CONVOCADO O CONCURSO DE VENDA DE SOLO EMPRESARIAL EN MOS, PONTE CALDELAS, ARTEIXO E SANTIAGO CON BONIFICACIÓNS DO 30 % DO PREZO

As propostas poderán presentarse dende hoxe ata o vindeiro 6 de abril

Co 30 % de bonificación venderanse ata 100.000 metros cadrados no conxunto dos catro parques empresariais, propiedade de Xestur

  • En abril o IGVS convocará concurso público para a venda de solo nos parques da súa propiedade, con bonificacións de ata o 50 % e unha oferta de preto de 470.000 metros

Santiago, 6 marzo de 2015.- A empresa pública Xestur aplicará bonificacións do 30 % nas parcelas dos parques empresariais de A Veigadaña (Mos), A Reigosa (Ponte Caldelas), Morás (Arteixo) e A Sionlla (Santiago de Compostela), segundo establece o concurso público de venda convocado hoxe e no que se poderán presentar ofertas ata o próximo seis de abril.

As bonificacións do 30 % aplicaranse sobre os prezos das parcelas anteriores ao concurso convocado no pasado mes de xaneiro, en que neste parques a bonificación aplicada foi do 15 %.

O 30 % de bonificación do novo concurso aplicarase sobre un máximo de 100.000 metros cadrados no conxunto dos catro parques empresariais. Unha vez acadada a venda desa superficie a bonificación volverá a ser do 15 %.

O número de parcelas e superficie total sobre a que se pode aplicar a bonificación do 30 % (co límite indicado dun máximo de 100.000 metros cadrados) é o seguinte:

 

A Reigosa (Ponte Caldelas) 20 155.781,19
A Veigadaña (Mos) 30 168.854,00
A Sionlla (Santiago de Compostela) 111 470.176,00
Morás (Arteixo) 50 375.497,00

 

Na primeira fase do concurso de venda de solo empresarial bonificado de Xestur vendéronse preto de 200.000 metros cadrados de superficie nas catro provincias galegas.

 

Os adxudicatarios comprométense a construír as súas instalacións e obter licenza de actividade nun período de tres anos, polo que a adxudicación de solo suporá unha importante achega á economía da zona. Así, cos resultados da primeira fase de venda prevese un investimento de 105 millóns de euros e a creación de 3.500 empregos directos e indirectos.

 

En total presentáronse ao concurso 68 ofertas por un total de 90 parcelas emprazadas en 20

parques empresariais das catro provincias galegas.

 

Pola súa parte, o IGVS sacará a concurso bonificado o solo da súa propiedade en abril, sendo preto de 470.000 metros cadrados, con bonificacións de ata o 50 %.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: