XUVENTUDE INICIA MAÑÁ EN TOMIÑO O PROGRAMA ‘INCUBADORA DE PROXECTOS’ PARA POTENCIAR O TALENTO E LIDERADO XUVENIL

  • O obxectivo da iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar é mellorar as competencias e destrezas da mocidade galega na execución de proxectos
  • Ata o mes de maio desenvolveranse 118 incubadoras, 38 en concellos e 80 en facultades
  • Nos foros facilitarase información sobre os programas Erasmus +, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa

 

Santiago, 4 de marzo de 2015.– A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, inicia mañá no concello de Tomiño o programa ‘Incubadora de Proxectos’, que pretende ser unha ferramenta de traballo enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas, no marco de programas de educación non formal, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.

 

Estas iniciativas tamén pretenden potenciar o talento e o liderado xuvenil, xa que están dirixidos tanto a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos municipais, axentes de desenvolvemento local, concelleiros de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, estudantes e, en xeral, a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil. En total, desenvolveranse ata o mes de maio 118 incubadoras, 38 delas en concellos e 80 en facultades.

 

Polo tanto, estes foros nacen co obxectivo de difundir entre a mocidade a información e as ferramentas para poder levar a cabo o desenvolvemento e execución de proxectos de participación xuvenil de calidade. Constitúen unha ferramenta de traballo sobre proxectos de participación, polo que están enfocados principalmente a entidades de carácter xuvenil ou mozos e mozas xa decididos a presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove ou outros similares.

 

Ademais, estes obradoiros buscan a consolidación dos programas de participación xuvenil como actividades de aprendizaxe non formal que permiten aos participantes desenvolver as súas capacidades, creatividade e espírito emprendedor, involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos.

 

Nos foros facilitarase información sobre os programas Erasmus +, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa. O primeiro deles, da Comisión Europea, reflicte tres liñas diferenciadas de actuación e financiamento: proxectos de mobilidade; actividades que fomenten a colaboración entre institucións e organizacións xuvenís co mundo laboral; e actividades de apoio ao dialogo entre os mozos e os sistemas educativos, formativos e as institucións democráticas.

 

Os outros tres programas parten de ordes de axudas da Consellería de Traballo e Benestar, que se publicarán aos longo dos meses de marzo e abril; Iniciativa Xove  permite sufragar aqueles proxectos protagonizados e impulsados polos mozos e mozas galegos, tanto a través de asociacións formalmente constituídas como de grupos informais de mozos e mozas.

 

O Voluntariado Xuvenil apoia a incorporación de mozos e mozas como voluntarios a proxectos desenvolvidos, tanto por entidades como por concellos, apostando polo compromiso social directo da mocidade. Os participantes recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida.

 

Por último, Galeuropa é un programa de mobilidade que permite aos novos titulados universitarios ou de formación profesional realizar prácticas formativas en empresas doutros países.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: