O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA A LICITACIÓN DA REDACCIÓN DO PROXECTO DA NOVA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VIGO

clip_image002De acordo co cronograma previsto polo Goberno galego será posible iniciar as obras da primeira estación intermodal da Comunidade no segundo semestre de 2016

  • A data límite para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 21 de maio
  • A previsión é que no segundo semestre deste ano, tras a correspondente adxudicación, poida asinarse o contrato e dean comezo seguidamente o traballos de redacción

Santiago, 6 de abril de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación da redacción do proxecto para executar a nova estación de autobuses de Vigo. Este documento definirá os aspectos fundamentais do proxecto da nova estación, no que respecta á funcionalidade, formas, construción ou os aspectos económicos. A licitación destes servizos conta cun investimento de preto de case 350.000 euros e un prazo de execución de nove meses.

A previsión é que no segundo semestre deste ano, tras a correspondente adxudicación, poida asinarse o contrato e dean comezo seguidamente o traballos de redacción.

Destacar que a data límite para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 21 de maio deste ano, ás 19.00 horas, e a apertura de ofertas realizarase aberta ao público, no Edificio Administrativo de San Caetano s/n, en Santiago de Compostela.

Este contrato constitúe un paso máis para acadar a intermodalidade entre os diferentes modos de transporte, con vistas a favorecer a mobilidade das persoas e potenciar o uso do transporte público. Unha intermodalidade que sen dúbida promoverá a posta en marcha do novo Plan de Transporte Metropolitano de Vigo previsto para finais de abril, que incluirá o transporte de ría.

Traballos a levar a cabo

En concreto, o contrato inclúe os seguintes traballos:

 

  • Topografía. Realización dos traballos topográficos necesarios para a redacción dos proxectos básico e de execución.
  • Recompilación da información xeotécnica existente e realización dos traballos necesarios para a redacción dos proxectos básico e de execución
  • Patrimonio cultural. Recompilación da información arqueolóxica existente e realización das prospeccións necesarias para a realización do proxecto.
  • Redacción do proxecto básico. Definirá os aspectos fundamentais da obra (funcionais, formais, construtivos e económicos) mediante a adopción e xustificación de solucións concretas.
  • Redacción do proxecto de execución. Desenvolverá o proxecto básico e definirá a obra na súa totalidade coa determinación completa dos detalles e especificacións de todos os materiais, elementos, sistemas construtivos e equipos necesarios.
  • Edición e reprodución. Edición e reprodución das copias necesarias dos documentos definitivos, tanto en papel como en formato dixital (aberto e de só lectura). Inclúe a elaboración dunha infografía en 3D e dunha maqueta.

 

Cronograma

O cronograma previsto polo Goberno autonómico para executar en Vigo a primeira estación intermodal da Comunidade permitirá o inicio das obras desta infraestrutura no segundo semestre de 2016 e a súa conclusión no primeiro semestre de 2018.

 

A licitación fíxose efectiva o pasado martes, 30 de marzo, a través da plataforma de contratos públicos de Galicia. Este proxecto definirá os aspectos fundamentais do proxecto da nova estación, no que respecta á funcionalidade, formas, construción ou os aspectos económicos.

 

A Xunta de Galicia contratou en xullo de 2014 o estudo da estación intermodal de Vigo por 42.500 euros de orzamento de adxudicación.

 

En decembro de 2014 quedaron rematados os estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Vigo. Estes traballos incluían a realización de diversos estudos (programa de necesidades, estudo funcional da nova terminal, proposta de reordenación de liñas de autobús e estudos de tráfico e de capacidade xeométrica das vías máis próximas) necesarios para a correcta definición destas novas instalacións e o peche da estación de autobuses actual localizada na avenida de Madrid.

 

Coñecidas as necesidades da nova terminal de autobuses, no estudo funcional realizado, analízanse diferentes ordenacións do espazo dispoñible representando a situación dos diferentes servizos e das dársenas e os movementos dos autobuses e o seu trazado nos xiros.

 

Da análise realizada seleccionouse a alternativa 6, cunha superficie construída de 9.000 m2, como a máis adecuada tanto desde o punto de vista funcional como económico.

 

Esta alternativa propón o deseño dunha terminal en superficie a cota de rúa formada por dársenas de servizo máis unha zona de regulación.

 

Prevese tamén un módulo de conexión co futuro vestíbulo da estación ferroviaria, dotado das instalacións de accesibilidade necesarias (escaleiras mecánicas, ascensores, por exemplo).

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: