Archive | abril 8, 2015

Jenny and the Mexicats publican en España “Frenético Ritmo” (Esmerarte 2015) el 28 de abril

Jenny and the Mexicats publican en España “Frenético Ritmo” (Esmerarte 2015) el 28 de abril

unnamed

Jenny and the Mexicats es una banda multicultural que, de la mano de Esmerarte, editará su música en España, país donde Jenny, inglesa; Icho y Pantera, mexicanos;  y David, español, comenzaron esta aventura casi por casualidad. 
Jenny and the Mexicats, cuyo nombre es un guiño a la forma coloquial de llamar a los madrileños (gatos), uniéndola al origen de dos de sus músicos, mezclan ritmos de jazz, rockabilly, folk, flamenco, reggae, son veracruzano, country o cumbia… lo que les imprime unapersonalidad única prácticamente inimitable.

Resulta difícil definir qué influencias se aprecian en sus canciones… tal vez sean las propias, las culturales, las que marcan los pasos de una banda que cita como referencias a Paco de Lucía, Muse, Stray Cats, Lee Rocker, Pantera, Los Delinquentes, David Bowie o The Cat Empire.

Sus temas saltan de uno a otro estilo con una naturalidad en apariencia imposible. Ahora te encuentras en la plaza de Garibaldi, ahora en un tablao flamenco, y de pronto, en una playa de Jamaica. Un viaje musical que nos demuestra que no hay fronteras cuando de música se trata. Tampoco hay etiquetas, ni prejuicios, ni tapujos.

Su musicalidad, unida a la calidad de la agrupación, al igual que la profundidad de sus arreglos e interpretaciones, se une con el poder inevitable y la conexión que los miembros de la banda tienen en el escenario.
Frenético ritmo“, que publicará Esmerarte en el mes de abril, es una compilación de los mejores temas de sus 2 referencias discográficas: Jenny and the Mexicats y OME.

Vídeo “Me voy a ir”, aquí.

Escúchalos aquí.

Primeras fechas confirmadas:

15 mayo, Sala El Loco + Fnac Valencia, Valencia
16 mayo, Sala Galileo Galilei, Madrid
17 mayo, Fnac Callao, Madrid
22 mayo, Sala Azkena, Bilbao
23 mayo, Sala Sidecar, Barcelona

www.themexicats.com

 

O 9 DE ABRIL CHÉVERE PRESENTA O LIBRO-DISCO-DVD “MÁIS ALÁ DA ULTRANOITE” EN DETRÁS DO MARCO

Vigo

Chévere, a primeira compañía galega que recibiu o Premio Nacional de Teatro, chega a Vigo e a Detrás do Marco. O día 9 de abril (20.00 horas) presentará en Detras do Marco (rúa de Londres, s/n) Máis Alá da Ultranoite, o libro-disco-DVD que recolle a historia da Ultranoite:  case 100 sketches en vídeo correspondentes a dúas décadas de vida deste cabaré e a banda sonora da Ultranoite no País dos Ananos, galardoada recentemente co premio María Casares.

Toda a compañía xuntarase en Detrás do Marco para facer unha proxección comentada dos vídeos históricos deste cabaré made in Galicia, e ao rematar interpretaranse en acústico algúns dos temas da Ultranoite no País dos Ananos. Ademais, poderás mercar o libro cun 10% de desconto e se cadra levalo asinado por Miguel de Lira, Patrica de Lorenzo, Mónica García e o resto da compañía. Animámosche a facer un oco na túa axenda e brindar con nós polas máis de dúas décadas de vida da Ultranoite.

Entrada de balde!

Día: 9 de abril

Hora: 20.00 horas

Lugar: Detrás do Marco

A XUNTA DESTACA OS AVANCES SOCIAIS DO POBO XITANO E APOSTA POR SEGUIR INCREMENTANDO A SÚA INCLUSIÓN

  • O Goberno galego súmase á celebración do Dia Internacional do Pobo Xitano, que ten entre os seus obxectivos visibilizar este colectivo
  • A Xunta lembra que segue a ser preciso promover o coñecemento e o respecto mutuo cun enfoque intercultural e fomentar a participación das persoas xitanas en todos os eidos da sociedade galega
  • A Consellería de Traballo e Benestar está a desenvolver a Estratexia sectorial da Poboación Xitana en Galicia 2014-2020

Santiago, 8 de abril de 2015.- O Goberno galego súmase hoxe á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano e lembra que esta xornada ten unha profunda significación para a poboación xitana de todo o mundo e tamén para Galicia. “O recoñecemento das achegas sociais, económicas e culturais do pobo xitano á historia e á identidade da nosa terra, así como dos logros que fomos quen de alcanzar xuntos, axúdanos ademais a poñer nun primeiro plano os retos que temos pendentes de conseguir” destaca a Xunta.

 

Este día, que rememora o Congreso Mundial Xitano celebrado en Londres en 1971, é unha data emblemática, xa que neste congreso institucionalizouse o himno e a bandeira xitana, deuse proxección internacional ás dificultades e as discriminacións que o pobo xitano sufriu ao longo da historia e rendeuse un merecido tributo a todas as persoas xitanas.

 

Hoxe, como entón, segundo precisa a Xunta, é necesario seguir reivindicando os dereitos do pobo xitano en Galicia e en todo o mundo, ao tempo que destaca que en Galicia, como España e os demais países da Unión Europea, está “firmemente comprometida” cos valores da xustiza, a liberdade, o pluralismo e a igualdade de oportunidades. “Pero, para que estes valores sexan reais e efectivos quedan cousas por facer, por cambiar e mellorar, pois o recoñecemento formal dos dereitos non sempre vai acompañado dun exercicio libre de atrancos por parte de todas as persoas e os grupos”, subliña.

 

Os avances experimentados pola poboación xitana en Galicia nas últimas décadas son “incuestionables”. Pero xunto a esta realidade positiva, segue sendo preciso, tal e como recorda a Consellería de Traballo e Benestar, promover o coñecemento e o respecto mutuo cun enfoque intercultural, e fomentar a participación das persoas xitanas en todos os eidos da sociedade galega: tanto no social, como no económico e no laboral.

 

Así mesmo, o Goberno galego sinala que a sociedade galega ten a aspiración e demanda que todos os galegos e as galegas vivan en igualdade de dereitos, con independencia da súa orixe, raza, cultura e condición e, para logralo, o Goberno galego comprométese a promover a inclusión social activa das persoas xitanas en todos os ámbitos, así como ao desenvolvemento de actuacións compensatorias que posibiliten que estas sexan quen de exercer os seus dereitos sociais e económicos con plenitude, sen discriminacións nin atrancos que non representan o sentir da cidadanía galega en ningún caso.

 

Para iso, a Consellería de Traballo e Benestar lembra que está a desenvolver a Estratexia sectorial da Poboación Xitana en Galicia 2014-2020, que se elaborou coa participación activa das entidades locais e das asociacións e organizacións non gobernamentais que representan e están a traballar coa comunidade xitana,  e subliña que é “unha boa ferramenta para alcanzar estes obxectivos”.

 

“A consecución dos retos que temos trazados, nos afecta a todos: tanto á sociedade civil, como ao Goberno galego. Hoxe, Día Internacional do Pobo Xitano, reiteramos a nosa determinación para alcanzar unha sociedade máis inclusiva e aberta. Esta é a nosa aspiración e o noso compromiso”, remata o Goberno galego.

A XUNTA, A AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO E O CONSORCIO DA ZONA FRANCA SELAN O ACORDO QUE PERMITIRÁ LICITAR AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DA PLISAN

A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, reuniuse co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e a delegada do Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa, no marco da comisión de seguimento para o impulso desta plataforma loxística

  • Na xuntanza de hoxe asinouse o documento que establece as obrigas de cada organismo en relación coa licitación, contratación, execución e supervisión das obras da primeira fase dos sistemas xerais
  • A primeira fase inclúe as obras do vial principal de acceso e os servizos asociados como alumeado, subministración eléctrica, telecomunicacións, drenaxe de augas pluviais, saneamento e rede de abastecemento
  • Estanse a desenvolver de xeito coordinado cos sistemas xerais a estación de tratamento de auga potable (ETAP) e a fase inicial da depuradora, para dar servizo ás primeiras empresas que se implanten neste solo empresarial

Vigo, 8 de abril de 2015.- A Xunta, a Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio da Zona Franca de Vigo selaron hoxe o texto que permitirá licitar as obras da primeira fase da  Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN).

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e a delegada especial do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, no marco da comisión de seguimento do acordo para o impulso da PLISAN.

Na xuntanza de hoxe asinouse o documento que establece as obrigas de cada un dos organismos en relación coa licitación, contratación, execución e supervisión das obras da primeira fase dos sistemas xerais, así como os traballos técnicos necesarios para o seu desenvolvemento.

Cómpre lembrar que o pasado 3 de marzo as administracións anteriormente citadas asinaron o convenio para a reposición do réxime de condominio na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves.

 

A primeira fase da PLISAN inclúe tanto as obras do vial principal de acceso como os servizos necesarios asociados a este (alumeado público, subministración eléctrica, telecomunicacións, drenaxe de augas pluviais, saneamento e rede de abastecemento…), para o desenvolvemento urbanístico da primeira fase de solo empresarial.

 

Tamén se está a desenvolver de xeito coordinado cos sistemas xerais a estación de tratamento de auga potable (ETAP), coa súa correspondente captación, e a fase inicial da estación depuradora de augas residuais (EDAR), para dar servizo ás primeiras empresas que decidan implantarse neste solo empresarial.

 

A XUNTA GARANTE Á FEGAMP A LEGALIDADE, FLEXIBILIDADE E BENEFICIOS DOS NOVOS CONVENIOS ENTRE OS CONCELLOS E A AXENCIA DE SERVIZOS SOCIAIS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe un encontro de traballo co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey, e os vicepresidentes
  • Mato presentoulles un informe da asesoría xurídica da Xunta para despexar todas as dúbidas sobre os novos acordos que se están remitindo ás entidades locais
  • Recordou que a achega económica proposta nestes textos nunca vai ser superior á recollida nos anteriores convenios asinados co Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar
  • O novo organismo é a única axencia dependente da Xunta que conta con representación municipal no seu órgano máximo de decisión

 

Santiago, 8 de abril de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar garantiulle hoxe á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a legalidade, a flexibilidade e os beneficios dos novos convenios que se están remitindo ás entidades locais que forman parte do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar para que se adhiran á nova Axencia galega de servizos sociais.

 

Así llo trasladou hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, ao presidente da Fegamp, José Manuel Rey, e aos seus vicepresidentes, durante unha xuntanza de traballo sobre este asunto mantida en Santiago.

 

Durante o encontro, a titular deste departamento autonómico aproveitou para presentarlles un informe encargado á Dirección Xeral da Asesoría Xurídica da Xunta “que servirá para despexar calquera tipo de dúbida” que poidan ter as entidades locais sobre os convenios. Neste informe, entre outros aspectos, destácase que a sinatura dos mesmos supón un “acordo voluntario de xestión” entre dúas partes.

 

Así, proseguiu, a adhesión á Axencia “non é só legal, senón tamén moi positiva”. As condicións incluídas nas propostas remitidas desde a Xunta ata o momento son “beneficiosas” para os concellos, posto que recollen unha achega económica fixa, que nunca vai ser superior  á que está establecida nos convenios xa asinados co Consorcio. “É máis, na inmensa maioría dos casos vai ser inferior”, subliñou a conselleira.

 

Ademais, e respondendo á demanda da Fegamp, os concellos só aboarán o que corresponde aos usuarios dos centros que sexan do propio municipio, o que en moitos casos suporá unha cifra menor. Na actualidade é a localidade onde está situado o centro a que aboa unha porcentaxe sobre o total do mantemento da instalación, independentemente da procedencia dos seus usuarios.

 

En todo caso, a flexibilidade dos novos acordos está “garantida”. “Estamos abertos a escoitar todas as propostas para acadar os mellores convenios posibles. O que temos enviado ata agora é unha proposta, un convenio marco que en absoluto é pechado”, explicou Mato, quen detallou que serán posibles tratos diferenciados “sempre que se baseen en razóns obxectivas e sigan unha regra básica: a situacións idénticas, solucións idénticas. É dicir, velando sempre por que as condicións sexa igualitarias e non discriminatorias”.

 

Axencia Galega de Servizos Sociais

Segundo resaltou Mato, o obxectivo da nova Axencia –constituída en xuño de 2014- é continuar prestando uns servizos sociais de calidade, unha meta que require da cooperación de todas as administracións. De aí que este organismo sexa a única axencia dependente da Xunta que conta con representación municipal no seu órgano máximo de decisión, o Consello Reitor.

 

Ademais, a Axencia comportará outros beneficios, como o de unificar todos os recursos humanos e materiais dos que dispón o Goberno galego para prestar os servizos sociais. Deste xeito, actualmente estase avanzando no proceso de integración paulatina que se está acometendo a medio prazo, dado que este ente aglutinará 300 centros e máis de 4.200 traballadores, polo que será unha das axencias máis grandes do Goberno galego. Isto permitirá vantaxes concretas como unha xestión integrada, a aplicación dos mesmos criterios de calidade para todos os servizos, ou o incremento da especialización.

MEDIO AMBIENTE LICITA POR 400.000 EUROS OBRAS DE MELLORA DO FIRME EN TRES ESTRADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • clip_image002Actuarase en varios treitos das estradas PO-325, PO-340 e PO-552, da zona sur da provincia
  • Mediante este contrato mellorarase o estado de conservación destes viais e en consecuencia a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios

Santiago, 8 de abril de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), as obras de reparación do firme en tres estradas da rede viaria autonómica do sur da provincia de Pontevedra que contan un orzamento próximo aos 400.000 euros (399.215,63).

 

Con esta actuación o Goberno autonómico mellorará o estado do firme, para favorecer a comodidade dos usuarios e a seguridade viaria nas estradas Tui – A Ramallosa (PO-340), ao seu paso polo Concello de Nigrán, e Vigo – Tui (PO-552). Ademais, repararase o firme en dúas glorietas da estrada PO-325 de Vigo á A Ramallosa.

 

As obras consistirán na rehabilitación do firme existente en treitos localizados, por medio da substitución da capa de rodadura, previo fresado do firme actual. Os traballos completaranse coa reposición da sinalización horizontal e melloras na sinalización vertical e balizamento, e a execución de gabias de seguridade en zonas puntuais.

 

As actuacións desenvolveranse nos seguintes tramos:

 

DENOMINACIÓN TREITOS DE ACTUACIÓN
PO-325 (Vigo – A Ramallosa) PK´s 0+250 e PK 1+600
PO-340 (Tui – A Ramallosa) Entre o PK 19+000 e o 21+500
PO-552 (Vigo – Tui) – Entre o PK 0  e o 9+000 e

– Dende o 36+000 ao 59+000.

 

Na estrada PO-325 realizarase a rehabilitación do firme en dúas glorietas situadas nos puntos quilométricos 0+250 e 1+600, no Concello de Vigo.

 

Os traballos a realizar na PO-340 desenvolveranse no treito comprendido entre A Texosa (PK 19+000) e a glorieta da Ramallosa (PK 21+500), no Concello de Nigrán. Compre salientar que no treito restante da estrada se realizaron nos últimos anos obras de mellora nas que se investiron máis de 1,2 millóns de euros.

 

Por último, na estrada PO-552 os traballos desenvolveranse en dous treitos diferenciados: dende a saída de Vigo (PK 0+000) ata a travesía de Nigrán (PK 9+000), nos Concellos de Vigo e Nigrán, e dente a travesía de Oia (PK 36+000) ata Figueiró (PK 59+000,  no Concello de Tomiño), unha vez pasada a ponte internacional de Goián. Nos últimos 10 quilómetros deste treito a estrada discorre en paralelo ao corredor Goián – A Guarda posto en servizo pola Xunta no pasado verán, polo que esta conta cun vial alternativo neste tramo.

 

As obras terán unha duración de 3 meses e proporcionarán unha rede mais cómoda e segura en beneficio dos mais de 375.000 habitantes dos concellos de Vigo, Nigrán, Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño.

 

Conservación de estradas

Dende a Consellería de Medio Ambiente sinálase que estes traballos  son un bo exemplo do esforzo que o departamento que dirixe Ethel Vázquez está a realizar en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, ás que se destinará un investimento superior aos 24 millóns de euros neste ano, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias coma a que se licita no día de hoxe.

Antonio Méndez dirixe mañá a Sinfónica de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) ofrece en Vigo un novo concerto dentro da tempada de abonos de música clásica coa Orquesta Sinfónica de Galicia (osg) dirixida nesta ocasión por Antonio Méndez e con Claudia Walker como frautista solista. O recital terá lugar o mañá xoves 9 de abril, ás 20.30 h, no Teatro Afundación en Vigo. Nel, a agrupación sinfónica interpretará o Concerto para frauta, de Carl Nielsen (1865-1931), a Sinfonía número 5 en mi bemol maior, op. 82 de Jean Sibelius (1865-1957) e Converxencias, de Juan José Colomer (1966).

A Real Filharmonía de Galicia con Fabien Gabel e Beatrice Rana

O Teatro Afundación en Vigo acollerá o vindeiro venres 17 de abril, ás 20.30 horas, o concerto da Real Filharmonía de Galicia. Dirixida nesta ocasión por Fabien Gabel e con Beatrice Rana ao piano, interpretará o Concerto para piano número 1,composto por Ludwig Van Beethoven, Homenaxe a Mozart, de Jacques Ibert, e a Sinfonía número 36 en do maior, de Wolfang Amadeus Mozart. As entradas para este espectáculo están á venda a través das canles habituais da entidade, enwww.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada.

Último mes para a presentación aos premios de xornalismo de Afundación

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e Ámbito Cultural de El Corte Inglés colaboran na nova convocatoria dos premios de xornalismo, que son unha referencia dentro do seu ámbito, e cuxo prazo de presentación de traballos remata o vindeiro 30 de abril. A esta nova edición poderanse presentar todos aqueles artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben en artigo de opinión, coa única condición de que tan só se pode achegar un texto por autor que fose recollido en calquera de comunicación, impreso ou dixital, de recoñecidas cabeceiras.

 

Elia Baltazar pide garantías para una prensa libre

“La democracia, entendida solo como alternancia en el Gobierno, no es garantía para una prensa libre”, aseguró Elia Baltazar, representante del colectivo mexicano Periodistas de a Pie, al recoger en Córdoba el VIII Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado, galardón organizado por el Sindicato de Periodistas de Andalucía (SPA) en recuerda al periodista fallecido en Bagdag en 2003.

La periodista mexicana Elia Baltazar recoge el premio Julio Anguita parrado acompañada por los miembros del jurado

El SPA informa de que Salón de Mosaicos del Alcázar de los Reyes Cristianos de Córdoba fue el escenario de la entrega del Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado al colectivo mexicano Periodistas de a Pie. En nombre de este grupo, Elia Baltazar, recogió el galardón tras relatar a los asistentes las dificultades que los profesionales de la información y la comunicación encuentran en México para informar.

“Periodismo y democracia van de la mano pero la democracia, confundida solo con alternancia o cambio de gobierno, no es garantía para una prensa libre y en México comenzamos a contar periodistas muertos y desaparecidos el mismo año que por primera vez hubo alternancia en el poder” señaló Baltazar, quien recordó que desde el año 2000 entre 82 y 102 periodistas han sido asesinados mientras que entre 17 y 22 se encuentran desaparecidos, según las fuentes.

Desde 2007, Periodistas de a Pie desarrolla una constante labor de denuncia de la situación de violencia que se vive en México y del mal clima para las libertades ciudadanas y la democracia además de la “insana relación entre la prensa y el poder, que ha prevalecido a fuerza de la dependencia económica de la publicidad oficial” que, según Elia Baltazar, ha descompuesto la confianza de los ciudadanos en sus periodistas al mismo tiempo que ha favorecido el abuso, la corrupción y la impunidad. Estas actuaciones y la peligrosidad que supone ejercer el periodismo en este país inclinó al jurado a conceder el premio a este colectivo “por la heroicidad” demostrada cada día en su trabajo, según quedó recogido en el acta.

Lola Fernández Palenzuela, secretaria general del Sindicato de Periodistas de Andalucía, destacó en la entrega del Premio la necesidad de que los periodistas se movilicen por defender la profesión y recordó que la “tentación de matar al mensajero es tan vieja como la propia existencia del periodismo”.

Señaló además que junto a la compra de la independencia de los medios a través de acuerdos comerciales o la inserción de campañas de publicidad oficial, en nuestro país también se detectan otras prácticas como la injerencia desde los poderes políticos y económicos en la tarea de los periodistas o las presiones ejercidas a través de la precarización de sus condiciones laborales. Por todo ello, invitó a todos los profesionales a implicarse, a través de las organizaciones sindicales y profesionales en la defensa del buen periodismo “porque lo que está en juego no es solo el derecho a informar de los profesionales sino el de la ciudadanía a recibir información veraz, plural y contrastada”.

Julio Anguita, padre de Julio Anguita Parrado, el joven periodista cordobés que perdió la vida en Bagdag mientras cubría la guerra de Iraq para El Mundo, reconoció la labor de Periodistas de a Pie y señaló que, como miembro del jurado en representación de la familia, en esta edición había sido muy difícil decidir. Adelantó además que su familia siempre respaldará este premio que recuerda con cariño a su hijo “mientras estemos, cuando él estúpidamente, no está”.

El acto contó además con la presencia de José Carlos Gómez Villamandos, rector de la Universidad de Córdoba, quien señaló que en este momento “las palabras son más necesarias que nunca” y mostró su agradecimiento por participar en este Premio. Por su parte, José Antonio Nieto Ballesteros, alcalde de la capital cordobesa, recordó a Julio Anguita Parrado y su deseo de que no hubiera guerras. Tanto la Universidad como el Ayuntamiento colaboran en la organización del Premio junto al Parque Joyero y la Escuela de Joyería de Córdoba autores de la estatua conmemorativa. El premio esta también dotado con 2500 euros.