Concello de Vigo

 


Caballero reclama á Xunta concertos educativos para a Escola de Xoiería Atlántico de Vigo

O alcalde apoiou hoxe martes as demandas dos reponsables da Escola de Xoiería Atlántico, de Vigo, que reclama que os seus ciclos oficiais sexan concertados pola Xunta de Galicia. Durante unha visita ás instalacións do centro, en Cabral, anunciu o envío dunha carta ao presidente da Xunta porque «non hai ningunha razón obxectiva nin fundamentación» para negar un concerto que a escola leva reclamando desde 2004.

 


Caballero salientou a vocación artística e educativa do programa municipal de medianeiras

O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, visitaron este martes algunhas das actuacións complementarias incluidas no programa de tratamento de medianeiras e outros espezos urbanos, neste caso, escolares pintando paneis no mercado de Teis e o alumnado do Pintor Laxeiro participando no mural dun dos muros do colexio.

 


O Concello ampliará ata final de curso o programa didáctico VigoHistoria sobre a Reconquista

Despois dunha visita ao colexio Igrexa-Valladares, onde se desenvolve este martes a formación sobre a historia da Reconquista, o alcalde de Vigo, Abel Caballero anunciou a intención do goberno local de continuar coa celebración do programa ata finais de curso, debido á alta demanda do mesmo por parte dos centros escolares.

 

O goberno local achega subvencións por valor de 360.000 euros a seis clubes de élite

O alcalde de Vigo asinou seis proxectos de colaboración con outras tantas entidades deportivas de élite por importe de 360.000 euros. Esta achega é unha parte da partida de 600.000 euros que o Concello adica as categorías máis altas do deporte vigués, unha cantidade á que hai que sumar o preto de medio millón de euros destiñado ao deporte de base.

 


O Concello colabora co musical Keltia, este sábado no Teatro García Barbón

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez Escudero, particpou este martes na presentación de «Keltia O Musical», que se representará no teatro Afundación este sábado, ás 20:30 horas, coa colaboración do Concello de Vigo. O espectáculo contará co actor Bruxo Queiman, a voz de Andrea Pousa e a música da Banda Keltia.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: