GALICIA É A COMUNIDADE QUE MENOS ELEVOU O ENDEBEDAMENTO EN 2014 E A SÚA DÉBEDA XA É 4,4 PUNTOS INFERIOR Á MEDIA AUTONÓMICA
- A ratio de débeda en Galicia medrou a metade que a do conxunto das autonomías
- A Comunidade galega acada o maior diferencial positivo da historia da Autonomía ao peche do ano
- Tendo en conta a ratio global que inclúe empresas públicas, Galicia ten un endebedamento 4,8 puntos inferior á media
- O Goberno galego mantén unha política de control do déficit público, e é a terceira comunidade onde menos medrou a débeda dende 2009
Santiago, 13 de marzo de 2015.- Galicia é a comunidade de réxime común que menos incrementou o seu endebedamento no ano 2014, e a consecuencia disto o diferencial positivo coa media autonómica ampliouse ata os 4,4 puntos, o maior da historia da Autonomía ao peche do ano.
Segundo reflicten os datos do Banco de España publicados hoxe, Galicia é a autonomía onde menos medrou a ratio de endebedamento no último ano (1,2 puntos), mentres que a media das comunidades autónomas aumentou o dobre (2,4 puntos) respecto ao remate do ano 2013.
En concreto, a Xunta de Galicia rexistra ao peche do cuarto trimestre de 2014 unha ratio de débeda/PIB do 18,0%, polo que segue ampliando o diferencial positivo con respecto á media autonómica, que se sitúa no 22,4%. Este diferencial vén crecendo ano a ano dende 2009.
Deste xeito, a Comunidade galega pecha o 2014 cunha ratio de débeda/PIB por debaixo da do conxunto das autonomías. En contraste, Galicia era en 2008 a cuarta autonomía con maior endebedamento público, cunha ratio superior á media autonómica.
Un 75% menos en empresas públicas
Tendo en conta a ratio global de débeda -incluíndo a das empresas públicas- o diferencial positivo é aínda maior, de 4,8 puntos. Segundo os datos do Banco de España, a ratio de débeda/PIB das empresas públicas en Galicia é do 0,1%, moi inferior ao conxunto de comunidades (0,5%).
De feito, o endebedamento das empresas públicas da Administración galega reduciuse no último ano á metade, pasando dunha ratio débeda/PIB do 0,2% ao 0,1%. Compróbase así que Galicia segue apostando pola transparencia e non concentra endebedamento nas empresas públicas, cunha redución acumulada do 75% dende 2009.
A Comunidade galega vén mantendo unha política de control do endebedamento e do déficit público, e é a terceira autonomía que menos incrementou a súa débeda dende 2009.
Feijóo subvenciona perseguidos por la justicia, Pescanova, Vidal Armadores, Fegacope, convirtiendo a Galicia en la Isla de Los Piratas del Siglo XXI…

La operación bautizada como SPARROW, todavía en curso, se está desarrollando en empresas situadas en la provincia de A Coruña, tras meses de investigación reforzada con la cooperación internacional sin que se enterara la Conselleira Rosa Quintana… [+] »
Ara Malikian celebra en Afundación os seus 15 anos sobre os escenarios
O violinista libanés Ara Malikian celebra os seus quince anos sobre os escenarios españois cun concerto no que repasa os espectáculos cos que percorreu o país durante este período. O Teatro Afundación de Vigo, Policarpo Sanz, 13, e o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, Augusto González Besada, 2, acollerán dous concertos, mañá, venres 13 de marzo, ás 21.00 h e o domingo, 15 de marzo, ás 19.30 h, respectivamente. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.
MATO APOSTA POLA “CONCILIACIÓN, A RESPONSABILIDADE, E A COOPERACIÓN” PARA FACER FRONTE AO PROBLEMA DEMOGRÁFICO
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe na Coruña a primeira das xornadas demográficas provinciais organizadas por este departamento autonómico co fin de establecer sinerxías entre administracións e axentes sociais e económicos
- Avanzou que se porá en marcha nos próximos meses o Observatorio galego de dinamización demográfica, que se converterá nun centro de referencia a nivel rexional e pioneiro a nivel estatal
- Lembrou que a Consellería forma parte da Comisión nacional para a racionalización de horarios españois
- Apostou polas medidas de conciliación da vida laboral, familiar, e persoal que, segundo os expertos, son as “máis efectivas para lograr o fomento da natalidade”
- Lugo, Ourense, e Pontevedra tamén acollerán estas xornadas ao longo deste mes
A Coruña, 13 de marzo de 2015.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apostou hoxe, ante axentes sociais e económicos, pola “conciliación, responsabilidade, cooperación e concertación” co fin de facer fronte ao reto demográfico, un “desafío estrutural” que precisa de medidas máis alá do curto prazo e do esforzo “de todos”.
Así o destacou hoxe durante a inauguración na Coruña da primeira das xornadas demográficas provinciais “Conciliación, demografía e empresa” que o departamento autonómico está a organizar co fin de establecer sinerxías entre administracións e axentes sociais e económicos, unha “tarefa esencial” na loita contra a crise demográfica.
Recordou que a situación da evolución da poboación galega é de “alerta vermella”, e que “co ritmo actual, dentro de 35 anos, Galicia podería ter menos habitantes dos que tiña en 1990”.
A este respecto, considerou que “falar do reto demográfico e intercambiar ideas é o primeiro paso para darlle unha solución”, e lembrou que ela mesma xa tivo a oportunidade de expoñer esta problemática en foros como o Senado, o Comité das Rexións en Bruxelas, xornadas internacionais, ante Comisarios europeos, e ante responsables doutras rexións da UE.
Ademais de expoñer a situación, conseguíronse outros logros relevantes como activar a Comisión de demografía no Parlamento galego; realizar a Enquisa sobre o cambio demográfico; poñer en marcha do primeiro Plan de dinamización demográfica de Galicia, que xa está executado nas súas dúas terceiras partes; ou liderar a creación dun Foro de rexións con desafíos demográficos (FREDD) xunto con Asturias, Castela e León, Castela A-Mancha, Estremadura e Aragón.
A xornada que se celebra hoxe céntrase especialmente na “corresponsabilidade e a conciliación”, un aspecto, a xuízo de Mato, “fundamental”. De aí que apostara por que o Goberno galego siga poñendo a disposición das persoas que desexen ser pais e nais “todas as facilidades, apoios socioeconómicos e instrumentos de conciliación necesarios”.
Neste sentido, explicou que os expertos coinciden en que as actuacións en materia de conciliación da vida laboral, familiar e persoal “son as máis efectivas” para lograr o fomento da natalidade. De feito, hai estudos realizados en países do contorno que vinculan directamente o aumento da ratio de cobertura de escolas infantís públicas co incremento do índice sintético de fecundidade.
Apoio á natalidade
De aí que o Goberno galego teña centrado gran parte dos seus esforzos en iniciativas relacionadas con esta materia. Entre outras, citou o incremento dun 70% das prazas (3.800 máis en termos absolutos) en escolas infantís nos últimos cinco anos; e o aumento da dedución fiscal ata os 1.200 euros anuais no caso do segundo fillo e ata os 2.400 no caso do terceiro ou sucesivo. Este incremento farase extensivo ás familias galegas que non teñen obriga de presentar a declaración da renda e que tampouco a presenten voluntariamente, xa que percibirán unha contía equivalente á dedución fiscal. Deste xeito, Galicia situarase á cabeza de todas as autonomías en beneficios fiscais en materia de natalidade.
Lembrou tamén a futura posta en marcha nos próximos meses do Observatorio galego de dinamización demográfica, cuxo obxectivo é converterse nun centro de referencia a nivel rexional e pioneiro a nivel estatal.
Tamén se ten incluído, de forma pioneira, un módulo transversal optativo nos cursos de formación para o emprego en materia de sensibilización demográfica. Ademais, Galicia, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, forma parte da Comisión nacional para a racionalización de horarios españois, que promove medidas para conseguir uns horarios laborais que permitan a conciliación e a calidade de vida dos traballadores e traballadoras.
Ademais, Mato salientou que a Xunta está poñendo en marcha mecanismos para favorecer a conciliación do persoal da Administración autonómica, como a flexibilidade horaria ou o teletraballo, aos que xa se teñen acollido máis de 7.000 empregados públicos.
Xornadas provinciais
A xornada celebrada hoxe na Coruña é a primeira das que se van organizar nas catro provincias. A seguinte terá lugar na cidade de Lugo, o próximo 19 de marzo. Pola súa banda, Ourense acollerá esta actuación o 26 de marzo, e Pontevedra ao día seguinte, o 27 deste mesmo mes.
Presentación o luns en Vigo do novo libro de Clara do Roxo
A mamá que perdeu as cóxegas
No Café De Catro a Catro o vindeiro luns 16 de marzo ás 20 horas
A escritora Clara do Roxo presentará a súa nova novela, A mamá que perdeu as cóxegas o vindeiro luns 16 de marzo ás 20 horas no Café De Catro a Catro. Acompañarana o escritor Amadeo Cobas e o editor Francisco Castro.
Pregámosvos que o incluades nas vosas axendas. Tedes dispoñibles para a descarga os seguintes materiais:
Fotografía de Clara do Roxo
Cuberta do libro
Boletín informativo
Velaquí unha historia sobre unha familia na que unha nai, experta en rir e rir e rir gozando das cóxegas, xa non o fai. Que será o que lle pasa?, por que non dorme polas noites?, que é o que lle preocupa? Como en tantas ocasións, serán os pequenos da casa os que inicien unha investigación que consiga aclarar como é que mamá perdeu as cóxegas. E, sobre todo, por que.
BRAVO BOSCH ENTREGA OS DIPLOMAS AOS ALUMNOS E ALUMNAS QUE PARTICIPARON NO OBRADOIRO EMPREGA VERDE II DE REDONDELA
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou hoxe na clausura deste programa mixto de formación e emprego no que a Consellería de Traballo e Benestar destinou preto de 170.000 euros.
- Na área de influencia de Vigo desenvolvéronse un total de sete obradoiros de emprego que contaron cun orzamento superior aos 1,2 millóns de euros para beneficiar a 141 persoas desempregadas.
- Bravo Bosch destacou que o programa ofreceu unha formación teórica e práctica para que as persoas desempregadas “aprendan traballando”.
Redondela, 13 de marzo de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar clausurou hoxe en Redondela o obradoiro de emprego Emprega Verde II, para o que destinou un investimento de case 170.000 euros.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, entregou esta mañá os diplomas aos alumnos e alumnas participantes xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, e a directora do OOEE, Imelda Barrio Santamaría. No acto tamén estiveron presentes a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar, María Peón, e varios membros do goberno local de Redondela.
Os obradoiros de emprego son programas mixtos de formación e emprego que están destinados a persoas desempregadas. Concretamente, no caso de Redondela recibiron formación teórica e práctica un total de 19 alumnos e alumnas (13 mulleres e 6 homes) nas especialidades de xardinería e horticultura ecolóxica (11 persoas) e en deseño gráfico para promoción turística e cultural local (8 alumnos).
Os 19 alumnos e alumnas recibiron formación en xardinería e horticultura ecolóxica co fin de levar a cabo a recuperación, instalación e mantemento ecolóxico e sostible de zonas verdes do municipio (12 zonas de actuación) ademais de realizar o mantemento dunha zona de produción ecolóxica de hortalizas. Esta especialidade do OOEE levouse a cabo nas instalacións da Escola Taller Pousadouro. Ademais, no CEMIT de Chapela realizouse a segunda especialidade do obradoiro, onde os alumnos e alumnas recibiron formación para o deseño de produtos e servizos turísticos así coma para o deseño e realización de produtos gráficos para a dinamización turística e cultural local.
Esta iniciativa de formación e emprego tivo unha duración de seis meses e durante este tempo os alumnos e alumnas alternaron a formación co traballo ou a práctica profesional. Así, preténdese conseguir aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional para que as persoas desempregadas “aprendan traballando”, segundo considerou a delegada da Xunta.
Bravo Bosch felicitounos polos resultados acadados e polo éxito do Obradoiro xa que este taller permitiu consolidar a explotación de base tecnolóxica especializada en agricultura ecolóxica na finca do Pazo de Pousadouro posta en marcha coa anterior convocatoria (Emprega Verde I) e onde os seus 22 participantes se concentraron na horticultura ecolóxica, o control fitosanitario e a plantación de semillas en viveiro. Ademais, tamén realizaron melloras en parques do municipio, os xardíns da Rúa Ernestina Otero e a zona dos Canastos. “Son un exemplo do voso bo facer”, dixo Bravo Bosch.
Formación e emprego para 141 persoas
Na convocatoria 2014/2015, na área territorial de Vigo a Xunta puxo en marcha OOEE en Mos, O Porriño, Redondela e Cangas. Ademais, de xeito mancomunado, outorgou obradoiros á Mancomunidade de concellos do Val Miñor (Nigrán, Gondomar e Baiona) mentres que na comarca do Condado celebrouse outro entre os concellos de As Neves e Salvaterra do Miño e, por último, nos concellos de A Lama, Pontecaldelas e Fornelos de Montes.
Polo tanto, na área de influencia desenvolvéronse un total de sete obradoiros de emprego que contaron cun orzamento superior aos 1,2 millóns de euros para beneficiar a 141 persoas desempregadas.
Deste xeito, estas iniciativas de formación e emprego abren un importante espazo de colaboración cos concellos no marco da aposta da Xunta de Galicia pola eficiencia e optimización de recursos, co obxectivo de orientar adecuadamente os esforzos ademais de estar vinculados á realización de obras e servizos de interese para a comunidade.
1000 Lampreias em Valença, para Apreciadores, a 10 Euros a Dose, no Festival Gastronómico
1000 lampreias já esperam, em Valença, pelos apreciadores, para o Festival Gastronómico “Sabores da Lampreia” que decorrerá em São Pedro da Torre, no fim de semana de 20 a 22 de março.
A 10 euros a dose Valença promete dar a saborear, a preços económicos, a famosa lampreia do Rio Minho, considerada a melhor do mundo, confecionada e apresentada de 5 formas diferentes.
Pescada artesanalmente no rio Minho, pelos pescadores das comunidades piscatórias, sobretudo, de São Pedro da Torre e Cristelo-Côvo, as 1000 lampreias estão já em tanques da Associação Sabores do Rio Minho a preparar-se para serem confecionadas. A técnica de “apurar” a lampreia em tanques de água corrente, é antiquíssima e conhecida por “bater a lampreia”. Uma técnica que faz a lampreia apurar a sua carne, enrijecendo-a, o que permitirá, aquando da sua confeção, pratos de excelência.
Lampreia à Bordalesa, Arroz de Lampreia, Fumada/Grelhada, Assada no Forno, Recheada ou o prato dos cinco sabores, são os tipos de lampreia possíveis de saborear. Como prato alternativo os tradicionais Rojões. Acompanham o caldo verde, bem como os bons vinhos verdes da região e as sobremesas típicas.
Sabores da Lampreia é uma genuína festa gastronómica valenciana que a par de se comer bem proporciona um ambiente acolhedor e animado. Um amplo cartaz de animação proporcionará momentos de convívio e afirmação dos valores culturais valencianos. Esta é romaria obrigatória que, os bons garfos, todos os anos repetem.
A iniciativa é da Câmara de Valença, Junta de São Pedro da Torre e da Associação Sabores do Rio Minho.
Esta é uma oportunidade única para comer uma boa lampreia. Séculos de tradição a apurar receitas resultam em 5 pratos que são um convite a deliciar-se com estes manjares.
Symphonic of ABBA, un percorrido polos grandes éxitos do grupo sueco, no Teatro Afundación
O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá sábado 14 de marzo ás 21.00 h Symphonic of Abba, un espectáculo que reúne 50 artistas sobre o escenario no que se fai un percorrido polos grandes éxitos do grupo sueco. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.
Os socios dos centros de maiores de Afundación viaxan a Croacia e Alemaña
Os socios dos centros de maiores de Afundación poderán viaxar nos meses de maio e xuño a calquera dos dous destinos elixidos nesta ocasión dentro da programación deseñada para este primeiro semestre de 2015, Alemaña e Croacia. A viaxe a Alemaña desenvolverase en dúas quendas, do 4 ao 11 de maio, xa completa, e do 11 ao 18 de maio e os participantes visitarán as localidades de Hamburgo e Berlín. A viaxe a Croacia, programada desde o 20 ao 27 de xuño, inclúe un percorrido completo polo país, desde Zagreb a Dubrovnik. O prazo de reservas está xa aberto, quen desexe anotarse pode facelo dirixíndose a calquera dos centros de maiores de Afundación. Os seus enderezos e teléfonos poden encontrarse na seguinte ligazón: centros de maiores Afundación.
MEDIO AMBIENTE ACONDICIONA AS MARXES DA ESTRADA GUILLAREI– A RAÑADA (PO-404), NO CONCELLO DE TUI
- Os traballos consisten na substitución do pavimento existente nas bandas de aparcadoiro por unha mestura bituminosa en quente
- Esta solución mellora a drenaxe da estrada, evita o crecemento de maleza entre a calzada e as beirarrúas existentes, e elimina as fochas na zona de aparcadoiro
- Os traballos, que se levan a cabo mediante o operativo de conservación integral, requiren dun investimento superior aos 40.000 euros
Tui (Pontevedra), 13 de marzo de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a acondicionar as marxes da estrada autonómica PO-404 (Guillarei – A Rañada), no Concello de Tui, pavimentando a banda de aparcadoiro. Os traballos foron supervisados no día de hoxe polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, que visitou a zona xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
A actuación ten por obxecto mellorar o estado dos marxes da estrada entre os puntos quilométricos 1+200 (en Guillarei) e 5+850, en Baños de Caldas. Neste vial executáronse en 2009 beirarrúas separadas da calzada por unha banda de terreo que ven sendo utilizada coma zona de aparcadoiro.
A banda de aparcadoiro conta unicamente cun pavimento de zahorra no que con frecuencia crece maleza e se forman fochas. Para solucionar estes problemas o departamento de Infraestruturas iniciou a semana pasada o acondicionamento desta superficie.
As obras consisten no fresado da zahorra existente nos sobreanchos (que suman unha superficie superior aos 1.200 m2), e a posterior extensión dunha capa de mestura bituminosa en quente cun espesor medio de 5 cm. Esta solución permite igualar a cota da calzada coa do aparcadoiro, evita o crecemento de maleza entre a calzada e as beirarrúas existentes, e mellora ademais a drenaxe da estrada.
A actuación se está a levar cabo mediante o contrato de conservación integral e suporá un investimento superior aos 40.000 euros.
Este tipo de traballos son unha mostra da aposta firme da consellería que dirixe Ethel Vázquez por mellorar o estado de conservación das estradas pertencentes á Xunta de Galicia.