A XUNTA LEMBRA QUE OS VIGUESES SE BENEFICIARÁN DOS DESCONTOS NAS VIAXES INTERURBANAS GRAZAS AO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO ASINADO ENTRE O GOBERNO AUTONÓMICO E 12 CONCELLOS

  • 1Este desconto podería ser maior se Vigo estivese dentro do Plan de Transporte Metropolitano xa que os desprazamentos urbanos serían gratuítos.
  • Insistiu en que os vigueses e as viguesas poderán solicitar a tarxeta do TMG para poder obter descontos nos desprazamentos interurbanos que poderán ser superiores para os usuarios frecuentes ou as familias numerosas.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo hoxe un encontro coa presidenta e membros da xunta directiva da Federación Veciñal de Vigo para tratar sobre a implantación do Plan de Transporte Metropolitano.
  • Bravo Bosch sinalou que unha achega tope non é posible porque equivalería a poñer un tope de beneficiarios ao Plan de Transporte Metropolitano.

 

Vigo, 06 de marzo de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo hoxe un encontro coa presidenta e membros da xunta directiva da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (Favec), María Pérez, Manuel Rodríguez e Manuel Guerra, para tratar sobre a implantación do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo tras a firma dos convenios entre a Xunta e 12 concellos da área.

 

No transcurso do encontro, a delegada lembroulles que os vigueses e as viguesas poderán solicitar a súa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG) e así beneficiarse dos mesmos descontos que o resto de cidadáns da comarca no que se refire aos seus desprazamentos interurbanos. É máis, este desconto será superior para os usuarios frecuentes (15% máis) ou para as familias numerosas (ata un 50% máis de bonificación).

 

Ademais, no que insistiu Bravo Bosch foi no feito de que os vigueses e as viguesas poderían ter un desconto aínda maior se o Concello de Vigo formase parte do Plan de Transporte Metropolitano xa que estarían incluídos os desprazamentos urbanos e, así, a bonificación desta viaxe, que sería totalmente gratuíta para os veciños e as veciñas.

 

Por poñer un exemplo, un cidadán de Vigo que traballe no Porriño terá o seu desconto no desprazamento interurbano –pasará de pagar 1,64 euros a 0,85 euros-, pero non poderá optar á viaxe gratuíta no urbano se necesitase desprazarse pola cidade a bordo do Vitrasa. “Poderíamos ter descontos medios de 600 euros ao ano nos desprazamentos interurbanos e os vigueses e as viguesas poderían chegar a ter aforros de ata 400 euros máis ao ano”, especificou a delegada.

 

A Xunta de Galicia achega así o 80% do investimento -9,2 millóns de euros- e os concellos o 20% restante para a implantación do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. “O que queremos é facilitar as viaxes entre a gran área metropolitana que temos en Vigo”, dixo a delegada, quen lembrou que unha achega tope non é posible porque equivalería a poñer un tope de beneficiarios ao Plan de Transporte Metropolitano.

 

Por último, a delegada lembrou que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia vai máis alá de “cores políticas” explicando que tanto na Coruña, Santiago, Lugo e Ferrol a actual Xunta de Galicia asinou o TMG con alcaldes socialistas, é dicir, Javier Losada, José Antonio Sánchez Bugallo, José López Orozco e Vicente Irisarri, respectivamente.

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: