Archive | marzo 12, 2015

Folga fame Povisa

2015 03 11 PrimeiraNoiteFolgaFamePovisa01As folguistas de fame de Povisa pasan a primeira noite no interior do hospital vigués

As tres traballadoras/es de Povisa que este martes iniciron unha folga de fame para reclamar a readmisión dos 13 compañeiros/as despedidos/as pasaron a primeira noite no interior das instalacións do hospital vigués, que non teñen pensado abandonar até que a empresa dea marcha atrás ás rescisións de contrato.

A primeira hora da mañá de hoxe a dirección do centro médico interesouse polo seu estado de saúde e amosouse disposta a negociar. “Nós dixémoslle que tamén queremos dialogar e pedímoslle que retirasen os despidos para sentarnos a falar, ao que non responderon”, explica a presidenta do comité, María Xesús Neira, unha das participantes no xexún de protesta.

Os empregados/as do hospital privado seguen a reclamar a intervención do Sergas e da Consellería de Sanidade no conflito laboral e lembran que Povisa incumpre o concerto coa Xunta ao non manter os ratios de persoal esixidos, o que está a afectar á calidade asistencial.

O IGVS PUBLICA A LISTA DE ADMITIDOS PARA O SORTEO DE DEZ VIVENDAS PROTEXIDAS REHABILITADAS POLO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO

  • Sortearanse o próximo 23 de marzo na sede administrativa da Xunta en Vigo
  • O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado polo IGVS nun 90 por cento, investiu na rehabilitación máis de 1,2 millóns de euros
  • O Consorcio xa rehabilitou 91 vivendas e 23 locais comerciais no Casco Vello

Santiago, 12 de marzo de 2015.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo publicou hoxe a lista de interesados admitidos e excluídos no sorteo de dez vivendas protexidas de promoción privada, rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90 por cento polo IGVS.

 

Un total de 20 solicitantes, inscritos no Rexistro de Demandantes e que cumpren os requisitos establecidos pola normativa, entrarán no sorteo das vivendas, que se realizará o 23 de marzo na sede da Xunta en Vigo.

 

As vivendas para as que se inicia o procedemento de adxudicación son as seguintes:

 

Emprazamento Características das vivendas Prezo de

venda €

Subida ao Castelo 5 Planta baixa. 46,24 m2 67.048,00
Subida ao Castelo 5 1ª planta 67,66 98.107,00
Subida ao Castelo 5 2º planta 68,20 109.120,00
Subida ao Castelo 7 Planta baixa 46,24 67.048,00
Subida ao Castelo 7 1ª planta. 67,66 98.107,00
Subida ao Castelo 7 2ª planta 67,70 108.320,00
San Sebastián 4 1ª planta 59,16 85.782,00
San Sebastián 4 2ª planta 59,16 94.656,00
San Sebastián 6 1ª planta 56,13 81.388,50
San Sebastián 6 2ª planta 56,13 89.808,00

 

A rehabilitación das vivendas está rematada e nelas o Consorcio Casco Vello de Vigo investiu máis de 1,2 millóns de euros.

 

Balance actual de actividade

O CCVV (participado nun 90% pola Xunta de Galicia) adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 40 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 91 vivendas (74 para venda, 12 para aluguer e cinco para realoxos) e 23 locais comerciais (15 xa teñen actividade empresarial, dous abrirán proximamente, outros catro sairán a concurso e os outros dous son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos que abrirá nas vindeiras datas).

 

Dez inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos tres edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os catro inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan.

Así mesmo, xa foron licitadas as obras de rehabilitación doutros catro edificios emprazados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47 dos que, logo da intervención prevista, se porán no mercado outras seis vivendas de protección autonómica (VPA) e dous locais comerciais.

 

 

SISTER ACT EL MUSICAL SE ESTRENARÁ EN EL AUDITORIO MAR DE VIGO EL 22 DE SEPTIEMBRE

Llega al Auditorio Mar de Vigo el musical Sister Act

unnamed

Vigo será la única ciudad gallega donde se podrá disfrutar del musical SISTER ACT, que se estrenará el 22 de septiembreen el Auditorio Mar de Vigo, donde permanecerá hasta el 27 de septiembre.

Con la bendición de Broadway y antes de llegar a Madrid, llega a Vigo la súper producción que ha conseguido en tan solo 5 años, gracias al buen rollo y energía que transmite, representarse en 12 países, ser vista por más de 4 millones de espectadores en todo el mundo y traducida a 7 idiomas. El musical acaba de estrenarse recientemente en Brasil, y está triunfando en Estados Unidos, Holanda y Alemania.

Para Whoopi Goldberg, productora del musical,SISTER ACT es una gran comedia para toda la familia. ¡Os prometo que pasaréis una increíble noche en el teatro! Escuchar a la gente reír y aplaudir tanto como lo hacen en SISTER ACT es una experiencia mágica para un productor.”

                                                                

Julia Gómez Cora, Directora General de Stage Entertainment, misma productora de otros grandes éxitos como “Los Miserables”, “La Bella y la Bestia” o “El Rey León”, garantiza que “en estos tiempos conseguirás olvidarte de todo como ya lo han hecho todos los que ya han disfrutado de esta comedia musical en los mejores escenarios del mundo.”

 

Para Andreu Buenafuente, coproductor del musical y Presidente de El Terrat, “solo existe un convento como el de SISTER ACT y está en el teatro. Conseguirás que te conmuevas, rías y bailes. Y te hará levitar de emoción”.

                                                    

El elenco de esta gran producción española está formado por grandes artistas de la escena teatral española como es el caso deÀngels Gonyalons en el papel de la Madre Superiora quien afronta el reto “con ilusión, ya que se trata de un personaje nuevo y absolutamente diferente a cualquiera de los que había hecho hasta ahora”. El papel protagonista estará interpretado por Mireia Mambo, actriz que se encontraba actuando en el West End londinense y que ha conseguido excelentes críticas por parte de los medios especializados en estos meses. Mireia se pone por primera vez los hábitos para dar vida a Deloris y reconoce haber“soñado siempre con que ocurriese algo así en mi carrera”.

 

La compañía de esta gran producción en gira la forman 28 actores, 8 músicos y 31 técnicos, a los que suman los técnicos locales hasta hacer un total de 100 personas. En cuanto a la producción, está compuesta por 17 toneladas de material, que viaja en un total de 7 trailers.

 

La adaptación del libreto corre a cargo de Xavier Cassadó (guionista de EL TERRAT) y el director residente será  Marc Montserrat Drukker (“La Ola” o “Spamalot”).

 

Basado en la taquillera película SISTER ACT, protagonizada por la actriz Whoopi Goldberg, el musical cuenta con una partitura original inspirada en los estilos musicales que van desde la música Motown, el soul o el funk, compuesta por el ganador de varios premios Oscar, Grammy y Globos de Oro: el compositor Alan Menken.

SISTER ACT narra la historia de la joven Deloris, una cantante aspirante a diva que presencia un asesinato y la policía la esconde en el último lugar al que ella hubiera querido ir… ¡un convento! Rebelde e inconformista, Deloris revolucionará la tranquila vida de la comunidad religiosa y se ganará la admiración y el cariño de sus nuevas compañeras. Pero eso no será suficiente para librarle de su pasado.

Es el musical perfecto para dejar los problemas a un lado y entregarse al pecado más sano y necesario. ¡Ha llegado la hora de disfrutar!

El musical de SISTER ACT estará en el Auditorio Mar de Vigo del 22 al 27 de septiembre. Las entradas ya se encuentran a la venta desde 20€ a través de Ataquilla.com, en las taquillas del Auditorio Mar de Vigo y en el teléfono 902 504 500.

www.sisteractelmusical.com

A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE 2 MILLÓNS AO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL DE EMPREGADOS PÚBLICOS, QUE ESTABLECE AXUDAS PARA ATENDER PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • Os traballadores da Administración galega poden acceder a axudas de ata 180 euros mensuais

Santiago, 12 de marzo de 2015.- A Xunta de Galicia destinará este ano máis de 2,1 millóns de euros en axudas dirixidas aos empregados públicos da Administración galega para a atención de persoas con discapacidade. Estas axudas, de ata 180 euros mensuais, forman parte do Fondo de Acción Social de 2014, cuxos criterios de repartición foron aprobados hoxe no Consello da Xunta.

O Fondo de Acción Social da Xunta para o exercicio 2014 conta cunha dotación orzamentaria de 2.136.392 euros, a mesma cantidade que o exercicio anterior. A través deste fondo, o persoal ao servizo da Administración autonómica pode percibir unha axuda máxima de 2.160 euros anuais para a atención de persoas discapacitadas.

 

Poderá solicitar estas axudas o persoal da Administración galega que prestase servizos na Xunta en 2014 e que no prazo de presentación de solicitudes se atope en servizo activo. O solicitante deberá ter baixo a súa dependencia directa e legal unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial, sempre que sexa cónxuxe, parella de feito, fillo ou ascendente de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade, ou tutelado por sentenza xudicial firme.

 

As persoas solicitantes teñen dúas posibilidades de acceder a este fondo. Unha é acollerse á modalidade de baremo, para o que a contía a percibir varía en función do grao de discapacidade do causante e da renda per cápita da unidade familiar, sendo o máximo a percibir 2.160 euros anuais. A segunda opción é acollerse á modalidade sen baremo, na que os interesados perciben os importes mínimos de cada grao de discapacidade, a saber, para o grao de discapacidade ata o 64% percibirán 1.020 euros; para o grao ata o 74% percibirán 1.200 e para o 75% ou máis de discapacidade percibirán 1.500.

 

Medidas para a discapacidade

O Fondo de Acción Social enmárcase nun conxunto de actuacións da Administración autónomica dirixidas a mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade. Así, por primeira vez na historia da Autonomía a Xunta aprobou neste 2015 na oferta de emprego público unha reserva de prazas específica para a discapacidade intelectual.

 

Ademais, a Administración galega mantén unha reserva de prazas global do 7% para o conxunto de persoas con discapacidade. E nestes momentos atópase en tramitación parlamentaria a nova Lei do Emprego Público, que blinda esta reserva de prazas.

 

Saen á venda as entradas para as oito funcións do musical Sister Act

As entradas para a divertida comedia musical Sister Act, que popularizou Whoopi Goldberg na gran pantalla, están dispoñibles desde hoxe no servizo de venta de entradas de Afundación, en Ataquilla.com e na billeteira telefónica, no 902 504 500. Stage Entertainment, a compañía responsable de éxitos como O rei León, A Bela e a Besta ou Os miserables, trae a Vigo, en coprodución con El Terrat, este espectáculo que se poderá ver no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo entre o 22 e o 27 de setembro, nas oito únicas funcións do musical en Galicia.

SISTER ACT

Chega a Tui O Crédito, unha “comedia con garantías”

unnamedFunción
Venres 13 de marzo ás 21h30

Prezo
8 euros – 6 euros
Billeteira

Onde
Teatro Área Panorámica
Tui


Chega a Tui O Crédito, unha
“comedia con garantías”


O Crédito, comedia bancaria “con todas as garantías” protagonizada polos televisivos actores Antonio Durán Morris e Pedro Alonso, chega mañá ás 21h30 ao Teatro Área Panorámica de Tui, nunha única función. Non hai excusa para deixar pasar a ocasión de gozar con esta magnífica comedia, que o pasado mes de febreiro encheu durante dous días o García Barbón en Vigo.

RASTRO PORTOVELLO 14 DE MARZO – Vigo

O vindeiro sábado 14 de marzo  terá lugar a habitual edición do Rastro Portovello  nas rúas do Casco Vello de Vigo en horario de 11.00h a 21.00h.Rastro Portovello Marzo


Nel podense atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicáis, cadros, fotografías e outras curiosidades…

IVº Eurocidade BTT 1000 Bikes Percorrem a Eurocidade

Valença e Tui recebem o IVª Eurocidade BTT, domingo, 15 de março, com a participação recorde de mais de 1000 aficionados, com percursos pelas duas cidades, incluindo a passagem na Fortaleza de Valença, centro histórico de Tui e as subidas ao Monte Aloia e ao Monte do Faro.

Um número recorde de participantes que projeta esta prova como um dos grandes eventos desportivos do Noroeste Peninsular graças às características únicas dos percursos. Paisagens únicas e uma organização que apurou todos os pormenores vai proporcionar grandes emoções e ambiente aos participantes.

Uma prova que se desenvolve em dois países, com carácter não competitiva, com passagem por zonas históricas, espaços naturais únicos, trialeiras e uma maratona para os mais resistentes. Ponto alto será a passagem mística de 1000 bikes na ponte internacional centenária, ligando Portugal e Espanha.

O BTT Eurocidade começa às 8h (PT) na Corredoura, em Tui e desenvolve-se pelo Centro Histórico de Tui, Fortaleza de Valença, Monte do Faro e Parque Natural do Monte Aloia, com vistas fantásticas para o rio Minho.

A organização é da Eurocidade Valença Tui e conta com a colaboração da Peña Ciclista Biciosos Rias Baixas, BTT Monte do Faro, Bombeiros Voluntários de Valença, Cruz Vermelha de Valença e Proteccion Civil de Tui.

Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal, “A Eurocidade, hoje, projeta-se internacionalmente com eventos de grande qualidade e características únicas. 0 BTT Eurocidade é um exemplo de sucesso, ano após ano, atrai um número recorde de participantes”.

A XUNTA INVISTE PRETO DE 1,3 MILLÓNS DE EUROS NOS CONCELLOS DE VIGO E ÁREA PARA A CONTRATACIÓN DUNS 160 PERCEPTORES DA RISGA

  • _MG_3321A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, explicaron hoxe os detalles desta liña de axudas ás que a Xunta destinou 10 millóns euros en toda Galicia
  • A directora xeral destacou que a totalidade dos concellos galegos que solicitaron esta axuda e cumpriron cos requisitos recibirán a subvención
  • Todos os contratos da área de Vigo realizaranse polo 75 por cento da xornada laboral, terán unha duración de 7 meses e están vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, decididos polos propios concellos
  • Vigo poderá contratar a máis de 40 beneficiarios da RISGA cunha subvención total superior aos 260.000 euros para realizar traballos dentro dun plan de limpeza de fachadas e mellora das zonas públicas e na Mancomunidade Intermunicipal
  • Na mesma liña de colaboración municipal, Bravo Bosch aproveitou para informar de que este ano os concellos da área verán incrementadas nun 22% as horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes
  • Vigo cidade terá un incremento do 12,1%, o que lle permitirá chegar a arredor de 240 beneficiarios de SAF.

 

Vigo, 12 de marzo de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar investirá na área da Delegación Territorial de Vigo preto de 1,3 millóns de euros para que o total dos 14 concellos que a conforman poidan contratar arredor de 160 perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) no marco da orde de axudas que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado mes de xaneiro e á que se destinou en toda Galicia un total de 10 millóns de euros, o dobre que o ano pasado.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, explicaron hoxe en rolda de prensa as características desta actuación destacando que este orzamento permite que a totalidade dos concellos galegos que solicitaron esta axuda e que cumpran cos requisitos marcados na orde recibirán a subvención. En toda Galicia, os concellos beneficiados serán preto de 210, o que permitirá a contratación dun millar de persoas.

 

Dado os resultados positivos do ano pasado, este ano introducíronse novidades co fin de chegar ao máximo de persoas posibles. Por iso ampliouse o orzamento e abriuse o abano de beneficiarios, ao eliminar o requisito de ter unha antigüidade de 6 meses.

 

A directora xeral de Familia e Inclusión explicou que na provincia de Pontevedra serán arredor de 350 as persoas beneficiarias destinando así un orzamento que superará os 3 millóns de euros. Mentres, no que respecta á área territorial de Vigo, informou que o Concello de Vigo poderá contratar a 40 beneficiarios da RISGA que realizarán traballos no marco dun plan de limpeza de fachadas e mellora das zonas públicas do goberno local cunha subvención de case 240.000 euros. A maiores, a Mancomunidade Intermunicipal de Vigo tamén recibirá outros 22.000 euros para contratar a outras 3 persoas.

 

O resto dos concellos que conforman a área territorial viguesa (Baiona, Nigrán, Gondomar, Mos, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas, O Porriño, Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes) tamén recibirán unha importante subvención para contratar a persoas beneficiarias do RISGA e, por exemplo, realizarán tarefas de apoio administrativo, mantemento de espazos públicos, reforzo de servizos municipais ou preservación de bens e infraestruturas municipais, entre outras.

 

Os beneficiarios serán contratados polos concellos, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e seguirán tendo preferencia aquelas persoas que estean comprometidas coa realización dun itinerario sociolaboral, así como aos que contan con cargas familiares.

 

Ademais, na área da Delegación Territorial de Vigo, os contratos realizaranse polo 75% da xornada laboral –a orde recolle entre un 50 e un 75%-, para que os beneficiarios disfruten da xornada máxima que recolle a orde. Todos os contratos terán unha duración de 7 meses e deberán estar vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, que serán decididos polos propios concellos. A Consellería, ao igual que o ano pasado, volverá sufragar o total dos custes salariais dos traballadores, incluída a cotización á Seguridade Social.

 

Outras iniciativas

Esta convocatoria inscríbese na aposta da Consellería por traballar a prol da inclusión activa dos colectivos máis vulnerables. Por exemplo, nesta mesma liña enmárcanse outras dúas ordes de emprego como a orde de obradoiros de emprego, que para este ano prevé unha reserva do 20% das prazas totais para os preceptores da RISGA, sempre que haxa candidatos que o fagan posible.

 

Pola súa banda, os Plans integrados de emprego disporán por primeira vez dunha tipoloxía de programa específico para os beneficiarios da RISGA. Neste caso, os custos subvencionables por participantes serán máis altos que nos ordinarios.

 

A aposta pola inclusión reflíctese non só nas ordes concretas, senón tamén a nivel normativo e de planificación. Así, en 2013, aprobouse unha nova Lei de inclusión Social de Galicia, un marco legal mellorado e actualizado que articula unha nova RISGA dividida en tres tramos para estimular e favorecer a inserción laboral. A inclusión activa é tamén un dos piares fundamentais na nova Estratexia de Inclusión Social, que se aprobou en decembro, e que contará con máis de 521 millóns de euros de orzamento e máis de 300 medidas concretas.

 

Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

A delegada territorial da Xunta en Vigo aproveitou a ocasión para informar do incremento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para dar servizo a persoas dependentes e polo que este ano a Consellería de Traballo e Benestar porá a disposición dos concellos de Galicia máis de 46 millóns de euros, o que supón un incremento de 6 millóns de euros. Este esforzo orzamentario permitirá atender no conxunto da comunidade a uns 2.000 demandantes novos, que requirirán a atención duns 700 traballadores.

 

Coma dixo Bravo Bosch, a aposta do departamento autonómico por este tipo de servizos para as persoas dependentes é clara e decidida e, por iso, desde 2009 leva incrementado a prestación do SAF en toda Galicia.

 

O Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes é o recurso máis demandado pola poboación maior que necesita algún tipo de axuda, así como polas súas familias coidadoras. Por iso, o Goberno galego non só aumenta o financiamento deste recurso, senón que desenvolveu diversas melloras na xestión da asignación do servizo a través da posta en marcha do módulo extranet aos concellos e do Programa de Asignación de Recursos. O aumento no orzamento e na tramitación destas prestacións permitiu o incremento do número de persoas beneficiarias, xunto coa axilidade na asignación do servizo.

 

Os 14 concellos que conforman a área territorial de Vigo verán incrementadas as horas de SAF nun 22%, ao sumar 5.862 horas máis ao mes coas que rondarán as 32.600 horas dispoñibles.

 

Na actualidade, máis de 500 persoas dependentes benefícianse deste servizo na área metropolitana de Vigo. E grazas ao incremento de horas de SAF previsto poderanse incorporar ao sistema arredor de 110 novos usuarios.

 

Así mesmo, a cidade de Vigo poderá seguir incrementando a atención grazas ás máis de 1.470 horas adicionais das que disporá, un incremento do 12,1% que permitirá chegar a arredor de 240 beneficiarios de SAF.

 

O conxunto da provincia de Pontevedra, que presta atención domiciliaria na actualidade a máis de 2.350 persoas dependentes, disporá de 14.631 horas ao mes adicionais, un incremento do 20,1%. Este esforzo permitirá chegar a arredor de 470 beneficiarios novos en toda a provincia de Pontevedra, superando en 2015 os 2.800 atendidos.