CIG-SAUDE DENUNCIA a falta de información e o uso do silencio como ferramenta no que compete ao TRANSPORTE PÚBLICO.

Transporte-publico-NHV-Logo-cor-3_page1_image1CIG- SAUDE denuncia a falta absoluta de respostas e a total desinformación con respecto ao TRANSPORTE PÚBLICO do Novo Hospital de Vigo.

Os distintos organismos responsables ( empresas de transporte público, Concello, Xunta…) a día de hoxe, non deron resposta a toda esta problemática.

CIG-SAUDE, en Decembro 2014,  enviou distintos escritos aos organismos antes mencionados, solicitando informacíon sobre este asunto. A día de hoxe inda non hai resposta… O SILENCIO É A SUA FERRAMENTA

CIG-SAUDE, a data de Xaneiro 2015,  presenta escrito á  Xerencia  solicitando información, así como convidando a xuntanzas de traballo para acadar e garantir a maior rede de conexión de transporte público co NHV, obtendo o mesmo resultado….O SILENCIO É A SUA FERRAMENTA

SOLICTAMOS novamente ao Concello de Vigo máis á delegada da Xunta unha xuntanza onde se concrete unha rede de transporte público que supoña unha alternativa real tanto en número de liñas que se acheguen a NHV, como en horarios que teñan en conta  as quendas de entrada e saída das traballadoras e traballadores. Do mesmo xeito este transporte debe ter unha coordinación axeitada entre os diversos tipos de transporte colectivos da comarca, tendo en conta que o NHV vai dar servizo a usuarios procedentes de lugares moi distantes. Esta rede de transporte público ten que ser a verdadeira opción ao transporte privado e ao que iso supón….O APARCADOIRO DE PAGO

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: