OS MOZOS E MOZAS GALEGOS QUE PARTICIPEN EN PROGRAMAS DE EDUCACIÓN NON FORMAL PODERÁN CERTIFICAR A SÚA EXPERIENCIA

  • A orde que regula este recoñecemento xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e vai dirixida aos participantes en programas como Iniciativa Xove, Erasmus +, Xuventude en acción, A xuventude no mundo, campos de traballo e Galeuropa
  • Así o explicou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, tras presidir en Santiago a reunión do Comité galego de políticas de xuventude
  • Durante o encontro, avaliouse a execución da Estratexia de Xuventude de Galicia 2014-2016, unha planificación de carácter transversal destinada á mocidade

Santiago, 31 de marzo de 2015.- Os mozos e mozas galegos que participen, ou teñan participado, en programas de educación non formal poderán certificar esta experiencia, grazas á publicación a semana pasada no Diario Oficial de Galicia (DOG) da orde que regula este recoñecemento.

 

Este foi un dos aspectos dos que informou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na reunión do Comité galego de políticas de xuventude que tivo lugar esta mañá en Santiago. En concreto, sinalou que poderán optar a estas certificacións aqueles mozos e mozas que participen en programas como Iniciativa Xove, Erasmus +, Xuventude en acción, A xuventude no mundo, campos de traballo ou Galeuropa.

 

De feito, durante a súa intervención, a titular do departamento autonómico salientou a importancia da educación non formal, que permite complementar o currículo académico dos mozos e mozas, e adquirir competencias e aptitudes “moi valoradas” polas empresas. De aí que desde o Goberno galego se teñan mellorado estas iniciativas, tanto cuantitativa como cualitativamente.

 

Ademais, lembrou que a educación non formal é, xunto co emprego, un dos piares fundamentais da Estratexia de Xuventude de Galicia 2014-2016, unha planificación transversal, que conta coa implicación de todo o Goberno galego.

 

Precisamente, durante a reunión de hoxe avaliouse a execución desta folla de ruta e marcáronse os obxectivos de cara ao futuro. Cabe lembrar que se trata dun documento flexible, co fin de poder adaptarse ás novas situacións e demandas e obter así máxima optimización.

 

“Todos os avances realizados demostran a total confianza que a Xunta ten na mocidade. Conseguir que todo o potencial que atesouran se converta nunha realidade nos próximos anos é o gran desafío que hoxe en día conleva o deseño de políticas de xuventude”, rematou Mato.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: