MEDIO AMBIENTE SALIENTA A FUNCIONALIDADE DA A-57 COMO CIRCUNVALACIÓN DE PONTEVEDRA E ALTERNATIVA LIBRE DE PEAXE Á AP-9

  • O director da Axencia Galega de Infraestruturas sinala que esta actuación de 6,5 quilómetros comeza á altura do enlace da Ermida e finaliza no punto quilómetro 6,5 de xeito que a conexión do seguinte treito poida evitar a mámoa de San Román-O Cruceiro
  • Recorda que se trata dunha actuación que proxecta o Ministerio de Fomento como unha vía de alta capacidade e libre de peaxe para as comunicacións no arco sureste da cidade de Pontevedra

Santiago, 19 de marzo de 2015.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, salienta que a futura A-57 será unha circunvalación de Pontevedra e mellorará a conectividade co Aeroporto de Peinador, configurándose como unha alternativa á AP-9 libre de peaxe. Así o puxo de manifesto o director da Axencia de Galega de Infraestruturas, Francisco Ménendez, durante a súa intervención esta mañá na eComisión 2ª, onde recordou que se trata dunha actuación proxectada polo Ministerio de Fomento como vía de alta capacidade para as comunicacións no arco sureste da cidade de Pontevedra, que xa está en avanzado estado de tramitación.

Con este vial facilitarase a comunicación entre a N-550 e a N-541 e dotarase de maior accesibilidade á zona leste da cidade, así como ao polígono industrial do Campiño e a plataforma loxística da Reigosa. Deste xeito preténdese reducir a presión circulatoria sobre o acceso sur a Pontevedra.

Esta obra, xunto coa dos treitos A Ermida-Pilarteiros, Pilarteiros-Barro e coa conexión coa AP-9 en Curro, constituirá a futura circunvalación de Pontevedra da A-57. O treito, de 6,5 quilómetros de lonxitude, comeza á altura do enlace da Ermida, sobre o punto quilométrico 4 da estrada autonómica PO-532, e finaliza no punto quilométrico 6,5 de xeito que a conexión do seguinte treito poida evitar a mámoa de San Román-O Cruceiro.

Ao mesmo tempo, a A-57 permitirá, na súa prolongación cara o sur, conectar o aeroporto de Peinador. Deste xeito, será unha alternativa a Rande sen peaxe e que permitirá mellorar a articulación territorial e mobilidade na zona sur da Comunidade.

 

Por último, o director considerou que sería unha postura máis lóxica que os cambios que se están a demandar dende a oposición se formularan durante a fase do estudo informativo e non despois de toda a tramitación necesaria para levar a cabo a obra.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: