MEDIO AMBIENTE LICITA POR 400.000 EUROS OBRAS DE MELLORA DO FIRME EN TRES ESTRADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • clip_image002Actuarase en varios treitos das estradas PO-325, PO-340 e PO-552, da zona sur da provincia
  • Mediante este contrato mellorarase o estado de conservación destes viais e en consecuencia a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios

Santiago, 8 de abril de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), as obras de reparación do firme en tres estradas da rede viaria autonómica do sur da provincia de Pontevedra que contan un orzamento próximo aos 400.000 euros (399.215,63).

 

Con esta actuación o Goberno autonómico mellorará o estado do firme, para favorecer a comodidade dos usuarios e a seguridade viaria nas estradas Tui – A Ramallosa (PO-340), ao seu paso polo Concello de Nigrán, e Vigo – Tui (PO-552). Ademais, repararase o firme en dúas glorietas da estrada PO-325 de Vigo á A Ramallosa.

 

As obras consistirán na rehabilitación do firme existente en treitos localizados, por medio da substitución da capa de rodadura, previo fresado do firme actual. Os traballos completaranse coa reposición da sinalización horizontal e melloras na sinalización vertical e balizamento, e a execución de gabias de seguridade en zonas puntuais.

 

As actuacións desenvolveranse nos seguintes tramos:

 

DENOMINACIÓN TREITOS DE ACTUACIÓN
PO-325 (Vigo – A Ramallosa) PK´s 0+250 e PK 1+600
PO-340 (Tui – A Ramallosa) Entre o PK 19+000 e o 21+500
PO-552 (Vigo – Tui) – Entre o PK 0  e o 9+000 e

– Dende o 36+000 ao 59+000.

 

Na estrada PO-325 realizarase a rehabilitación do firme en dúas glorietas situadas nos puntos quilométricos 0+250 e 1+600, no Concello de Vigo.

 

Os traballos a realizar na PO-340 desenvolveranse no treito comprendido entre A Texosa (PK 19+000) e a glorieta da Ramallosa (PK 21+500), no Concello de Nigrán. Compre salientar que no treito restante da estrada se realizaron nos últimos anos obras de mellora nas que se investiron máis de 1,2 millóns de euros.

 

Por último, na estrada PO-552 os traballos desenvolveranse en dous treitos diferenciados: dende a saída de Vigo (PK 0+000) ata a travesía de Nigrán (PK 9+000), nos Concellos de Vigo e Nigrán, e dente a travesía de Oia (PK 36+000) ata Figueiró (PK 59+000,  no Concello de Tomiño), unha vez pasada a ponte internacional de Goián. Nos últimos 10 quilómetros deste treito a estrada discorre en paralelo ao corredor Goián – A Guarda posto en servizo pola Xunta no pasado verán, polo que esta conta cun vial alternativo neste tramo.

 

As obras terán unha duración de 3 meses e proporcionarán unha rede mais cómoda e segura en beneficio dos mais de 375.000 habitantes dos concellos de Vigo, Nigrán, Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño.

 

Conservación de estradas

Dende a Consellería de Medio Ambiente sinálase que estes traballos  son un bo exemplo do esforzo que o departamento que dirixe Ethel Vázquez está a realizar en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, ás que se destinará un investimento superior aos 24 millóns de euros neste ano, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias coma a que se licita no día de hoxe.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: