BENESTAR INCREMENTA NUN 25% O ORZAMENTO DOS PROGRAMAS DE EDUCACIÓN NON FORMAL, QUE CHEGARÁN A 4.000 MOZOS E MOZAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago a xornada “A educación non formal e garantía xuvenil desde o ámbito local”
  • Os 2,5 millóns de euros que se investirán este ano nestas iniciativas permitirán beneficiar a un 53% máis de participantes que o ano pasado
  • En 2015 incorpórase como novidade o programa “Deseñando o teu futuro”, para os rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos que queiran achegarse á realidade laboral antes de iniciar os seus estudos
  • A Xunta está xa a traballar na orde que regulará a expedición de certificados oficiais que acrediten as experiencias en educación non formal
  • Xuventude e a Universidade de Santiago (USC) elaborarán un estudo para cuantificar o efecto positivo que se deriva de participar neste tipo de actuacións

 

Santiago, 6 de marzo de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar incrementa este ano nun 25 por cento o orzamento destinado aos programas de educación non formal, ata chegar aos 2,5 millóns de euros, o que permitirá beneficiar a 4.000 mozos e mozas, un 53% máis que en 2014.

 

Así o salientou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que inaugurou hoxe en Santiago a xornada “A educación non formal e garantía xuvenil desde o ámbito local”. “Trátase de experiencias que axudan ao crecemento e desenvolvemento persoal dos mozos, porque hai valores que non se aprenden con temarios, exames ou cualificacións como a creatividade, a iniciativa, o espírito emprendedor, o traballo en equipo, a toma de decisión, a capacidade comunicativa, ou a solidariedade”, explicou.

 

Neste sentido, avanzou que estes valores son “moi apreciados” polas empresas á hora de contratar novos traballadores. De feito, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración co departamento autonómico, ten previsto elaborar un estudo que cuantifique o efecto positivo que os programas de educación non formal achegan aos mozos e mozas.

 

O estudo vaise centrar, fundamentalmente, en tres programas impulsados desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: Galeuropa, Iniciativa Xove e Servizo de Voluntariado Xuvenil.

 

Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional que permitirá que 500 mozos e mozas galegos realicen este ano prácticas laborais no estranxeiro, un 55% máis que en 2014. Iniciativa Xove, pola súa banda, é un programa de participación xuvenil, dotado de 550.000 euros en 2015, que financiará uns 150 proxectos nos que participarán 700 persoas. Por último, o Servizo de Voluntariado Xuvenil –que contará con 500.000 euros este ano- promove a incorporación de menores de 30 anos a programas de voluntariado e permite, posteriormente, que as súas accións sexan incorporadas ao Rexistro de acción voluntaria de Galicia e reciban un certificado oficial.

 

Cabe destacar que, ademais destes programas, este ano incorpórase como novidade “Deseñando o teu futuro”, unha iniciativa que ofrece aos mozos de entre 14 e 18 anos a posibilidade de coñecer a realidade laboral da profesión que queren escoller antes de iniciar os seus resultados. Beneficiará a unhas 750 persoas este ano.

 

Durante este exercicio tamén se seguirán desenvolvendo outros programas como o Xuventude Crea, os campos de traballo, ou o Erasmus Plus.

 

Mato avanzou, ademais, que a Xunta está xa a traballar na orde que regulará a expedición de certificacións oficiais das experiencias, competencias e habilidades adquiridas adquiridas nos programas de educación non formal, ao igual que xa se está a realizar en materia de voluntariado. “Deste xeito Galicia converterase na primeira administración de todo o Estado que valida de forma oficial a participación neste programas”, apuntou.

 

Emprego xuvenil

Durante a súa intervención, a conselleira explicou tamén as iniciativas que ten impulsado o departamento en materia de emprego xuvenil. Destacou especialmente o recentemente presentado programa de Garantía Xuvenil, destinado aos menores de 25 anos. Conta cun orzamento total de 49 millóns de euros, distribuído en nove medidas específicas.

 

Este programa complétase co Plan de Emprego Xuvenil, posto en marcha xa o ano pasado polo Goberno galego, e que conta con 100 millóns de euros. “Isto quere dicir que en menos dun ano temos posto en marcha medidas por valor de 150 millóns de euros para favorecer a empregabilidade dos mozos e mozas galegos”, rematou Mato.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: