MÁIS DE 900 ALUMNOS GALEGOS COÑECERÁN O FUNCIONAMENTO E AS INSTALACIÓNS DE METEOGALICIA ESTE MES

  • Un total de 18 grupos de distintos institutos e centro educativos coñecerán os equipos que usan os técnicos para realizar os prognósticos meteorolóxicos
  • Estas actividades adáptanse e adecúanse ao nivel e intereses do auditorio, de modo que se profundiza máis ou menos segundo o devandito nivel
  • Durante estas actividades formativas os meteorólogos fan especial fincapé nas fontes de incerteza que existen no traballo de toma de datos e na posterior predición

 

Santiago, 6 de abril de 2015.- Un total de 910 alumnos de 10 centros escolares e centros de ensino de Galicia coñecerán o funcionamento e as instalacións de Meteogalicia ao longo do mes de abril. Repartiranse nun total de 18 grupos para que coñezan as instalacións deste servizo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Na seguinte táboa indícanse o calendario de visitas para o mes de abril ás instalacións:

 

Día Hora Centro Curso Concello
07-04-15 10:00

10:30

IES Plurilingue As Bizocas Dous grupos de 1º e 4º da ESO San Vicente- O Grove
08-04-15 10:30 Seminario Menor 20 alumnos de 1º de BAC Santiago
09-04-15 10:00 IES Marco do Camballón 40 alumnos de 1º e 2º de BAC Vila de Cruces
14-04-15 10:00

10:30

CPR Santiago Apóstol Dous grupo de 55 alumnos de 4º da ESO e 1º e 2º de BAC Soutomaior
15-04-15 10:30 IES A Pinguela 20 alumnos de 3º da ESO Monforte de Lemos
16-04-15 10:00

10:30

IES Fernando Wirtz Dous grupo de 45 alumnos de 1º da ESO A Coruña
17-04-15 10:00 IES Manuel García Barros 70 alumnos de 1º da ESO A Estrada
21-04-15 10:00

10:30

IES de Mos Dous grupos de 63 alumnos de 2º da ESO Mos
22-04-15 10:00

11:00

IES Fernando Wirtz Dous grupo de 45 alumnos de 2º da ESO A Coruña
23-04-15 10:30 Colexio Os Sauces 42 alumnos de 3º e 4º de Primaria Pontevedra
28-04-15 10:00

10:30

IES de Mos Dous grupos de 62 alumnos de 2º da ESO Mos
29-04-15 10:30 CEIP de Sigüeiro 48 alumnos de 5º de Primaria Oroso

 

Estas actividades adáptanse e adecúanse ao nivel e intereses do auditorio, de modo que se profundiza máis ou menos segundo o devandito nivel. No caso de alumnos de Bacharelato, ademais, insistirase na descrición das situacións sinópticas e o seu recoñecemento. Para alumnos de Universidade ou outro tipo de grupos explicarase tamén o funcionamento dos modelos meteorolóxicos, a interpretación dos seus resultados e o uso da páxina web de Meteogalicia na que se poderá atopar toda a información que se precisa para realizar a predición. Tamén se deteñen, si é de interese, nun aspecto fundamental da meteoroloxía como é a detección e seguimento de fenómenos meteorolóxicos adversos e fan especial fan especial fincapé nas fontes de incerteza que existen no traballo de toma de datos e na posterior predición.

 

Estas actividades divulgativas están enfocadas tanto a estudantes de centros de ensinanza, como ás asociacións culturais. Para elo, ademais de incluír visitas ás instalacións de Meteogalicia en San Lázaro, tamén se explican os pasos esenciais que se deben dar para realizar as predicións meteorolóxicas. Na seguinte táboa indícanse por día os centros que participarán nesta actividade formativa.

 

Cando os visitantes chegan ás instalacións de Meteogalicia amósaselles a sala de predición, onde se explican as ferramentas que usan os técnicos para levar a cabo o seu traballo, así como unha explicación básica do proceso de predición meteorolóxica. Faise un especial fincapé nas fontes de incerteza que existen no traballo de toma de datos e na posterior predición. Tamén se fai unha breve presentación, que representa unha toma de contacto coa meteoroloxía e á climatoloxía, que no caso de alumnos de Primaria e Secundaria serve para repasar os conceptos de diferenza entre tempo e clima, ciclo hidrolóxico, borrascas e anticiclóns, frontes, furacáns, tornados e imaxes de satélite, entre outros.

 

Para rematar, invítase ao alumnado a visitar unha mostra de aparellos meteorolóxicos, na que se explican os distintos sensores e a súa utilidade así como se dan algunhas pinceladas sobre o traballo de observación meteorolóxica e mantemento da rede de estacións meteorolóxicas deste organismo autonómico.

 

Meteogalicia recibe alumnos de colexios e institutos dende o seu comezo, hai 15 anos, xa que sempre se considerou unha parte fundamental da meteoroloxía dar a coñecer cómo se fan as predicións e medicións do medio atmosférico. Para máis información sobre o contido das conferencias que se imparten en Meteogalicia hai que consultar o seguinte enlace:

http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/meteoescolas/infoConferencias_gl.pdf.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: