A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE 2 MILLÓNS AO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL DE EMPREGADOS PÚBLICOS, QUE ESTABLECE AXUDAS PARA ATENDER PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • Os traballadores da Administración galega poden acceder a axudas de ata 180 euros mensuais

Santiago, 12 de marzo de 2015.- A Xunta de Galicia destinará este ano máis de 2,1 millóns de euros en axudas dirixidas aos empregados públicos da Administración galega para a atención de persoas con discapacidade. Estas axudas, de ata 180 euros mensuais, forman parte do Fondo de Acción Social de 2014, cuxos criterios de repartición foron aprobados hoxe no Consello da Xunta.

O Fondo de Acción Social da Xunta para o exercicio 2014 conta cunha dotación orzamentaria de 2.136.392 euros, a mesma cantidade que o exercicio anterior. A través deste fondo, o persoal ao servizo da Administración autonómica pode percibir unha axuda máxima de 2.160 euros anuais para a atención de persoas discapacitadas.

 

Poderá solicitar estas axudas o persoal da Administración galega que prestase servizos na Xunta en 2014 e que no prazo de presentación de solicitudes se atope en servizo activo. O solicitante deberá ter baixo a súa dependencia directa e legal unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial, sempre que sexa cónxuxe, parella de feito, fillo ou ascendente de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade, ou tutelado por sentenza xudicial firme.

 

As persoas solicitantes teñen dúas posibilidades de acceder a este fondo. Unha é acollerse á modalidade de baremo, para o que a contía a percibir varía en función do grao de discapacidade do causante e da renda per cápita da unidade familiar, sendo o máximo a percibir 2.160 euros anuais. A segunda opción é acollerse á modalidade sen baremo, na que os interesados perciben os importes mínimos de cada grao de discapacidade, a saber, para o grao de discapacidade ata o 64% percibirán 1.020 euros; para o grao ata o 74% percibirán 1.200 e para o 75% ou máis de discapacidade percibirán 1.500.

 

Medidas para a discapacidade

O Fondo de Acción Social enmárcase nun conxunto de actuacións da Administración autónomica dirixidas a mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade. Así, por primeira vez na historia da Autonomía a Xunta aprobou neste 2015 na oferta de emprego público unha reserva de prazas específica para a discapacidade intelectual.

 

Ademais, a Administración galega mantén unha reserva de prazas global do 7% para o conxunto de persoas con discapacidade. E nestes momentos atópase en tramitación parlamentaria a nova Lei do Emprego Público, que blinda esta reserva de prazas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: