Archive | marzo 12, 2015

Elena Muñoz se compromete con los empresarios turísticos a que el Concello asuma un papel de coordinación entre el sector y las administraciones

La candidata del PP a la alcaldía se reunió con empresarios hoteleros, de hostelería y de agencias de viajes para conocer sus impresiones sobre el futuro del turismo en Vigo.IMG_1186

• Muñoz Fonteriz aludió al turismo como una de las potencialidades del municipio para su recuperación económica y comprometió la colaboración municipal para mejorar sus expectativas.
• El posicionamiento geográfico de Vigo, su historia, la cultura y la gastronomía son algunos de los principales valores de futuro para el turismo, a juicio de los empresarios y de Elena Muñoz.

Vigo, 11 de Marzo de 2015.- La candidata del PP a la alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, se comprometió esta mañana con los empresarios del sector turístico a que el Concello de Vigo asuma «un papel de coordinación» entre las estrategias de las empresas y las administraciones públicas. «Creo que es algo necesario y que la administración local puede cumplir ese cometido mejor que nadie por su proximidad a los empresarios y su contacto permanente con la Diputación, la Xunta, el Gobierno central o las instituciones de la Unión Europea», señaló.
Acompañada de José Manuel Figueroa, presidente del PP vigués y vicepresidente de la  Diputación, Elena Muñoz mantuvo una reunión con empresarios hoteleros, de hostelería y de agencias de viajes para conocer sus impresiones sobre el futuro del turismo en Vigo. El sector genera 40.000 empleos directos e indirectos en la provincia, y representa caso el 12% del PIB provincial.
La candidata del PP aludió al turismo como «una de las mayores potencialidades del municipio para su recuperación económica» y comprometió la colaboración municipal para mejorar sus expectativas.
En opinión de los empresarios y de Elena Muñoz, los principales valores turísticos de Vigo pasan por su posicionamiento geográfico, en el centro de la eurorregion Galicia-Norte de Portugal; sus condicionantes históricos, la cultura popular, la gastronomía y su fuerte nivel de industrialización fundamentalmente vinculada al mar.

Concello do Porriño

CHARLA-TALLER SOBRE LA ENTREVISTA DE TRABAJO  DE LA MANO DE EVA VENTÍN

La reputada orientadora laboral 2.0 impartirá una conferencia abierta al público el próximo viernes 13 de marzo a las 12:30 horas en la Sala Multiusos 2 del Multicentro de Torneiros

En su recta final, el  Obradoiro de Empleo “Porremprego II” organiza esta conferencia con el objetivo último de dotar a los alumnos de las herramientas necesarias para afrontar la que es una fase decisiva en cualquier proceso de selección de personal y facilitar su incorporación al mercado laboral.

AFORO COMPLETO EN LA CONFERENCIA DE EVARIST MARCH SOBRE PLANTAS SILVESTRES EvaristMarchaa

El Concello de Porriño en colaboración con la eco-web VdeVegetal consiguió que el alma de la agencia NaturalWalks hiciese una parada en nuestro municipio para darnos la posibilidad de conocer de forma simple y amena el valor culinario de estas plantas y cómo los productos silvestres pueden contribuir a mejorar nuestra salud

La sostenibilidad en la alimentación fue uno de los ejes centrales del discurso de March, que hizo especial hincapié en la necesidad de recuperar todos esos conocimientos que con el paso del tiempo y la modernidad se han ido dejando de lado

BRAVO BOSCH GABA O TRABALLO QUE A ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA E CONSUMIDORES AGARIMO DE VIGO REALIZA A DIARIO COS SEUS SOCIOS

Vigo, 11 de marzo de 2015.- A Xunta de Galicia mantivo hoxe unha reunión cos membros do comité de empresa de Povisa co obxectivo e coa finalidade de intentar mediar e conseguir que empresa e traballadores cheguen a un punto de acordo.

_MG_3224

No encontro, que se levou a cabo no edificio administrativo da Xunta en Vigo, estiveron presentes a delegada territorial, María José Bravo Bosch, o xefe da Inspección de Traballo da provincia de Pontevedra, José María Casas de Ron, así coma representantes da Consellería de Traballo e Benestar e do Sergas.

A delegada trasladoulles o seu compromiso de intentar mediar coa empresa para que cheguen a un punto de entendemento xa que é Povisa quen ten que xestionar e negociar os asuntos laborais cos seus traballadores. No que respecta ao concerto subscrito entre o Sergas e Povisa, hai que lembrar que este inclúe todos os gastos derivados de dar asistencia sanitaria a unha parte da poboación de Vigo e a súa área de influencia cun máximo de 139.000 persoas durante os próximos oito anos máis dous prorrogables, é dicir, ata 10 anos.

A delegada apuntou que, “aínda que o Sergas non é quen toma as decisións empresariais de Povisa, si vela pola calidade da asistencia que se da aos pacientes polo concerto subscrito”. En definitiva, o obxectivo final da Xunta é que Povisa cumpra co seu compromiso de asistencia sanitaria á súa poboación de referencia coa mesma calidade que recibe a poboación de Galicia nos centros sanitarios do Sergas.

 

 

Juan Carlos Escotet sitúa a reactivación do crédito como base para o crecemento de Galicia

20150311 Escotet_circuloempresariosgalicia_111.03.2015.- O vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, situou a concesión de crédito como un dos factores máis determinantes do crecemento de  Galicia no transcurso dunha comida coloquio celebrada este mediodía en Vigo no Círculo de Empresarios de Galicia ao que asistiu un cento de empresarios.

Escotet Rodríguez repasou as perspectivas económicas de Galicia e de España en 2015, ano para o que prevé que continúe unha leve aceleración do crecemento mundial superando o 3,5% e a reactivación económica en Europa, que podería crecer un 1,3%.

Valença à Descoberta do Biótipo da Veiga da Mira

CARTAZ TRILHOS2015A Câmara Municipal de Valença vai inaugurar o novo Trilho Pedestre Interpretativo do Biótipo da Veiga da Mira, com uma caminhada sábado, 14 de março. Um percurso de pequena rota, com a extensão de 12 Km’s, complementar à Ecopista do rio Minho.

A caminhada sai do Parque da Senhora da Cabeça, às 9h00, desenvolvendo-se pelas freguesias de Cristelo Côvo, Arão e São Pedro da Torre, com uma duração previsível de 4h30.

O trilho pedestre da Veiga da Mira entra no interior do Biótipo permitindo uma melhor leitura e apreciação deste espaço natural com uma área de 300 hectares, uma das zonas húmidas mais importantes do Rio Minho.

A Câmara de Valença criou um Observatório de Avifauna, colocou painéis interpretativos da fauna e flora, placas de orientação e espaços de descanso com bancos e mesas. Estruturas a partir das quais é possível explorar a riqueza natural do biótipo.

Este percurso pedestre é fundamental para que o visitante possa conhecer as diferentes espécies e os habitats, sem que interfira com o equilíbrio ecológico do Biótipo. Um percurso que vem enriquecer, também, a Ecopista do Rio Minho que atravessa toda a frente ribeirinha do concelho.

O trilho da Veiga da Mira é o primeiro do calendário anual da Rede de Trilhos da Eurocidade que ao longo do ano proporcionará 17 caminhadas.

Para Jorge Mendes, Presidente da Câmara Municipal, “Valença cumpre um desejo antigo de valorizar e preservar as riquezas ambientais da Veiga da Mira e dá mais um passo na potencialização do turismo de natureza”.

Trilho Veiga da Mira – Coordenadas do ponto de saída – Parque da Senhora da Cabeça: 42°1’26.00″N/8°39’25.99″W

 

ETHEL VÁZQUEZ SINALA QUE NOS VINDEIROS MESES O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO ESTARÁ EN SERVIZO EN 66 CONCELLOS GALEGOS E BENEFICIARÁ A PRETO DE 1,5 MILLÓNS DE CIDADÁNS

A conselleira de Medio Ambiente explica no Pleno do Parlamento que aos 45 municipios adheridos ao plan dende o ano 2010 sumaranse este ano  21 novos concellos

  • Vázquez Mourelle concreta que unha vez cumpridos os trámites administrativos necesarios activarase en 12 municipios da área metropolitana de Vigo e en 9 concellos doutras áreas nos que xa funciona
  • Subliña que a Xunta continúa a traballar para expandir o modelo ás áreas de Ourense e Pontevedra e ampliar os beneficios do Plan nas áreas nas que xa está implantado, facendo extensivo o modelo aos concellos que o soliciten
  • A responsable de Territorio indica que os orzamentos deste ano recollen un incremento de preto dun 43% nesta materia, o que permite seguir apostando polo Plan de Transporte Metropolitano
  • Remarca que hai que falar dun plan que se foi estendendo por todo o territorio galego e que hoxe xa está consolidado -con resultados probados e satisfactorios- en catro grandes áreas urbanas da comunidade

Santiago, 11 de marzo de 2015.- O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia operará nos vindeiros meses nun total de 66 concellos galegos, beneficiando a preto de 1,5 millóns de cidadáns. Así o explicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, na súa intervención parlamentaria, na que precisou que aos 45 municipios adheridos ao plan dende o ano 2010, unha vez cumpridos os trámites administrativos necesarios, sumaranse 21 novos concellos, 12 da área metropolitana de Vigo e 9 que se integran noutras áreas xa existentes.

 

A titular de Infraestruturas lembrou que a pasada semana avanzouse un paso importante nesta materia, xa que tras anos de negociacións, formalizouse o convenio para a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano en 12 concellos da área de Vigo. Concretou que se trata dun proxecto que se porá en marcha en primavera e ao que se destina un investimento de preto de 12 millóns de euros no período 2015-2019.

 

Vázquez precisou que é un acordo co que o Executivo autonómico e as 12 administracións locais participantes selan a vontade de entenderse e compartir servizos en beneficio dos cidadáns. Neste sentido, lamentou que este plan nace sen a incorporación da cidade cabeceira, Vigo, e tamén sen outro concello, o de Gondomar, que rexeitou ata en dúas ocasións a súa incorporación.

 

Ethel Vázquez salientou que é lamentable que unha decisión política impida aos vigueses beneficiarse plenamente das vantaxes que ofrece este plan, xa que coa negativa do alcalde de Vigo a sumarse a esta iniciativa impídeselle aos usuarios do sistema –incluídos evidentemente os cidadáns desta cidade- transbordar gratuitamente ao bus urbano dentro dos seus desprazamentos metropolitanos.

 

A responsable de Territorio indicou que por parte da Xunta hai vontade para seguir apostando polo Plan de Transporte Metropolitano, o que se traduce na dotación de recursos económicos que posibilitan seguir camiñando por esta senda, posto que os orzamentos deste ano recollen un incremento de preto dun 43% nesta materia.

 

A Xunta continúa traballando nun dobre obxectivo: por unha parte, expandir o modelo ás áreas de Ourense e Pontevedra, completando deste xeito o mapa do transporte metropolitano nas sete cidades galegas; e ampliar os beneficios do Plan de Transporte Metropolitano nas áreas nas que xa está implantado, facendo extensivo o modelo aos concellos que o soliciten.

 

Na liña de sumar máis concellos ás áreas xa existentes, o Goberno galego está a ultimar con 9 municipios a implantación deste sistema de transporte público: Baleira, que se integrará na área de Lugo; Curtis, que fará o propio na área da Coruña; A Estrada, Padrón, Santa Comba, A Baña e Vila de Cruces, en Santiago; e Carballo e de Ordes, na da Coruña e na de Santiago.

 

Resultados satisfactorios

A conselleira de Medio Ambiente remarcou que hai que falar dun plan que se foi estendendo por todo o territorio galego e que hoxe xa está consolidado -con resultados probados e satisfactorios- en catro grandes áreas urbanas da Comunidade. Así, concretou que desde o ano 2011 o plan é efectivo nas áreas da Coruña, Santiago e Ferrol; en 2012 sumouse a área de Lugo; e neste 2015 a Xunta traballará na ampliación dos ámbitos nos que o plan xa está implantado, e para que tamén sexa unha realidade en Ourense e Pontevedra.

 

Coa posta en marcha do Plan a comunidade galega dotouse dun sistema de transporte no que os galegos ademais de obter importantes bonificacións no prezo do billete, tamén poden disfrutar das vantaxes que lles ofrece un sistema de transporte público eficiente que permite a liberación de espazo físico no centro das cidades; reduce a contaminación; e contribúe á desconxestión e a unha maior fluidez nos tráficos.

 

Galicia foi unha das primeiras comunidades autónomas de España que apostou e promoveu un sistema de transporte colectivo nos ámbitos metropolitanos, unha iniciativa que daba os seus primeiros pasos no ano 2004 e que a partir do ano 2010 contou cun decidido impulso por parte do actual Goberno da Xunta.

 

Cómpre lembrar que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia naceu cun obxectivo fundamental: ofrecer aos cidadáns un sistema de transporte público coordinado e atractivo, que servise de alternativa real á utilización do vehículo particular no contorno das grandes urbes.

 

 

BENESTAR APOIA O PRIMEIRO CURSO DE SEGURIDADE VIARIA DIRIXIDO A EDUCADORES DE MENORES CON MEDIDAS XUDICIAIS

 150311 viaria 003c

  • A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, inaugurou hoxe esta actividade formativa, que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT)
  • Esta primeira edición estase a desenvolver, ademais de en Galicia, en Aragón, Canarias, Cantabria e Murcia

 

Santiago, 11 de marzo de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), está a organizar en Galicia a primeira edición do curso “Educación para a seguridade viaria para educadores de menores con medidas xudiciais e en situación de exclusión social”.

 

A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, inaugurou hoxe esta actividade formativa, que se está a desenvolver, ademais, en Aragón, Canarias, Cantabria e Murcia.

 

O seu obxectivo é facilitar aos educadores que traballan no ámbito dos menores a información e recursos necesarios para o desenvolvemento e planificación de contidos, programas e proxectos educativos de educación para a seguridade viaria, de cara a súa aplicación no ámbito de menores con medidas xudiciais ou en risco de exclusión social.

 

A formación dos profesionais é un “obxectivo prioritario” para conseguir unha actividade educativa “máis eficaz”, destacou a responsable autonómica.

 

Con esta formación, os educadores contarán coas ferramentas necesarias de cara a abordar o traballos cos menores no ámbito da prevención ou sensibilización nesta materia, inculcándolles actitudes, valores, e normas de comportamento social, e xerando nos mesmos conciencia cidadá e comportamentos encamiñados á creación “do sentido viario, a convivencia, así como pautas adecuadas para a mobilidade segura”.

 

Ao mesmo tempo, permite a abordaxe por educadores de condutas delitivas que deron lugar á imposición de medidas xudiciais.