OS TRABALLOS DE SANEAMENTO EN MORAÑA PARA A MELLORA DA CALIDADE DA AUGA DO RÍO UMIA COMEZARÁN EN ABRIL

  • Augas de Galicia vén de adxudicar este contrato de obra pública por un importe de case 200.000 euros
  • Esta actuación implica dúas actuacións, a primeira permitirá conectar a actual fosa de Casal á EDAR de Moraña, e rematarase a rede de saneamento do núcleo da Igrexa
  • Tamén se eliminará a EDAR prefabricada de O Souto e incorporaranse as augas residuais alí recollidas á rede de saneamento de Moraña
  • As actuacións que se adxudican permitirán un mellor tratamento das augas para preto de 1300 habitantes

 clip_image002 clip_image002

Santiago, 10 de marzo de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudica as obras para a mellorar a calidade das augas do río Umia, por case 200.000 euros (198.621).

 

Trátase de dous contratos que permitirán o desenvolvemento de varias actuacións que eliminarán infraestruturas hidráulicas obsoletas de saneamento e depuración mediante as conexións das redes ao sistema de saneamento principal de Moraña.

 

A primeira actuación consiste na eliminación da Fosa de Casal e conexión das augas residuais alí recollidas á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Moraña. Así mesmo, a esta fosa conectaranse as redes de saneamento de Fontenla, Penagrande e Querguizo, de recente execución por parte de Augas de Galicia.

 

A segunda actuación permitirá o remate da rede de saneamento do núcleo da Igrexa coa instalación dun colector para recoller as augas residuais de varias vivendas e conectalas á rede existente. Co obxectivo de eliminar no período de un mes a EDAR prefabricada de O Souto e incorporación das augas residuais alí recollidas á rede de saneamento de Moraña e, polo tanto, á EDAR de Moraña.

 

Estes traballos consistirán na instalación dun colector entre a fosa existente de O Souto e o novo pozo de bombeo que se construirá para a eliminación do punto de vertedura actual. A continuación, procederase á construción dun pozo de bombeo para impulsar as augas residuais recollidas neste punto ata a rede de saneamento existente, que finalmente evacuará as augas á EDAR de Moraña, conxuntamente co caudal da zona de O Casal.

 

Nos seguintes mapas pódense observar os ámbitos de cada unha das actuacións que beneficiarán a preto de 1.300  habitantes.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “OS TRABALLOS DE SANEAMENTO EN MORAÑA PARA A MELLORA DA CALIDADE DA AUGA DO RÍO UMIA COMEZARÁN EN ABRIL”

  1. leti1990 dice :

    Boa falta que fai… esperemos que pouco a pouco podan deixar a auga cun mínimo de calidade polo menos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: