Archive | marzo 9, 2015

A CIG-Vigo conmemora o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, cunha manifestación polas rúas da cidade

SONY DSCA marcha, que se celebra baixo o lema ‘Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos’, sae da Doblada ás 20.00 horas e rematará na farola de Urzaiz

A Unión Comarcal da CIG de Vigo conmemorará este martes o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, cunha manifestación que percorrerá as rúas da cidade baixo o lema ‘Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos’. A marcha partirá da Doblada ás 20.00 horas e rematará diante da farola de Urzaiz.

O secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, presentou esta mañá a mobilización en rolda de prensa xunto a varios membros da Executiva. O responsábel sindical lembrou que como cada 10 de Marzo a central nacionalista conmemora o asasinato de Amador e Daniel a mans da policía fascista e sinalou que “os motivos polos que estes dous traballadores saíron á rúa ese día seguen vixentes”.

En concreto, citou as políticas dos Gobernos español e galego e da Troika como responsábeis do cada vez maior empobrecemento da maioría social, “que veñen acompañadas de multas económicas e penas de cadea para quen as enfornte”. Citou como exemplo o caso de Carlos e Serafín, os dous traballadores condenados a prisión “por defenderen o seu convenio colectivo”.

No que respecta á situación da bisbarra viguesa, Gonçalves fixo fincapé en que dende o comezo da crise económica non fai máis que medrar a destrución de emprego (cun incremento do paro que cifou no 80%, com 30.000 persoas máis), o empobrecemento e o desmantelamento produtivo. “Trátase dunha situación dramática que require de medidas urxentes”, entre as que citou algunhas das alternativas que a CIG incluíu na ILP polo emprego que foi rexeitada no Parlamento galego polo PP.

 

LA FACTORÍA DE INNOVACIÓN DE VIGO ORGANIZA UNA SERIE DE JORNADAS TRANSVERSALES PARA ACERCAR LA INNOVACIÓN A TODOS LOS DEPARTAMENTOS DE LAS EMPRESAS

Los días 11, 18 y 25 de marzo se celebrarán tres sesiones formativas, incluidas el programa “La Innovación más allá de los responsables de innovación”, cuyo objetivo es fomentar la implantación de la cultura innovadora en los departamentos de producción, logística, recursos humanos, marketing y comunicación.

§ Asimismo, el jueves, 12 de marzo, tendrá lugar un DemoLab, organizado en colaboración con la Universidade de Vigo, en el que se mostrarán servicios tecnológicos innovadores, que tienen por finalidad ofrecer soluciones a diferentes problemáticas de la industria gallega en el ámbito de nuevos materiales, productos o seguridad alimentaria, entre otros.

Mércores 11 – Charla: “Do barrio que temos ao barrio que precisamos”

Pechamos as actividades “Coia, espazo cheo de vida” coa charla: “Do barrio que temos ao barrio que11MARZO precisamos”. Dita actividade, aberta ao público, estará conducida polo historiador Eduardo Rodrígueze celebrarase o mércores 11 de marzo, ás 19 horas, no salón de actos do Instituto “Alexandre Bóveda” (r/Cuntis, Coia – Vigo).

Os nosos barrios son ecosistemas vivos que non só nacen, senón que tamén medran e se transforman, e nese futuro ten moito que dicir a veciñanza. Coia ten tras de si unha dilatada experiencia en loitas veciñais que, nunha situación de crise como a actual, poden servir de espello para ollarnos: saídas colectivas e non individuais, apoio mutuo, recuperación dos espazos públicos como lugares de encontro… O futuro de Coia e dos nosos barrios pasa por seren verdadeiros espazos de vida ao servizo da veciñanza.

Organizan: IES Alexandre Bóveda, roteiroporcoia.es, Espazo Alicerces

Seis obras de teatro e un documental conforman a XVII Mostra de Teatro Universitario de Vigo

Arranca o vindeiro mércores coa obra M.4.A.4, a partir dun poemario de Manuel Antoni

As pezas representaranse, ademais de no Teatro do Campus, no auditorio do Concello e na Casa Galega da Cultura, coa fin de achegar o teatro á sociedade

Vigo, 9 de marzo de 2015.- A XVII Mostra de Teatro Universitario, MITEU, arranca o vindeiro mércores, 11 de marzo, coa obra M.4.A.4, a cargo dos estudantes de cuarto curso de Xestual da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD)-Vigo, e dirAULA IIIixida polo profesor Ricardo Solveira. A peza está baseada no poemario De catro a catro, de Manuel Antonio, e propón unha viaxe mariña introspectiva, con parada nunha cidade, e unha fin de viaxe. Para dar vida a esta viaxe, empregaranse diversas técnicas do teatro visual, desde a acrobacia ata o teatro de obxectos, acadando unha estética inspiradora e evocadora.

 

Este ano serán seis as obras incluídas na MITEU ademais dun documental. Haberá tres escenarios nos que gozar desta mostra: o teatro de Cidade Universitaria do Campus de Vigo e dous no centro da cidade que serán o Auditorio do Concello de Vigo e o Auditorio da Casa Galega da Cultura, no que se proxectará o documental. Este ano, coincidindo co 25 aniversario da Universidade de Vigo, facíase máis necesario que nunca aumentar e diversificar os espazos da Mostra para achegar o teatro universitario ao maior número posible de público.

 

O 25 de marzo poderá verse a segunda obra, III, peza desenvolvida a partir de Ricardo III de William Shakespeare, que será interpretada pola Aula universitaria de teatro de Ourense-Maricastaña. Montaxe de Fernando Dacosta (Sarabela Teatro), III fai unha revisión das consecuencias do poder cando nun conflito as vítimas non contan, todo a través da narración dunha nai e unha filla.

 

A Aula de teatro do Campus de Vigo representará, o 22 de abril, a obra P.I.G.S. (a partir dun texto de Ignasi García Calvo), dirixida por Pepa Barreiro. O obra comeza cunha aparentemente posta en escena de Hamlet pero, ao pouco, interrómpese a acción para dirixirse ao público e explicar que forman parte dunha iniciativa que se leva a cabo na Unión Europea chamada despectivamente PIGS.

 

Ao día seguinte, o 23 de abril, a Aula de teatro Normal da Universidade da Coruña porá en escena Augusta (de Carlos Losada). Dirixida por Rubén Ruibal, a obra

fala con ironía do absurdo da nosa existencia, da rutina, da dependencia e a desmemoria e o fai a través de tres personaxes centrais: Augusta, a súa nai e Xan.

 

 

 

 

Estas catro obras poderán verse no Teatro Cidade Universitaria do Campus de Vigo ás 18.30 horas.

 

Documental

 

Este ano a programación da MITEU inclúe, por primeira vez, un documental: O que hai que facer para non ir ao mar. Unha viaxe a través do Teatro Galego. Estreado a finais de 2014 no Teatro Rosalía de Castro da A Coruña, este documento fala do teatro galego desde os anos 60 ata a fin do pasado século, abordando temas tan actuais como a “eterna” crise do teatro galego, a relación entre os compañeiros de profesión, a creación de escolas de arte dramática, os problemas na distribución das funcións, etc. A historia xira arredor das pescudas de Uxía, a filla de Tuto e Mariajo -dous actores falecidos-, dos que quere saber máis, facendo así unha viaxe histórica e emocional a través dos compañeiros dos seus país, achegándonos á historia do teatro galego daquela época.

 

Haberá dúas obras máis que se representarán no Auditorio do Concello de Vigo o 29 e 30 de abril, nunha única función a partir das 20.30 horas.

 

A Mostra Internacional de Teatro Universitario dá a oportunidade de subiren ás táboas a sólidas formacións teatrais nacidas nos campus. A Vicerreitoría de Extensión Universitaria, organizadora da Mostra, aposta pola presenza activa do teatro entre os estudantes como un xeito de transmitir valores e coñecemento.

 

A entrada a todas as función da MITEU é libre ata completar aforamento.

 

O PLAN DE FORMACIÓN DO ISSGA PARA ESTE ANO INCLÚE 24 XORNADAS TÉCNICAS E 22 CURSOS DE BÁSICOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

  • O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), adscrito á Consellería de Traballo e Benestar, ten entre os seus principais obxectivos difundir o coñecemento en materia preventiva
  • A finalidade é capacitar ao empresariado galego para que poida xestionar unha cultura preventiva nos seus centros de traballo
  • Ao longo de 2014, un total de 2.263 persoas participaron nas actividades formativas organizadas polo ISSGA

 

Santiago, 9 de marzo de 2015.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), organismo adscrito á Consellería de Traballo e Benestar, está a poñer en marcha o seu plan de formación para o ano 2015 que inclúe un total de 24 xornadas técnicas e 22 cursos básicos en prevención de riscos laborais.

 

Por unha banda, os obxectivos das accións básicas son proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención e dotar ao empresariado da formación e dos coñecementos que os capaciten para xestionala nas súas propias empresas ou centros de traballo.

 

Unha das funcións máis importantes do ISSGA, recollida no seu Plan anual de actividades, é a información, asesoramento técnico e formación en materia preventiva. Por este motivo, o ISSGA márcase como un dos seus obxectivos principais ser unha entidade referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, organizando cada ano nos seus catro centros provincias múltiples accións formativas, para transmitir unha verdadeira cultura preventiva  na sociedade.

 

Os cursos programas son tanto presenciais como en liña. As actividades formativas presenciais impartiranse por técnicos especialistas nas distintas disciplinas preventivas e realizaranse nos centros provincias de seguridade e saúde laboral de xeito gratuíto e con carácter xeral, en xornada de mañá.

 

O número de prazas é limitado, polo que a selección dos asistentes se realizará en función dos distintos criterios como son as necesidades de homoxeneización do grupo, vinculación laboral coa prevención, incorporación ou mellora laboral e orde de inscrición. Para a impartición dos cursos esíxese un número mínimo de alumnos.
As solicitudes poderán facerse a través da páxina web do ISSGA, http://issga.xunta.es/ ou cubrindo un documento anexo ao tríptico da oferta formativa, que deberá ser achegado ao centro de seguridade e saúde laboral, onde teña lugar a acción formativa.

 

Por outro lado, no Plan Anual de Actividades recóllese unha ficha específica coa modalidade formativa das xornadas técnicas na que consta a necesidade de organizar xornadas para actualizar os coñecementos e a formación de persoal técnico en prevención, delegados de prevención, empresariado e profesionais liberais, así como a colaboración con outras entidades e técnicos especializados para a realización de xornadas técnicas e seminarios.

 

Xornadas técnicas

Polo tanto, as xornadas teñen como obxectivo recoller os cambios permanentes das actividades e procesos produtivos, así como a introdución de tecnoloxías novas e a difusión da nova normativa, que fan precisa unha actualización continua de coñecementos no eido da prevención de riscos laborais para adecualos ao progreso tecnolóxico, científico e lexislativo.

 

Así, das 24 xornadas técnicas programadas polo Instituto para este ano destacan as relacionadas coas seguintes materias: seguridade no traballo; hixiene industrial; ergonomía e psicosocioloxía; medicina do traballo; organización e xestión preventiva. 8 xornadas serán en Pontevedra, 7 na Coruña, 5 n Lugo e 4 en Ourense.

 

Formación 2014

Ao longo do ano 2014, un total de 2.263 persoas participaron nas actividades formativas do ISSGA, 1.311 delas nas xornadas técnicas e 949 nas diversas modalidades nas que se imparte o curso básico de prevención de riscos laborais.

SOMOS MAIORÍA LAMENTA QUE NO SE LOGRASE UNHA CANDIDATURA DE UNIDADE POPULAR E CIDADÁ

Ante a falta de acordo entre as distintas plataformas e iniciativas municipais, SOMOS MAIORÍA quere somosmaioriamanifestar a súa posición política respecto da falta de acordo e consenso entre os diferentes actores despregados sobre o taboleiro olívico.

Non se logrou a unidade e por iso non haberá candidatura de Unidade Popular e Cidadá en Vigo. Esa candidatura unitaria significaba a posibilidade de abrir unha nova vía de acción política que podería favorecer o cambio en Vigo.

Non haberá candidatura unitaria e o voto de oposición vai fragmentarse entre distintas alternativas: Marea de Vigo, Gañemos Vigo, Vigo en Común,…

A posibilidade dunha Candidatura de Unidade Popular e Cidadá esfúmase e tamén esváese a posibilidade de acabar con anos de estafa nos que determinadas elites dedicáronse ao saqueo das institucións públicas coa conivencia de determinados políticos deshonestos. A pasividade e incapacidade das distintas plataformas cidadás para conseguir a unidade de acción suporá deixar a institución municipal en mans dos seus actuais xestores.

Somos Maioría lamenta a incapacidade dos distintos protagonistas para entenderse e chegar a uns acordos mínimos. Nun momento de emerxencia social en que sería fundamental o entendemento, porén non se logrou ese consenso mínimo.

Pensamos que todos somos responsábeis desta desavinza entre as distintas plataformas. Entendemos que estamos facilitando a permanencia de Abel Caballero á fronte da actual Corporación e iso sumado á incapacidade da oposición (PP e BNG) podería favorecer unha maioría absoluta do PSOE en Vigo.

Somos Maioría naceu para favorecer a unidade de acción e a confluencia cidadá nunha candidatura de unidade popular. Tendo en conta que devandita confluencia non se acadou manifestamos a nosa decisión de non participar na vindeira confrontación electoral en Vigo. Porén facemos un chamamento á cidadanía viguesa para que non apoien a aqueles partidos responsábeis da corrupción, o enchufismo, o nepotismo, a mala xestión e a situación de desemprego, baixos ingresos, pobreza, privacións de todo tipo e exclusión social que padecen moitos vigueses e viguesas.

 

Vigo, 9 de marzo de 2015

 

Coordinadora Local de Somos Maioría.

ABIERTO EL PLAZO PARA PARTICIPAR EN EL VIII PREMIO PHE OJODEPEZ DE VALORES HUMANOS

ABIERTO EL PLAZO PARA PARTICIPAR EN EL VIII PREMIO PHE OJODEPEZ DE VALORES HUMANOS

La revista de fotografía documental OjodePez convoca el VIII Premio PHE OjodePez de Valores Humanosunnamed

El premio está dotado con 2.000 €, la publicación del trabajo junto a los nueve finalistas en el número especial de OjodePez que cada otoño dedica al premio y la posibilidad de exponer obra

 

Un jurado internacional valorará los porfolios presentados a concurso. El porfolio ganador y los finalistas se darán a conocer en junio durante PHotoEspaña 2015

 

El trabajo ganador de la pasada edición fue Pobreza infantil en España, del fotógrafo español Aitor Lara

 

La inscripción puede realizarse en www.phe.es  antes del 1 de mayo

 

Más información: www.phe.es 

MEDIO AMBIENTE LICITA A REDACCIÓN DO PROXECTO CONSTRUTIVO DO PRIMEIRO TREITO DA VARIANTE DE CANGAS

O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe este contrato por un importe de máis de 100.000 euros e un prazo de 12 meses

  • A primeira fase definirá as obras para a execución do treito da variante comprendido entre a PO-551 e a PO-1001, mais a conexión coa Avenida de Marín
  • O novo vial terá unha lonxitude aproximada dun quilómetro e servirá de itinerario alternativo á estrada Marín – Rande (PO-551), polo que permitirá aliviar o tráfico da travesía de Cangasclip_image002

Santiago, 9 de marzo de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita hoxe a redacción do proxecto do primeiro treito da variante de Cangas, por un importe de 105.801,03 euros. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación do contrato de servizo para a redacción do proxecto construtivo da Variante de Cangas, treito I que vai dende a PO-551 ata a Avenida de Marín, que é o tramo considerado como prioritario.

O novo vial servirá de itinerario alternativo á estrada Marín – Rande (PO-551) ao seu paso polo núcleo urbano de Cangas, e permitirá reducir o tráfico que soporta esta estrada, que discorre por un entorno altamente urbanizado

O proxecto desenvolverá aproximadamente a metade do trazado aprobado en marzo de 2014 contemplando:

  • O treito de aproximadamente 600 m comprendido a Rotonda sobre a PO-551 e a rotonda na estrada provincial PO-1001.
  • A conexión coa avenida de Marín, de preto de 330 m, que integrará a variante na rede viaria municipal.

 

O documento que se redacte deberá ter en conta as conclusións  acadadas durante o proceso de información pública do proxecto de trazado, sendo de destacar que se farán os axustes de sección tipo necesarios para dotar á infraestrutura de elementos de integración urbana e se analizará a posibilidade de substituír o recheo definido naquel proxecto por un viaduto.

 

A empresa adxudicataria disporá de 12 meses para redactar o proxecto. As empresas interesadas en presentar as ofertas a este contrato de servizo para a redacción deste proxecto poden remitilas ata o vindeiro día 24 deste mes.

 

 

 

 

Assinatura do Pacto Rio Minho Transfronteiriço – Conferência de Imprensa

Os autarcas dos seis municípios do Vale do Minho – Caminha, Melgaço, Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira e Paredes de Coura – e de nove concelhos do Baixo Miño, Galiza – A Caniza, A Guarda, Arbo, As Neves, Crecente, Rosal, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui – vão proceder à assinatura do Pacto do Rio Minho Transfronteiriço, que pretende dar voz política à fronteira do rio Minho e preparar-se para apresentar um projeto conjunto ao Interreg V A Portugal-Espanha, de forma a reforçar a importância da cooperação transfronteiriça de proximidade.

Pela presente, vimos convidar o vosso órgão de comunicação social a assistir à cerimónia de assinatura deste protocolo, prosseguida de conferência de imprensa, no próximo dia 10 de março, terça-feira, pelas 10h30 (hora portuguesa), na Pousada S. Teotónio, em Valença.