TRABALLO DESTACA A INNOVACIÓN COMO O INSTRUMENTO MÁIS EFICAZ PARA INCREMENTAR A PRODUTIVIDADE DAS COOPERATIVAS GALEGAS

  • A directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, inaugurou a xornada ‘Necesidade da actividade de I+D+i nas cooperativas e potencial das TICs no seu negocio’
  • Bouso explicou que o departamento autonómico ten o obxectivo de poñer a disposición das cooperativas “un amplo conxunto de servizos, completamente gratuítos, orientados a promover a I+D+i e as TICs
  • Para a directora xeral é importante prestar especial atención ao desenvolvemento de alianzas estratéxicas e aos novos modelos baseados no intercambio de información

 

Santiago, 18 de marzo de 2015.- A directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, destacou hoxe que “os grandes avances científico-técnicos, como a Investigación o Desenvolvemento e a innovación (I+D+i) sempre se traduciron nunha maior creación de riqueza para todos ao representar o instrumento máis eficaz para incrementar a produtividade e mellorar os servizos das e para as empresas, así como para as cooperativas”.

 

Carmen Bouso inaugurou a xornada ‘Necesidade da actividade de I+D+i nas cooperativas e potencial das TICs no seu negocio’ e, na súa intervención, destacou que as tecnoloxías da información e da comunicación nas cooperativas galegas “equivalen a impulsar a súa competitividade, dado que é un  factor empresarial clave para afrontar os retos que presenta o  futuro do mercado”.

 

A responsable de Economía Social valorou que as empresas que se queden fóra do seu desenvolvemento “terán máis facilidades para sobrevivir no futuro contorno nacional e internacional” polo que “a innovación é sempre posible e necesaria, con independencia do sector en que se mova a compañía”.

 

Neste sentido, Bouso explicou que o departamento autonómico ten o obxectivo de poñer a disposición das cooperativas “un amplo conxunto de servizos, completamente gratuítos, orientados a promover a I+D+i e as TICs”, así como “favorecer a creación de proxectos de cooperación, o intercambio de experiencias e fomentar a transferencia de coñecementos, tanto no seo da cooperativa, como a través das relacións con outros axentes do Sistema Galego de Innovación, para facer un sector cooperativo máis competitivo e con máis capacidade para afrontar o actual contexto económico”.

 

Para a directora xeral é importante prestar especial atención ao desenvolvemento de alianzas estratéxicas e aos novos modelos de creación de valor baseados na colaboración e o intercambio de información entre empresas ou entidades de iniciativa diversa como universidades, institutos, centros de investigación, empresas de enxeñería ou provedores.

 

Bouso concluíu que “a través destes acordos as cooperativas acceden a coñecementos novos, comparten riscos e recursos, evitando duplicidade en custos e esforzos, obteñen sinerxías ao explotar as súas complementariedades e acceden a novas tecnoloxías e aos recursos complementarios necesarios para explotalas”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: