Basquiat, a primeira película de Julian Schnabel, mañá no ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo

 basquiat1

Vigo, 17 de marzo de 2015.- Basquiat, a primeira película do director e pintor Julian Schnabel, proxectarase mañá no ciclo Cine e Lingua organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Baseada na biografía de Jean-Michel Basquiat (interpretado por Jeffrey Wright), un pintor vangardista de graffitis que se converteu nunha das personaxes máis controvertidos e famosos da pintura contemporánea mundial, tras ser descuberto por Andy Warhol (David Bowie) a principios dos anos 80. Enganchado á cocaína, finou dunha sobredose aos 27 anos.

 

O film recibiu notables críticas sobre a súa banda sonora (Charlie Parker, Tom Waits) e o seu reparto: Jeffrey Wright, David Bowie, Deniss Hopper, Gary Oldman, Courtney Love.

 

A longametraxe poderase ver en versión orixinal cos subtítulos en castelán. Presentará a película e moderará o coloquio posterior, Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da UVigo.

 

O ciclo conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo e coa colaboración do Centro de Visitantes Cambón. Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia.

 

 

 

 

CICLO CINE E LINGUA

Basquiat (Julian Schnabel, 1996)

V.O. con subtítulos en castelán

 

 

Data:  18 de marzo

Hora:  20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: