante unha sentenza que finalmente condena a Xurxo como autor dun delito de resistencia, e outro de lesións, impoñéndolle 6 meses de prisión por cada un deles.

Para fundamentar dita condena, a xulgadora valora, única e exclusivamente, a declaración prestada no acto do xuízo polo axente denunciante e os seus compañeiros, considerando ditas testemuñas proba de cargo suficiente, sen entrar a analizar, ne tan sequera mencionar, as múltiples contradicións e ambigüidades vertidas polos axentes no plenario, que foron postas de manifesto pola defensa.

A xuíza non fala da falla de concordancia da versión do axente denunciante coas imaxes das gravacións que foron reproducidas na vista, nin das contradicións presentes no relato da sucesión dos feitos nas declaracións dos axentes.Tampouco entra a valorar a declaración das catro testemuñas propostas pola defensa, testemuñas directos dos feitos, que desvirtúan a declaración dos axentes, e que a sentenza nin tan sequera menciona.A fundamentación da condena se centra como argumento único na presunción de veracidade da declaración dos axentes da autoridade, deducindo de forma xenérica e automática unha credibilidade e verosimilitude que quedou desmantelada por medio da proba gráfica e testemuñal practicada a instancias da defensa.Desta forma, da por boa a versión do axente denunciante, sen maiores xuízos nen valoracións. Maila iso, rebaixa a petición inicial do Ministerio Fiscal, mudando o delito de atentado (que supón agresión directa ó axente) por un delito de resistencia, argumentado que a suposta conduta de Xurxo foi consecuencia da previa actuación policial, e froito do desaloxo da rotonda, e de escasa gravidade.Como non podía ser de outra forma, vaise interpoñer recurso de apelación, aportando, perante a Audiencia, a gravación do acto da vista co fin de por de manifesto a indefensión que provoca unha resolución xudicial que non entra a valorar a totalidade da proba practicada, cinguíndose a dar por boa, sen máis a testemuña dos axentes, polo mero feito de ser policías.A sentenza condena tamén a XURXO a aboar ó policía unha indemnización de 1.135 Euros. Cantidade que, de ter que ser aboada finalmente, sufragaremos entre tódalas compañeiras da Asemblea Aberta de Coia, porque XURXO SOMOS TODAS!! Porque temos a constancia de que Xurxo é inocente. Porque todas somos vítimas da represión institucional autoritaria. Porque todas somos obxecto das mentiras policiais intencionadas e descaradas.Porque, en definitiva, esta condena non é máis que unha das manifestacións máis graves e represivas da persecución pública de todas aquelas que desobedecemos ó sistema e loitamos polos dereitos sociais.

A XUNTA, O PORTO DE VIGO E O CONSORCIO DE ZONA FRANCA DESBLOQUEAN O PROXECTO DA PLATAFORMA LOXÍSTICA DE SALVATERRA-AS NEVES COA REPOSICIÓN DO RÉXIME DE CONDOMINIO, QUE PERMITIRÁ INICIAR AS OBRAS ESTE ANO

A ministra de Fomento, Ana Pastor, presidiu esta tarde a sinatura do acordo por parte de Ethel Vázquez, Ignacio López-Chaves e Teresa Pedrosa

  • Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca asinan o convenio de volta ao réxime de condominio na Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra –As Neves
  • A firma deste acordo permitirá comezar este ano as obras para a execución dos sistemas xerais, obras de movementos de terras, explanación, pavimentación, drenaxe de augas, captación e tratamento, así como a conexión eléctrica e outras, que suporán un investimento total de arredor de 36 millóns de euros
  • A Conselleira Éthel Vázquez destacou que a colaboración entre as tres administracións implicadas está a permitir impulsar unha infraestrutura clave para o desenvolvemento futuro de Vigo e de toda Galicia, que está chamada a converterse no nodo loxístico intermodal de referencia no sur da comunidade”

Madrid, 3 de marzo de 2015.- A Xunta de Galicia, O Porto de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo desbloquearon hoxe o proxecto da plataforma loxística de Salvaterra-As Neves coa sinatura  do convenio de volta ao réxime de condominio. A ministra de Fomento, Ana Pastor, presidiu esta tarde a sinatura do acordo por parte de Ethel Vázquez, Ignacio López-Chaves e Teresa Pedrosa.

A firma deste acordo permitirá comezar este ano as obras para a execución dos sistemas xerais, obras de movementos de terras, explanación, pavimentación, drenaxe de augas, captación e tratamento, así como a conexión eléctrica e outras, que suporán un investimento total de arredor de 36 millóns de euros.

Segundo destacou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a colaboración entre as tres administracións implicadas está a permitir impulsar unha infraestrutura clave para o desenvolvemento futuro de Vigo, pero tamén para o de toda Galicia, que está chamada a converterse no nodo loxístico intermodal de referencia no sur da comunidade”.

Grazas ao convenio asinado hoxe, esta plataforma loxística volverá ser un proxecto participado polas tres administracións implicadas no seu desenvolvemento: o Instituto Galego de Vivenda e Solo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

A distribución da participación de cada un dos tres organismos volverá a ser a prevista antes de que o anterior Goberno galego decidise resolver o réxime de condominio, e que na práctica supuxo deixar á Zona Franca fóra do proxecto. Deste xeito, as porcentaxes de participación volven ser as seguintes: Autoridade Portuaria de Vigo: 60,580 %, IGVS: 18,295% e  Consorcio da Zona Franca de Vigo: 21,125 %.

Cabe destacar que a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou os accesos viarios ao polígono, cun  investimento de máis de 20 millóns de euros nunha vía de altas prestacións de 4,5 km de lonxitude que conecta a autovía A-52 coa plataforma loxística.

A Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves concíbese como un complexo multifuncional disposto sobre un ámbito territorial dunhas 300 Ha, situado estratexicamente entre os municipios de Salvaterra e Ás Neves, no eixe vertebrador de desenvolvemento da costa Atlántica da Península Ibérica e que está conectado coa autovía A-52 e en co Eixe da liña ferroviaria Ourense-Vigo.

A colaboración que se establece entre as tres entidades (Xunta de Galicia, Ministerio de Fomento e Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) dotará o sur da provincia de Pontevedra de solo loxístico e industrial, e facilitará a súa actividade económica e produtiva impulsando, ao mesmo tempo, a actividade e os tráficos do Porto de Vigo

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo inagura el Programa Ministerial del Mobile World Congress

  • El secretario de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información, Víctor Calvo- Sotelo ha inaugurado el Programa Ministerial 2015 en el Mobile World Congress.
  • El Ministerio de Industria, Energía y Turismo fortalece las relaciones internacionales durante el MWC y apoya a las empresas españolas a través del pabellón de España

03.03.15. El secretario de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información, Víctor Calvo-Sotelo, ha inaugurado esta mañana el Programa Ministerial 2015 del Mobile World Congress de Barcelona.

El contenido del Programa Ministerial de 2015 se centra en el núcleo innovador del sector móvil, así como en los elementos políticos y reguladores que facilitan que la      innovación prospere. Mientras las compañías se esfuerzan por conseguir el éxito comercial y una ventaja competitiva, la sociedad se beneficia de nuevos productos y servicios y de una mayor libertad de elección.

Durante su intervención, el secretario de Estado ha destacado que el Programa Ministerial se está consolidando como el evento de discusión de políticas públicas en torno a la industria móvil más relevante del mundo.

La tecnología móvil cobra cada año mayor importancia. Este crecimiento impulsa la inversión en redes para obtener mayores prestaciones y ha creado un ecosistema móvil para intercambios sociales y económicos, fuente de innovación y emprendimiento para el siglo XXI.

Víctor Calvo-Sotelo ha subrayado que la industria móvil, según GSMA, ha creado más de 13 millones de empleos a nivel mundial y más de 11 millones de empleos indirectos, contribuyendo en un 3,8% al PIB mundial. Se espera que estas cifras continúen creciendo y creando empleo de calidad.

Durante su intervención, también ha destacado que en 2015 el Gobierno continuará desarrollando la Agenda Digital para España, con el foco puesto en I+D, la extensión de la banda ancha y el impulso de la transformación digital en las pequeñas y medianas empresas. Además, se apostará por las ciudades inteligentes y la industria 4.0.

El secretario de Estado ha explicado también que no podemos olvidar que estamos ante un mercado global y que las acciones que hay que llevar a cabo se desarrollan en un mercado supra-regional, donde Europa juega un papel protagonista. La Unión Europea tiene por delante la tarea de completar la regulación del Mercado Único Digital. Europa no debe actuar sola, sino con la coordinación de otras economías, dado que la economía digital en la actualidad es global. La posición de España en este contexto europeo se puede visitar en el portal spanishdigitalposition.gob.es.

Durante estos días, el Gobierno de España tiene como objetivo fortalecer las relaciones internacionales y se reúne con sus homólogos de otros países, como Francia o Reino Unido. Además, se están produciendo encuentros con líderes de instituciones europeas, entre los que figuran el comisario europeo para la Sociedad y Economía Digital, Günther Oettinger, y el vicepresidente del Mercado Único Digital de la Comisión Europea, Andrus Ansip, así como con el embajador Sepúlveda, coordinador internacional de Telecomunicaciones y Políticas de la Información del Departamento de Estado de Estados Unidos, y el secretario general de la  Unión Internacional de Telecomunicaciones, Houlin Zhao, entre otros.

 

Ministerio de Industria, Energía y Turismo en el MWC

España organiza este evento de relevancia mundial gracias a la apuesta económica, el compromiso y el esfuerzo del Ayuntamiento de Barcelona, de la Generalitat de Cataluña y del Ministerio de Industria, Energía y Turismo, fruto del cual se creó la Fundación Mobile World Capital.

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo da soporte institucional a las empresas españolas a través del Pabellón de España e impulsa que pongan en valor su talento, que internacionalicen sus productos y que atraigan inversores.

El pabellón de España en el MWC abarca una superficie de 650 metros cuadrados. Está dividido en dos áreas: una zona de stands y un segundo espacio para networking y presentaciones de alto nivel. Su interior alberga 40 expositores de compañías españolas, mientras que otras 20 empresas participan a través de actividades, presencia de profesionales o eventos en el área multiempresarial.

Las compañías del pabellón representan a una amplia variedad de subsectores de la industria móvil (telecomunicaciones, soluciones móviles, seguridad, software, contenidos, aplicaciones, etcétera) y son un ejemplo de una industria tecnológica nacional dinámica, moderna y sostenible, enfocada a la innovación y la internacionalización.