Concello de Vigo

O goberno de Vigo achega máis de 270.000 euros a tres entidades sociais da cidade

Tal e como informou este venres Abel Caballero, o goberno local aprobou a concesión de subvencións a AFAN, Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres e a Fundación Casa da Caridad por un importe total de 270.120 euros. O alcalde recordou que, nos últimos tres anos, as dotacións do Concello para comedores, bolsas de comedor escolar e organizacións sociais pasaron de 1,5 a 4,1 millóns.

 


Caballero salienta a “produtividade” e “competitividade” internacional da factoría Marsan

O alcalde visitou este venres as instalacións de Marsan Transformaciones Superficiales e subliñou a “calidade” e “gran produtividade” da compañía, que compite nos mercados nacional e internacional.

 


O Concello acolle un pleno específico para as mulleres en conmemoración do 8 de marzo

O Salón de Plenos acolleu esta mañá unha sesión para as mulleres, representadas por sete colectivos diferentes. Na benvida, o rexedor destacou a “importancia simobólica e real” desta iniciativa.

 

O Concello adxudica a venda dun solar en Miragaia por case 1,1 millóns de euros

A Xerencia de Urbanismo deste venres tomou coñecemento da adxudicación por poxa pública á alza en sobre pechado dunha parcela municipal na rúa Miragaia, no entorno de Rosalía de Castro, por un importe de 1.096.935 euros máis IVE, a oferta máis alta presentada pola sociedade Unión Hostelera Gallega. Esta cantidade destinaríase a conseguir os terreos da futura Cidade da Xustiza “en caso de que fora necesario”, apuntou Caballero.

 


O alcalde anima a todo Vigo a degustar produtos do mar no Marisvigo entre o 13 e o 15 de marzo

A Praza do Berbés acollerá o 13, 14 e 15 de marzo o Marisvigo, unha festa gastronómica para degustar produtos do mar que, segundo o rexedor, se convirte na antesala da Reconquista. O programa inclúe cursos de cociña e animación musical.

 

O Concello fai entrega dos diplomas aos 300 bolseiros do programa Vigo en Inglés 2014

No Auditorio Mar de Vigo, o alcalde entrega na tarde deste venres os diplomas aos 300 alumnos que participaron o pasado ano no programa de inmersión lingüística Vigo en Inglés, e poideron estudar inglés en cidades do Reino Unido e Irlanda. Caballero cifrou en case 2.400 os estudantes que se beneficiaron desta iniciativa.

 


Caballero felicita a Martín de la Puente, o mellor tenista sobre cadeira de rodas de España con só 15 anos

O alcalde de Vigo felicitou este venres ao xogador vigués, que percibe unha axuda do Concello e ocupou no 2014 o primeiro posto na clasificación española absoluta da especialidade, con tan só 15 anos. De la Puente é tamén o número 2 da clasificación mundial de xogadores menores de 18 anos e está entre os 50 mellores do mundo sen límite de idade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: