Archive | marzo 6, 2015

A XUNTA LEMBRA QUE OS VIGUESES SE BENEFICIARÁN DOS DESCONTOS NAS VIAXES INTERURBANAS GRAZAS AO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO ASINADO ENTRE O GOBERNO AUTONÓMICO E 12 CONCELLOS

  • 1Este desconto podería ser maior se Vigo estivese dentro do Plan de Transporte Metropolitano xa que os desprazamentos urbanos serían gratuítos.
  • Insistiu en que os vigueses e as viguesas poderán solicitar a tarxeta do TMG para poder obter descontos nos desprazamentos interurbanos que poderán ser superiores para os usuarios frecuentes ou as familias numerosas.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo hoxe un encontro coa presidenta e membros da xunta directiva da Federación Veciñal de Vigo para tratar sobre a implantación do Plan de Transporte Metropolitano.
  • Bravo Bosch sinalou que unha achega tope non é posible porque equivalería a poñer un tope de beneficiarios ao Plan de Transporte Metropolitano.

 

Vigo, 06 de marzo de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo hoxe un encontro coa presidenta e membros da xunta directiva da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (Favec), María Pérez, Manuel Rodríguez e Manuel Guerra, para tratar sobre a implantación do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo tras a firma dos convenios entre a Xunta e 12 concellos da área.

 

No transcurso do encontro, a delegada lembroulles que os vigueses e as viguesas poderán solicitar a súa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG) e así beneficiarse dos mesmos descontos que o resto de cidadáns da comarca no que se refire aos seus desprazamentos interurbanos. É máis, este desconto será superior para os usuarios frecuentes (15% máis) ou para as familias numerosas (ata un 50% máis de bonificación).

 

Ademais, no que insistiu Bravo Bosch foi no feito de que os vigueses e as viguesas poderían ter un desconto aínda maior se o Concello de Vigo formase parte do Plan de Transporte Metropolitano xa que estarían incluídos os desprazamentos urbanos e, así, a bonificación desta viaxe, que sería totalmente gratuíta para os veciños e as veciñas.

 

Por poñer un exemplo, un cidadán de Vigo que traballe no Porriño terá o seu desconto no desprazamento interurbano –pasará de pagar 1,64 euros a 0,85 euros-, pero non poderá optar á viaxe gratuíta no urbano se necesitase desprazarse pola cidade a bordo do Vitrasa. “Poderíamos ter descontos medios de 600 euros ao ano nos desprazamentos interurbanos e os vigueses e as viguesas poderían chegar a ter aforros de ata 400 euros máis ao ano”, especificou a delegada.

 

A Xunta de Galicia achega así o 80% do investimento -9,2 millóns de euros- e os concellos o 20% restante para a implantación do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. “O que queremos é facilitar as viaxes entre a gran área metropolitana que temos en Vigo”, dixo a delegada, quen lembrou que unha achega tope non é posible porque equivalería a poñer un tope de beneficiarios ao Plan de Transporte Metropolitano.

 

Por último, a delegada lembrou que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia vai máis alá de “cores políticas” explicando que tanto na Coruña, Santiago, Lugo e Ferrol a actual Xunta de Galicia asinou o TMG con alcaldes socialistas, é dicir, Javier Losada, José Antonio Sánchez Bugallo, José López Orozco e Vicente Irisarri, respectivamente.

 

 

 

 

SER MUJER Y NO MORIR EN EL INTENTO.

984278_10205304175956992_5894227325533490496_n
Desde hace muchos años conocemos ese día tan especial que nos dedican a la mujeres en general, si en general a la trabajadora, madre, abuela, estudiante, emprendedora etc. Lo que en verdad no tiene un interés en forma global, ya que creemos que este indicio de celebrar queda solo en ese aspecto, durante los 365 días del año, la mujer sigue bregando en el día a día con diferentes necesidades y lamentablemente sin ninguna consideración por el sistema que nos limita a cobrar menos en puestos desempeñados igual que un hombre, a no facilitarnos la conciliación familiar, a sentir las miradas del bullying en los centros de educación y el trabajo, a vivir la familia con desesperación, cuando se carece de recursos económicos para llegar a fin de mes. Existe un sinfín de razones para seguir mencionando que la mujer de hoy, sigue siendo la de ayer, quizás se ha logrado ciertos puntos como el del voto y el de decidir por una misma en temas fisiológicas, pero acaso eso es suficiente?? . La mujer que ha luchado y sigue siendo el principal eje de la familia y el entorno social, aún tiene que estar manifestándose para conseguir lo que realmente se le siente denegado y le corresponde por derecho. Me quito el sombrero por la mujer del rural, del mar y la urbanita, ellas han sido el motor de la economía y la educación de los hij@s, lo seguirán siendo pese a sus frustraciones y limitaciones. Ellas que aún en su mayoría no tuvieron oportunidad de acceder a unos estudios básicos, una oportunidad de ubicarse en el mundo laboral, cada jornada en su vida cotidiana, suspiran porque se rompan las barreras de la desigualdad en todos los aspectos. Solo me atrevo a decirles que al igual que ellas también busco ese futuro donde no se cierren las puertas a seguir progresando, sin término de edad, discapacidad, nacionalidad, sexualidad etc. Me aúno con mis congéneres en un abrazo cordial. Sigamos luchando!!!!

Martha Arteaga Granados

CONVOCADO O CONCURSO DE VENDA DE SOLO EMPRESARIAL EN MOS, PONTE CALDELAS, ARTEIXO E SANTIAGO CON BONIFICACIÓNS DO 30 % DO PREZO

As propostas poderán presentarse dende hoxe ata o vindeiro 6 de abril

Co 30 % de bonificación venderanse ata 100.000 metros cadrados no conxunto dos catro parques empresariais, propiedade de Xestur

  • En abril o IGVS convocará concurso público para a venda de solo nos parques da súa propiedade, con bonificacións de ata o 50 % e unha oferta de preto de 470.000 metros

Santiago, 6 marzo de 2015.- A empresa pública Xestur aplicará bonificacións do 30 % nas parcelas dos parques empresariais de A Veigadaña (Mos), A Reigosa (Ponte Caldelas), Morás (Arteixo) e A Sionlla (Santiago de Compostela), segundo establece o concurso público de venda convocado hoxe e no que se poderán presentar ofertas ata o próximo seis de abril.

As bonificacións do 30 % aplicaranse sobre os prezos das parcelas anteriores ao concurso convocado no pasado mes de xaneiro, en que neste parques a bonificación aplicada foi do 15 %.

O 30 % de bonificación do novo concurso aplicarase sobre un máximo de 100.000 metros cadrados no conxunto dos catro parques empresariais. Unha vez acadada a venda desa superficie a bonificación volverá a ser do 15 %.

O número de parcelas e superficie total sobre a que se pode aplicar a bonificación do 30 % (co límite indicado dun máximo de 100.000 metros cadrados) é o seguinte:

 

A Reigosa (Ponte Caldelas) 20 155.781,19
A Veigadaña (Mos) 30 168.854,00
A Sionlla (Santiago de Compostela) 111 470.176,00
Morás (Arteixo) 50 375.497,00

 

Na primeira fase do concurso de venda de solo empresarial bonificado de Xestur vendéronse preto de 200.000 metros cadrados de superficie nas catro provincias galegas.

 

Os adxudicatarios comprométense a construír as súas instalacións e obter licenza de actividade nun período de tres anos, polo que a adxudicación de solo suporá unha importante achega á economía da zona. Así, cos resultados da primeira fase de venda prevese un investimento de 105 millóns de euros e a creación de 3.500 empregos directos e indirectos.

 

En total presentáronse ao concurso 68 ofertas por un total de 90 parcelas emprazadas en 20

parques empresariais das catro provincias galegas.

 

Pola súa parte, o IGVS sacará a concurso bonificado o solo da súa propiedade en abril, sendo preto de 470.000 metros cadrados, con bonificacións de ata o 50 %.

 

BENESTAR INCREMENTA NUN 25% O ORZAMENTO DOS PROGRAMAS DE EDUCACIÓN NON FORMAL, QUE CHEGARÁN A 4.000 MOZOS E MOZAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago a xornada “A educación non formal e garantía xuvenil desde o ámbito local”
  • Os 2,5 millóns de euros que se investirán este ano nestas iniciativas permitirán beneficiar a un 53% máis de participantes que o ano pasado
  • En 2015 incorpórase como novidade o programa “Deseñando o teu futuro”, para os rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos que queiran achegarse á realidade laboral antes de iniciar os seus estudos
  • A Xunta está xa a traballar na orde que regulará a expedición de certificados oficiais que acrediten as experiencias en educación non formal
  • Xuventude e a Universidade de Santiago (USC) elaborarán un estudo para cuantificar o efecto positivo que se deriva de participar neste tipo de actuacións

 

Santiago, 6 de marzo de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar incrementa este ano nun 25 por cento o orzamento destinado aos programas de educación non formal, ata chegar aos 2,5 millóns de euros, o que permitirá beneficiar a 4.000 mozos e mozas, un 53% máis que en 2014.

 

Así o salientou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que inaugurou hoxe en Santiago a xornada “A educación non formal e garantía xuvenil desde o ámbito local”. “Trátase de experiencias que axudan ao crecemento e desenvolvemento persoal dos mozos, porque hai valores que non se aprenden con temarios, exames ou cualificacións como a creatividade, a iniciativa, o espírito emprendedor, o traballo en equipo, a toma de decisión, a capacidade comunicativa, ou a solidariedade”, explicou.

 

Neste sentido, avanzou que estes valores son “moi apreciados” polas empresas á hora de contratar novos traballadores. De feito, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración co departamento autonómico, ten previsto elaborar un estudo que cuantifique o efecto positivo que os programas de educación non formal achegan aos mozos e mozas.

 

O estudo vaise centrar, fundamentalmente, en tres programas impulsados desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: Galeuropa, Iniciativa Xove e Servizo de Voluntariado Xuvenil.

 

Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional que permitirá que 500 mozos e mozas galegos realicen este ano prácticas laborais no estranxeiro, un 55% máis que en 2014. Iniciativa Xove, pola súa banda, é un programa de participación xuvenil, dotado de 550.000 euros en 2015, que financiará uns 150 proxectos nos que participarán 700 persoas. Por último, o Servizo de Voluntariado Xuvenil –que contará con 500.000 euros este ano- promove a incorporación de menores de 30 anos a programas de voluntariado e permite, posteriormente, que as súas accións sexan incorporadas ao Rexistro de acción voluntaria de Galicia e reciban un certificado oficial.

 

Cabe destacar que, ademais destes programas, este ano incorpórase como novidade “Deseñando o teu futuro”, unha iniciativa que ofrece aos mozos de entre 14 e 18 anos a posibilidade de coñecer a realidade laboral da profesión que queren escoller antes de iniciar os seus resultados. Beneficiará a unhas 750 persoas este ano.

 

Durante este exercicio tamén se seguirán desenvolvendo outros programas como o Xuventude Crea, os campos de traballo, ou o Erasmus Plus.

 

Mato avanzou, ademais, que a Xunta está xa a traballar na orde que regulará a expedición de certificacións oficiais das experiencias, competencias e habilidades adquiridas adquiridas nos programas de educación non formal, ao igual que xa se está a realizar en materia de voluntariado. “Deste xeito Galicia converterase na primeira administración de todo o Estado que valida de forma oficial a participación neste programas”, apuntou.

 

Emprego xuvenil

Durante a súa intervención, a conselleira explicou tamén as iniciativas que ten impulsado o departamento en materia de emprego xuvenil. Destacou especialmente o recentemente presentado programa de Garantía Xuvenil, destinado aos menores de 25 anos. Conta cun orzamento total de 49 millóns de euros, distribuído en nove medidas específicas.

 

Este programa complétase co Plan de Emprego Xuvenil, posto en marcha xa o ano pasado polo Goberno galego, e que conta con 100 millóns de euros. “Isto quere dicir que en menos dun ano temos posto en marcha medidas por valor de 150 millóns de euros para favorecer a empregabilidade dos mozos e mozas galegos”, rematou Mato.

 

GALICIA E A MACRORREXIÓN DO SUROESTE DE EUROPA CELEBRAN EN COIMBRA A PRIMEIRA XUNTANZA DO GRUPO DE TRABALLO SOBRE DEMOGRAFÍA

  • A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, participou na localidade portuguesa na xuntanza ‘Os cambios demográficos e o envellecemento’
  • Na xuntanza acordaron reunirse cunha periodicidade de seis meses para seguir afondando na abordaxe conxunta desta problemática
  • A Macrorrexión RESOE naceu en 2010 como unha iniciativa de cooperación territorial pioneira no sur europeo para gañar máis peso en Europa e aumentar as posibilidades de acceder a fontes de financiamento comunitario
  • Desta Rede forman parte, ademais de Galicia, Castela e León, o norte de Portugal, Asturias e a Rexión Centro de Portugal
  • A Xunta forma parte doutras tres redes ou programas de ámbito europeo e nacional para loitar contra o problema demográfico

 

Santiago, 6 de marzo de 2015.– Galicia e o resto de rexións que forman parte da Macrorrexión do Suroeste de Europa (RESOE) veñen de desenvolver en Coimbra (Portugal) a primeira xuntanza do grupo de traballo para loitar en común contra a problemática demográfica. A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, participou na xuntanza ‘Os cambios demográficos e o envellecemento’ onde se acordou elaborar un memorando conxunto que reflicta os problemas comúns das rexións integradas na RESOE en materia de demografía e de envellecemento, como punto de partida para establecer prioridades estratéxicas comúns.

 

Na reunión, ademais, acordouse traballar na identificación de boas prácticas que permitan unha aprendizaxe mutua entre as rexións, coa finalidade de potenciar a innovación social na loita contra estes problemas, así como continuar reunindo este grupo de traballo cunha periodicidade de seis meses para seguir afondando na abordaxe conxunta nestas cuestións.

 

A Macrorrexión RESOE naceu en 2010 como unha iniciativa de cooperación territorial pioneira no sur do continente europeo para gañar máis peso en Europa, ademais de aumentar as posibilidades de acceder a fontes de financiamento comunitario a través do establecemento de prioridades estratéxicas para o territorio que abrangue. Coa creación de RESOE logrouse un reforzo da alianza político institucional entre Galicia, Castela e León, o Norte de Portugal e, recentemente, Asturias e a Rexión Centro de Portugal. As tarefas de cooperación articúlanse en cinco grupos de traballo: demografía, transporte e loxística, competitividade industrial, turismo e fomento do emprego e de educación e cultura e I+D+I.

 

González lembrou que Galicia forma parte doutras tres redes ou programas de ámbito europeo e nacional para loitar contra o problema demográfico, é dicir, leva traballando desde hai meses en rede con outros territorios e coas institucións comunitarias implicadas na materia, un traballo que se reflicte en varias iniciativas.

 

Así, a Xunta é membro da Rede de Rexións Afectadas polo Cambio Demográfico (http://dcrn.eu/) xunto con outros 40 territorios europeos. Lidera o proxecto europeo Symbios- http://www.proxectossymbios.eu/ (no que participan Irlanda, Portugal, Países Baixos e Finlandia) que busca o intercambio de experiencias e ideas na loita contra o problema demográfico e a exclusión territorial causada pola dispersión. Ademais, participa, xunto con outras cinco rexións españolas, do Foro de rexións con desafíos demográficos (FREDD).

 

Este Foro, entre outros avances conseguidos a través do traballo conxunto destas seis comunidades, acadou que o Goberno central incluíra un obxectivo transversal denominado “cambio demográfico” no Acordo de asociación de España 2014-2020 remitido á Comisión Europea, coa finalidade de reforzar o financiamento comunitario para as estratexias de relevo xeracional.

 

Así mesmo, a Consellería de Traballo e Benestar está a promover varios encontros sobre demografía en Galicia. En novembro de 2013 celebrouse a Xornada Internacional de Sensibilización Demográfica en Santiago e o  21 de marzo o Congreso Internacional de Demografía.

Por último, González lembrou que o Goberno galego aprobou o primeiro Plan de dinamización demográfica de Galicia, que se empezou a executar en abril de 2013, e que constitúe unha “folla de ruta” composta por 69 medidas para facer fronte á problemática da demografía. Actualmente, e en menos de dous anos, xa están a executarse máis do 60 por cento destas actuacións.

Afundación presenta en Vigo El intérprete, unha viaxe musical aos sons das nosas vidas

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o mañá 7 de marzo ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo, a obra musical O intérprete, protagonizada por Asier Etxeandía. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500 e nas sedes de Afundación de Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña, nas billeteiras da Central de Espectáculos de Vigo e no recinto do espectáculo o propio día da función.

Máis de 3200 escolares asistirán en Afundación ao novo espectáculo de Odaiko: Invención

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acollerá desde o vindeiro luns 9 de marzo, ata o xoves 12 de marzo, no Teatro Afundación de Vigo, con funcións ás 10.00 e ás 12.00 h os catro días, a representación da obra Invención por parte da compañía Odaiko Percussion Group. Máis de 3200 escolares procedentes de 66 centros de Vigo e arredores fixeron a súa reserva para asistir a este espectáculo.

Eurocidade Convida a Caminhar entre Portugal e Espanha

RedeTrilhosEurocidadeValença e Tui arrancam, em março, com um ciclo anual de 17 caminhadas programadas, distribuídas pelas duas cidades, no âmbito da Rede de Trilhos Pedestres da Eurocidade. Percursos que prometem proporcionar a descoberta dos encantos naturais e patrimoniais, mais bem guardados, das cidades fronteiriças de Valença e Tui.

A primeira caminhada decorrerá no Trilho Interpretativo da Veiga da Mira, em Valença, sábado, 14 de março e o calendário prolonga-se até 12 de dezembro. Em Valença os trilhos decorrem sempre no segundo sábado de cada mês e em Tui no último domingo do mês.

Percursos circulares à descoberta dos valores patrimoniais, culturais e naturais tem cativado, ano após ano, um numero crescentes de amantes da natureza e do turismo ativo, tornando a Eurocidade uma referência no Noroeste Peninsular.

Todos os percurso são de pequena rota à exceção do Trilho Travessia por Terras da Eurocidade, uma grande rota, que decorrerá em 12 e 13 de setembro.

Um Passaporte de Caminheiro proporcionará a oportunidade de fidelização dos caminheiros, com a informação básica sobre cada trilho.

Para Jorge Salgueiro Mendes, “O turismo de natureza tem atraído, à Eurocidade, um número crescente de aficionados às caminhadas que Valença e Tui tem potenciado com a Ecopista do Rio Minho e uma ampla Rede de Trilhos Pedestres”.

 

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo se centrará en 2015 en aumentar la rentabilidad del mercado alemán

  • Turespaña considerará esta temporada productos prioritarios el turismo de salud, el de naturaleza, el gastronómico, el urbano y el cultural, manteniendo el turismo relacionado con el descanso en zonas de costa como producto preferente.
  • Alemania fue el segundo mercado emisor con mayor gasto turístico realizado en 2014, tras alcanzar los 10.024 millones de euros, un 3% más que en 2013, llegando al 15,9% del gasto total recibido en España.
  • España es el país líder dentro de los destinos mediterráneos, con un 55,5% del total, en la temporada de invierno 2014/ 2015.
  • La presencia española en la ITB es de casi 6.000 m2 y 264 expositores, distribuidos en 10 pabellones. El stand de Turespaña tiene 1.001 m2. 

04.03.15. El Ministerio de Industria, Energía y Turismo centrará su estrategia turística para 2015 en Alemania en incrementar la rentabilidad de este mercado emisor a través de la captación de segmentos distintos al tradicional sol y playa. El Instituto de Turismo de España (Turespaña) considerará esta temporada productos prioritarios en la promoción en este país el turismo de salud, el de naturaleza, el gastronómico, el urbano y el cultural, manteniendo el turismo relacionado con el descanso en zonas de costa como producto preferente ya que atrae al 61% de los viajeros de esta procedencia.

 

Sin embargo, este porcentaje es algo menor con respecto al año turístico anterior, y muestra una tendencia de disminución a largo plazo. Según los datos de Turespaña, crece el consumo de todos los productos turísticos, aunque es destacable el aumento del turismo urbano (la cuota pasa del 6,3% en 2013 al 6,7% en 2014), del turismo rural y de los cruceros. Asimismo, además del sol y playa, los alemanes en sus vacaciones demandan actividades como visitas culturales e históricas, de naturaleza, enogastronomía, actividades acuáticas y senderismo.

 

Así lo ha explicado la secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, que ha participado en diversos actos hoy en la feria alemana ITB 2015, una de las más importantes ferias turísticas del mundo, que en su 49ª edición cuenta con un pabellón de Turespaña de 1.001 m2 y la participación de 264 expositores españoles, distribuidos en 10 pabellones.

 

Durante el encuentro con representantes del sector turístico alemán, éstos han trasladado esta mañana a la secretaria de Estado de Turismo, al embajador de España, Pablo García–Berdoy, y a la directora general de Turespaña, Marta Blanco, que la demanda alemana se mantiene robusta gracias a la buena coyuntura macroeconómica lo que confirma las positivas expectativas del Ministerio de Industria de cara a la temporada turística 2015.

 

Segundo mercado emisor de gasto a España

 

El emisor alemán alcanzó muy buenos resultados en 2014, con 10.422.055 turistas y una variación interanual del 5,7% respecto al año anterior; representó el 16% del total de llegadas internacionales a España, ocupando el tercer lugar, mientras que figuró en segunda posición por el gasto turístico realizado, que fue de 10.024 millones de euros, un 3% más que en 2013, llegando al 15,9% del gasto total recibido en España.

 

El gasto medio por turista alemán fue 962 euros, y el gasto medio diario fue 101,26 euros. Por otra parte, la estancia media de los alemanes en España es de 9,5 noches y figuran en primer lugar en cuanto a la estancia media hotelera, con 7 noches. El 42,4% de los turistas alemanes pernocta entre 4 y 7 noches y el 36,8% lo hace entre 8 y 15 noches.

 

En enero 2015, las 458.105 llegadas de turistas alemanes, significaron un  incremento del 3,3% y un peso en el total del 14,5%, respecto al año anterior. El gasto efectuado, que fue 512 millones de euros, subió un 7,8% y llegó al 15,1% del total.  El gasto medio de los turistas alemanes ese mes ascendió a 1.118 euros, un 4,3% más, mientras el  gasto medio diario, de 116 euros, subió un 9%.

 

Premios a los reportajes de viajes sobre España

 

Esta tarde, a las 18:30, se procederá a la entrega de la 6ª edición de los Spain Tourism Awards en la Embajada de España, que como novedad incorpora la categoría de reconocimiento del mejor agente de viaje formado en el curso e-Learning de Turespaña. El resto de categorías corresponden al “mejor reportaje de viajes sobre España en medios nacionales” y “mejor reportaje de viajes sobre España en medios regionales”. Este año se ha premiado también al “mejor reportaje sobre España” publicado en un blog.

 

El artículo “Hütet ihr den Heiligen Gral?” (¿Guardáis vosotros el Santo Grial?) de Jakob Strobe y Serra ganó el premio nacional,  con  el tema Valencia celebra la “Cuina operta” (la cocina abierta).

 

El artículo “Victor und der Heidelbär” (Víctor y el oso)  de Martin Wein, ganó el premio regional,  que se centra en Asturias, en una zona al norte poco poblada, donde aún viven 250 osos pardos en uno de los últimos grandes bosques de robles de Europa. Allí, un joven hace frente a la crisis en la industria minera con ayuda de los osos.

 

“Formentera: Strände, Salz und Sonne” (Formentera: Playas, sal y sol”) de  Caren Schütt, recibió el premio al “mejor reportaje sobre España” publicado en un blog, que describe como en Formentera los relojes funcionan de otra manera. En el mismo sentido, claro. Y sí, también por segundos. “Pero quien quiera conocer de verdad el discurrir de la isla, debería hacerse un favor y dejar al dictador de pulsera en casa”, dice el artículo.

 

Heike Strohbusch, de la Agencia Travel Overland, ha sido la ganadora del premio convocado por primera vez a la mejor participación en el programa de e-Learning de Turespaña en Alemania. La ganadora ha sido seleccionada por la OET de Frankfurt entre los participantes que han realizado todos los cursos del programa, por haber obtenido las máximas calificaciones.

 

 

 

El ministro de Industria, Energía y Turismo defiende en Bruselas nuevas interconexiones energéticas

  • soria_consejo_energia_050315El impulso de las interconexiones eléctricas supondrá dotar de mayor seguridad, sostenibilidad medioambiental y competitividad al sistema eléctrico europeo.

 

  • El aumento de las interconexiones gasistas tiene un carácter geoestratégico porque reducirá la dependencia del gas ruso.

 

  • Según el ministro de Industria, la reducción de la factura de la energía será mayor cuando se vaya aumentado el grado de interconexiones.

 

05.03.15. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, ha defendido hoy en el Consejo Europeo de Energía celebrado en Bruselas la importancia de aumentar el nivel de interconexiones energéticas con el resto de Europa, en línea con lo que se acordó ayer en la cumbre convocada por el presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, y a la que asistieron el presidente de Francia, François Hollande; el primer ministro de Portugal, Pedro Passos Coelho; y el presidente de la Comisión Europea, Jean-Claude Juncker.

 

El impulso de las interconexiones eléctricas, según ha declarado el ministro Soria a la llegada al Consejo Europeo, supondrá dotar de mayor seguridad, sostenibilidad medioambiental y competitividad al sistema eléctrico europeo. Además, las interconexiones gasistas, como el proyecto Midcat que unirá Argelia y Francia a través de Cataluña en 2020, tiene un carácter geoestratégico porque reducirá la dependencia de Europa del gas ruso. Así lo ha puesto en valor el ministro de Industria, Energía y Turismo en la reunión de hoy donde se ha tratado el mercado único de energía.

 

Las interconexiones constituyen una pieza clave de la Unión Energética, que busca el establecimiento efectivo, en el seno de la Unión Europea, de un mercado energético interior y de una política común de energía, ambos sectores muy importantes para las empresas, el medio ambiente, y los ciudadanos, que verán reducido su recibo de la luz.

 

El ministro Soria ha recordado que en estos momentos hay una interconexión eléctrica entre Francia y España del 2,8%, incluyendo la última recién inaugurada entre Santa Llogaia (Gerona) y Baixas (Perpiñán). Con el proyecto por el Golfo de Vizcaya el porcentaje de interconexión alcanzará el 5% y con otros dos proyectos por los Pirineos, uno por Aragón y otro por Navarra o por el País Vasco, se llegará al 8%. Ello permitirá, según Soria, mejorar la gestión de las energías renovables y que España pueda exportar energía al resto de Europa o importar energía de Francia cuando allí tengan precios más ventajosos, lo que supondrá un efecto claramente positivo en la disminución del precio de la electricidad. La reducción de la factura de la energía será mayor cuando se vaya aumentado el grado de interconexiones.