A CIG pide a intervención inmediata da Xunta para garantir o servizos de transporte que presta Monbús e o mantemento dos empregos

Tras a detención do Presidente da empresa e o precinto das oficinas administrativas de Lugo

A Coruña, a 19 de marzo de 2015

Ante a detención do Presidente de Monbús, Raúl López, e o precinto das oficinas administrativas da empresa por orde xudicial, a CIG pide a intervención inmediata da Xunta de Galiza e que poña en marcha todos os mecanismos precisos para garantir o servizo público de transporte que presta o grupo empresarial e o mantemento dos centos de postos de traballo.

A CIG subliña a transcendencia destes feitos por canto Monbús é a compañía que máis rutas de transporte de viaxeiros/as cubre en  Galiza -a través do importante grupo de empresas- e tamén realiza transporte con outros puntos do estado e liñas internacionais. A este respecto,  o responsábel de Transportes da CIG, Xesús Pastoriza, aclara que os talleres non están precintados e polo tanto os autobuses poden circular, pero o peche das oficinas administrativas impide que o persoal denominado “de tráfico” acceda aos seus postos.

Estes traballadores e traballadoras son quen se encargan da xestión da extensa rede de rutas da empresa, e se na xornada de hoxe non organizan o tráfico, mañá non se poderá garantir a cobertura dos servizos. De aí, o chamamento urxente á Xunta de Galiza para que interveña ante o posíbel colapso do transporte de viaxeiros/as.

De igual xeito, a CIG vai solicitar unha reunión coa Dirección Xeral de Transportes para abordar a actual situación e buscar unha saída que permita manter o servizo e os empregos.

A maiores, Pastoriza apunta que para a CIG “non é ningunha sorpresa esta detención”. Lembra que a central sindical leva anos denunciando diante das diferentes administración as posíbeis irregularidades do grupo empresarial “sen que até o momento se tomara ningunha medida”. “Celebramos que sexa a xustiza agora quen actúe fronte a estas irregularidades, pero o goberno da Xunta non pode desentenderse da situación, pois esta empresa presta un servizo público a diario a centos de cidadáns/ás”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: