A XUNTA LICITA AS OBRAS DE REFORZO DO FIRME NAS ESTRADAS PO-330, 331 E 332 AO SEU PASO POLA ÁREA TERRITORIAL DE VIGO CUN ORZAMENTO SUPERIOR AOS 283.000 EUROS

  • _MG_3108A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe a parroquia de Zamáns para informar das actuacións que levará a cabo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  • O prazo de execución dos traballos será de 6 meses.

 

Vigo, 11 de marzo de 2015.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, licita hoxe as obras de reforzo do firme localizado nas estradas autonómicas PO-330, PO-331 e PO-332 ao seu paso polos concellos de Vigo, Mos, Gondomar e Nigrán.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe mesmo o anuncio da Axencia Galega de Infraestruturas e, deste xeito, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá a parroquia de Zamáns -zona pola que transcorre a PO-331 que será motivo dunha das melloras- para informar destas actuacións na área territorial de Vigo. Ditas actuacións se licitan por un orzamento superior aos 283.000 euros (283.147,11 euros) e contan cun período de execución de 6 meses.

 

As obras que se van a executar están motivadas polos importantes deterioros e deformación que presentan as estradas e, concretamente, actuarase nos seguintes treitos:

 

– PO-330: PQ 5+000 ao 6+200 no Concello de Vigo. O investimento a realizar nesta estrada aproxímase aos 70.000 euros.

 

– PO-331: PQ 7+300 ao 9+000, 11+200 ao 14+480, 15+740 ao 17+450. Os treitos discorren polos concellos de Vigo, Gondomar e Mos. O investimento a realizar nesta estrada aproxímase aos 160.000 euros.

 

– PO-332: PQ 5+300 ao 6+500. O treito discorre polos concellos de Gondomar e Nigrán. O investimento a realizar nesta estrada aproxímase aos 50.000 euros.

 

En definitiva, máis de 283.000 euros para obras que consistirán na reparación do firme existente mediante o fresado e reposición da capa de rodadura, o fresado localizado e reposición da capa intermedia, a extensión dunha capa de microaglomerado en frío, a reposición de marcas viais ou a reposición do balizamento.

 

Ademais, un dato que resaltou a delegada é que as actuacións previstas neste proxecto non implican a realización de expropiación algunha xa que todas as actuacións que se executan están incluídas dentro da franxa do dominio público. Así, serán máis de 340.000 os veciños e veciñas dos concellos de Vigo, Mos, Gondomar e Nigrán os que potencialmente se verán beneficiados destas melloras.

 

Por último, Bravo Bosch sinalou que a conservación das estradas autonómicas é unha prioridade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e, de feito, neste senso a Xunta de Galicia ten previsto mobilizar na área sur da provincia de Pontevedra máis de 11 millóns de euros ao longo dos vindeiros catro anos en obras de viabilidade e conservación ordinaria da Rede de Estradas de Titularidade Autonómica.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: