A XUNTA INVISTE PRETO DE 1,3 MILLÓNS DE EUROS NOS CONCELLOS DE VIGO E ÁREA PARA A CONTRATACIÓN DUNS 160 PERCEPTORES DA RISGA

  • _MG_3321A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, explicaron hoxe os detalles desta liña de axudas ás que a Xunta destinou 10 millóns euros en toda Galicia
  • A directora xeral destacou que a totalidade dos concellos galegos que solicitaron esta axuda e cumpriron cos requisitos recibirán a subvención
  • Todos os contratos da área de Vigo realizaranse polo 75 por cento da xornada laboral, terán unha duración de 7 meses e están vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, decididos polos propios concellos
  • Vigo poderá contratar a máis de 40 beneficiarios da RISGA cunha subvención total superior aos 260.000 euros para realizar traballos dentro dun plan de limpeza de fachadas e mellora das zonas públicas e na Mancomunidade Intermunicipal
  • Na mesma liña de colaboración municipal, Bravo Bosch aproveitou para informar de que este ano os concellos da área verán incrementadas nun 22% as horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes
  • Vigo cidade terá un incremento do 12,1%, o que lle permitirá chegar a arredor de 240 beneficiarios de SAF.

 

Vigo, 12 de marzo de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar investirá na área da Delegación Territorial de Vigo preto de 1,3 millóns de euros para que o total dos 14 concellos que a conforman poidan contratar arredor de 160 perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) no marco da orde de axudas que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado mes de xaneiro e á que se destinou en toda Galicia un total de 10 millóns de euros, o dobre que o ano pasado.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, explicaron hoxe en rolda de prensa as características desta actuación destacando que este orzamento permite que a totalidade dos concellos galegos que solicitaron esta axuda e que cumpran cos requisitos marcados na orde recibirán a subvención. En toda Galicia, os concellos beneficiados serán preto de 210, o que permitirá a contratación dun millar de persoas.

 

Dado os resultados positivos do ano pasado, este ano introducíronse novidades co fin de chegar ao máximo de persoas posibles. Por iso ampliouse o orzamento e abriuse o abano de beneficiarios, ao eliminar o requisito de ter unha antigüidade de 6 meses.

 

A directora xeral de Familia e Inclusión explicou que na provincia de Pontevedra serán arredor de 350 as persoas beneficiarias destinando así un orzamento que superará os 3 millóns de euros. Mentres, no que respecta á área territorial de Vigo, informou que o Concello de Vigo poderá contratar a 40 beneficiarios da RISGA que realizarán traballos no marco dun plan de limpeza de fachadas e mellora das zonas públicas do goberno local cunha subvención de case 240.000 euros. A maiores, a Mancomunidade Intermunicipal de Vigo tamén recibirá outros 22.000 euros para contratar a outras 3 persoas.

 

O resto dos concellos que conforman a área territorial viguesa (Baiona, Nigrán, Gondomar, Mos, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas, O Porriño, Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes) tamén recibirán unha importante subvención para contratar a persoas beneficiarias do RISGA e, por exemplo, realizarán tarefas de apoio administrativo, mantemento de espazos públicos, reforzo de servizos municipais ou preservación de bens e infraestruturas municipais, entre outras.

 

Os beneficiarios serán contratados polos concellos, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e seguirán tendo preferencia aquelas persoas que estean comprometidas coa realización dun itinerario sociolaboral, así como aos que contan con cargas familiares.

 

Ademais, na área da Delegación Territorial de Vigo, os contratos realizaranse polo 75% da xornada laboral –a orde recolle entre un 50 e un 75%-, para que os beneficiarios disfruten da xornada máxima que recolle a orde. Todos os contratos terán unha duración de 7 meses e deberán estar vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, que serán decididos polos propios concellos. A Consellería, ao igual que o ano pasado, volverá sufragar o total dos custes salariais dos traballadores, incluída a cotización á Seguridade Social.

 

Outras iniciativas

Esta convocatoria inscríbese na aposta da Consellería por traballar a prol da inclusión activa dos colectivos máis vulnerables. Por exemplo, nesta mesma liña enmárcanse outras dúas ordes de emprego como a orde de obradoiros de emprego, que para este ano prevé unha reserva do 20% das prazas totais para os preceptores da RISGA, sempre que haxa candidatos que o fagan posible.

 

Pola súa banda, os Plans integrados de emprego disporán por primeira vez dunha tipoloxía de programa específico para os beneficiarios da RISGA. Neste caso, os custos subvencionables por participantes serán máis altos que nos ordinarios.

 

A aposta pola inclusión reflíctese non só nas ordes concretas, senón tamén a nivel normativo e de planificación. Así, en 2013, aprobouse unha nova Lei de inclusión Social de Galicia, un marco legal mellorado e actualizado que articula unha nova RISGA dividida en tres tramos para estimular e favorecer a inserción laboral. A inclusión activa é tamén un dos piares fundamentais na nova Estratexia de Inclusión Social, que se aprobou en decembro, e que contará con máis de 521 millóns de euros de orzamento e máis de 300 medidas concretas.

 

Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

A delegada territorial da Xunta en Vigo aproveitou a ocasión para informar do incremento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para dar servizo a persoas dependentes e polo que este ano a Consellería de Traballo e Benestar porá a disposición dos concellos de Galicia máis de 46 millóns de euros, o que supón un incremento de 6 millóns de euros. Este esforzo orzamentario permitirá atender no conxunto da comunidade a uns 2.000 demandantes novos, que requirirán a atención duns 700 traballadores.

 

Coma dixo Bravo Bosch, a aposta do departamento autonómico por este tipo de servizos para as persoas dependentes é clara e decidida e, por iso, desde 2009 leva incrementado a prestación do SAF en toda Galicia.

 

O Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes é o recurso máis demandado pola poboación maior que necesita algún tipo de axuda, así como polas súas familias coidadoras. Por iso, o Goberno galego non só aumenta o financiamento deste recurso, senón que desenvolveu diversas melloras na xestión da asignación do servizo a través da posta en marcha do módulo extranet aos concellos e do Programa de Asignación de Recursos. O aumento no orzamento e na tramitación destas prestacións permitiu o incremento do número de persoas beneficiarias, xunto coa axilidade na asignación do servizo.

 

Os 14 concellos que conforman a área territorial de Vigo verán incrementadas as horas de SAF nun 22%, ao sumar 5.862 horas máis ao mes coas que rondarán as 32.600 horas dispoñibles.

 

Na actualidade, máis de 500 persoas dependentes benefícianse deste servizo na área metropolitana de Vigo. E grazas ao incremento de horas de SAF previsto poderanse incorporar ao sistema arredor de 110 novos usuarios.

 

Así mesmo, a cidade de Vigo poderá seguir incrementando a atención grazas ás máis de 1.470 horas adicionais das que disporá, un incremento do 12,1% que permitirá chegar a arredor de 240 beneficiarios de SAF.

 

O conxunto da provincia de Pontevedra, que presta atención domiciliaria na actualidade a máis de 2.350 persoas dependentes, disporá de 14.631 horas ao mes adicionais, un incremento do 20,1%. Este esforzo permitirá chegar a arredor de 470 beneficiarios novos en toda a provincia de Pontevedra, superando en 2015 os 2.800 atendidos.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: