Esixe o complemento de alugamento de cobrares a RISGA

Xuño de 2014 era o prazo máximo que a Xunta se fixou como tope para ter publicado o Decreto que desenvolvera a nova Lei de inclusión social de Galicia que trouxo mudanzas na RISGA. Imos camiño dun ano de espera e semella que a Xunta aínda vai tardar en dar resposta a unha desfeita que golpea con dureza ás persoas máis empobrecidas. Mentres seguimos a sufrir a RISGA, que lonxe de ser unha solución para o empobrecemento crecente que padecemos, afóndanos máis na miseria.

Atrasos, contías insuficientes, aplicación/interpretación restritiva da lei, orzamentos raquíticos… son denuncias feitas nos últimos anos ás cales a Xunta responde ben co silencio, ben con medidas propagandísticas que só provocan confusión entre as partes implicadas.

Hai uns meses denunciabamos que, sen termos o Decreto, os nosos dereitos fican gravemente danados. Por unha banda, o non desenvolvemento da lei impide a posta en marcha daqueles aspectos que a priori seríannos máis beneficiosos, e por outra colócanos nunha situación de indefensión/inseguridade ao descoñecer moitos dos criterios que aplica a consellería dirixida por Beatriz Mato para a concesión ou denegación das solicitudes.

Un claro exemplo disto é o complemento de alugamento. Mentres non haxa Decreto, a contía de dito complemento queda recortada. A lei fixa por este concepto até un máximo de 133 €, que polo momento (mentres non se publique o Decreto que desenvolve a lei) só pode chegar aos 53 €.

Á opacidade da Xunta en todo o relacionado coa aplicación da nova regulación da RISGA, hai que sumar en gran medida o descoñecemento dos servizos sociais municipais. No caso do complemento de alugamento provoca que moitas posibles beneficiarias deses cartos fiquen sen eles tan só porque a traballadora social non llo incluíu na solicitude. O proceso é ben sinxelo:

– A traballadora social do concello propón perante a Xunta a inclusión do complemento de alugamento. Apenas riscar cunha “X” nun formulario.

– A beneficiaria ten que ter contrato de alugamento en vigor e a renda abonada ten que representar cando menos o 40% dos seus ingresos mensuais.

– Xunto á valoración da traballadora social a proposta ten que ir acompañada da copia do contrato de alugamento e dos dous últimos xustificantes de pagamento da vivenda.

Por falla de información, non fiques sen dereitos. Pide cite coa traballadora social para que che tramite o complemento de alugamento.

Abril 2015

ODS- Coia

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: