O INDICADOR DE CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS ACADA O NIVEL MÁIS ALTO DENDE 2003 POLAS MELLORES PERSPECTIVAS DA SITUACIÓN ECONÓMICA E DO EMPREGO

 

  • As perspectivas das familias galegas sobre a situación financeira persoal e a evolución do desemprego melloran no último ano en 15 e 26 puntos, respectivamente

Santiago, 6 de abril de 2015.- O indicador de confianza dos fogares galegos correspondente ao primeiro trimestre de 2015 acadou o seu nivel máis alto dende o ano 2003 debido ás mellores perspectivas da situación económica e da evolución do emprego, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En concreto, o Indicador de Confianza do Consumidor (ICC) no primeiro trimestre de 2015 mellorou en máis de 15 puntos en comparación co mesmo período do ano anterior. Ademais, tamén mellorou en máis de 7 puntos respecto ao último trimestre de 2014.

Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.

Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a situación financeira persoal melloraron en 9 puntos no último ano. Ademais, as expectativas que teñen as familias sobre a evolución do desemprego tamén melloran en preto de 26 puntos con respecto ao primeiro trimestre do 2014.

En canto ás perspectivas de evolución da situación económica en Galicia, tamén mostran unha evolución positiva. Neste sentido, o indicador reflicte unha mellora de case 28 puntos no último ano, e de 10 puntos con respecto ao último trimestre do pasado ano.

Situación económica dos fogares

O organismo estatístico da Administración galega tamén analiza nesta enquisa trimestral a situación económica dos fogares da Comunidade durante os últimos tres meses.

Os datos correspondentes ao primeiro trimestre do 2015 sinalan que o número de fogares que declara chegar con dificultades a fin de mes reduciuse en dous puntos en comparación co mesmo trimestre do ano anterior

ICC Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) Desemprego (perspectivas de evolución)
2012/I -29,04 -13,69 -28,17 -33,05 -41,24
2012/II -32,93 -17,12 -32,44 -35,94 -46,20
2012/III -40,83 -23,00 -31,24 -51,17 -57,92
2012/IV -41,45 -26,18 -41,93 -46,28 -51,42
2013/I -43,26 -27,34 -40,12 -51,12 -54,46
2013/II -36,38 -19,68 -28,89 -47,19 -49,77
2013/III -28,07 -11,55 -25,06 -40,00 -35,65
2013/IV -29,80 -11,69 -32,74 -34,82 -39,95
2014/I -25,29 -14,48 -31,56 -28,05 -27,08
2014/II -15,90 -9,33 -22,59 -15,97 -15,73
2014/III -17,16 -13,40 -26,30 -15,32 -13,64
2014/IV -17,00 -5,45 -35,86 -10,03 -16,68
2015/I -9,94 -5,53 -32,32 -0,38 -1,52

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: