A XUNTA, A AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO E O CONSORCIO DA ZONA FRANCA SELAN O ACORDO QUE PERMITIRÁ LICITAR AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DA PLISAN

A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, reuniuse co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e a delegada do Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa, no marco da comisión de seguimento para o impulso desta plataforma loxística

  • Na xuntanza de hoxe asinouse o documento que establece as obrigas de cada organismo en relación coa licitación, contratación, execución e supervisión das obras da primeira fase dos sistemas xerais
  • A primeira fase inclúe as obras do vial principal de acceso e os servizos asociados como alumeado, subministración eléctrica, telecomunicacións, drenaxe de augas pluviais, saneamento e rede de abastecemento
  • Estanse a desenvolver de xeito coordinado cos sistemas xerais a estación de tratamento de auga potable (ETAP) e a fase inicial da depuradora, para dar servizo ás primeiras empresas que se implanten neste solo empresarial

Vigo, 8 de abril de 2015.- A Xunta, a Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio da Zona Franca de Vigo selaron hoxe o texto que permitirá licitar as obras da primeira fase da  Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN).

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e a delegada especial do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, no marco da comisión de seguimento do acordo para o impulso da PLISAN.

Na xuntanza de hoxe asinouse o documento que establece as obrigas de cada un dos organismos en relación coa licitación, contratación, execución e supervisión das obras da primeira fase dos sistemas xerais, así como os traballos técnicos necesarios para o seu desenvolvemento.

Cómpre lembrar que o pasado 3 de marzo as administracións anteriormente citadas asinaron o convenio para a reposición do réxime de condominio na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves.

 

A primeira fase da PLISAN inclúe tanto as obras do vial principal de acceso como os servizos necesarios asociados a este (alumeado público, subministración eléctrica, telecomunicacións, drenaxe de augas pluviais, saneamento e rede de abastecemento…), para o desenvolvemento urbanístico da primeira fase de solo empresarial.

 

Tamén se está a desenvolver de xeito coordinado cos sistemas xerais a estación de tratamento de auga potable (ETAP), coa súa correspondente captación, e a fase inicial da estación depuradora de augas residuais (EDAR), para dar servizo ás primeiras empresas que decidan implantarse neste solo empresarial.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: