GALICIA RECIBIRÁ 2,4 MILLÓNS DE EUROS DE FONDOS ADICIONAIS PARA PROXECTOS SOCIAIS DE APOIO Á FAMILIA E INFANCIA EN SITUACIÓNS DE ESPECIAL VULNERABILIDADE

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Madrid no Consello territorial de servizos sociais e do sistema para a autonomía e atención á imagedependencia
  • Este incremento, que converte a Galicia na quinta comunidade autónoma que máis orzamento recibe, débese a que os novos criterios de reparto inclúen a poboación e a dispersión, tal e como tiña demandado a Xunta o pasado ano
  • Este orzamento destinarase á atención a necesidades básicas de familias que se atopen en situacións de risco de pobreza, á conciliación familiar e laboral, e á intervención e apoio familiar
  • En materia de dependencia, Mato destacou que Galicia foi unha das nove comunidades autónomas que en 2014 incrementou a súa atención neta
  • Mato anunciou que a Xunta incrementará nestes próximos días as horas de axuda no fogar a disposición dos concellos, o que permitirá dar de alta no sistema preto de 2.000 novos beneficiarios, grazas a un esforzo orzamentario adicional de seis millóns máis
  • Na xuntanza tamén se abordou a Lei de Voluntariado do Estado, a do Terceiro Sector de Acción Social, ou a creación dunha Comisión interautonómica de infancia e familia

 

Madrid, 4 de marzo de 2015.- Galicia recibirá este ano un total de 2,4 millóns de euros  adicionais a través do fondo para proxectos sociais de apoio á familia e infancia en situación de especial vulnerabilidade. Esta cifra supón tres veces máis do que percibiu polo mesmo concepto o ano pasado, o primeiro exercicio no que se estableceu por parte do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais un fondo específico para os fogares con menores en situación de risco de pobreza.

 

Tras a reunión do Consello territorial de servizos sociais e do sistema para a autonomía e atención á dependencia, a titular de Benestar, Beatriz Mato, salientou que este incremento  débese nunha parte a que os novos criterios de reparto inclúen, ademais dos indicadores de pobreza, a poboación e a dispersión poboacional, entre outros factores, tal e como tiña demandado esta comunidade autónoma. Con estas cifras, Galicia convértese na quinta comunidade autónoma que máis orzamento recibe, e tamén na quinta na que máis se incrementou a contía.

 

En 2014, o primeiro ano no que as comunidades autónomas contaron con estes fondos,  a Xunta recibiu 725.000 euros, cos que se puxeron en marcha accións para case 1.300 menores e proporcionáronse preto de 700 Axudas de inclusión social (AIS), destinadas especialmente para persoas en situación de especial vulnerabilidade con menores a cargo.

 

Pola súa banda, os 2,4 millóns consignados para este exercicio dedicaranse fundamentalmente a: atención de necesidades básicas de familias con menores a cargo a través das Axudas de Inclusión Social; proxectos de apoio á conciliación familiar e laboral; e servizos de intervención e apoio familiar.

 

Tamén no eido da inclusión, durante o Consello territorial, abordouse o novo programa do Fondo de Axuda Europea ás persoas máis desfavorecidas (FEAD), que se vai poñer en marcha en colaboración coas entidades do terceiro sector. Neste punto, as comunidades autónomas participarán co Ministerio na coordinación dos axentes sociais do seu territorio para o que se  creará un grupo de traballo que determine os parámetros de reparto deste fondo.

 

Na xuntanza tamén se propuxo a creación dunha Comisión interautonómica de Infancia e Familia, que se constituirá como un grupo de traballo permanente co obxectivo de coordinar e harmonizar as políticas de infancia e familia a nivel nacional.

 

Seis millóns adicionais para servizo de axuda no fogar

Outro dos temas que se abordaron na reunión foi a evolución anual dos datos de dependencia, que segundo considerou Mato, “volven demostrar o gran esforzo que está realizando Galicia para ofrecer unha atención de máxima calidade”.

 

Así, Galicia foi durante 2014 unha das nove comunidades autónomas que incrementou a súa atención neta. Actualmente, a comunidade conta con preto de 40.000 beneficiarios, dos que case o 80% están atendidos a través dun servizo. Grazas a esta cifra, Galicia é a segunda comunidade autónoma cunha maior porcentaxe de servizos.

 

“Pero iso non é suficiente, por iso mantemos o esforzo este ano, no que prevemos aumentar en preto de 2.000 as prestacións de servizo de axuda no fogar, para os que se contará con seis millóns adicionais das arcas autonómicas, acadando así un orzamento total de 46,2 para este recurso de proximidade que, ademais, de moi demandado permitirá con este aumento preto de 700 novas contratacións de persoal sociosanitario”, apuntou.

 

Terceiro sector e voluntariado

No Consello Territorial abordáronse outros temas relevantes, como o anteproxecto da Lei do terceiro sector de acción social. Esta norma ten como obxectivo establecer un marco xurídico común para todas as entidades do eido.

 

O Estado ten admitido catro das alegacións presentadas por Galicia a este texto. Unha delas ten un carácter “especialmente relevante”, salientou Mato, porque ten como obxectivo garantir a salvagarda das competencias autonómicas en materia de servizos sociais.

 

Por último, a conselleira precisou que o anteproxecto da Lei de Voluntariado estatal “segue en esencia o camiño da Lei de Acción Voluntaria de Galicia, aprobada por unanimidade en 2011”. Considerou que ambos textos son “coherentes e complementarios entre si, destinados a actualizar e modernizar o marco normativo da acción voluntaria, e fomentar o seu desenvolvemento e crecemento”.

 

Mato valorou que unha das “grandes vantaxes” da Lei autonómica é que recolle a certificación das accións voluntarias, para incorporalas ao currículo e mellorar a empregabilidade. A Lei Estatal, pola súa banda, deriva esta certificación a un desenvolvemento regulamentario posterior, polo que a Xunta instou ao Goberno central a realizar este desenvolvemento no menor prazo posible, “porque conleva unha gran vantaxe para os voluntarios”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: